Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 9 de julio de 2010

Os mellores solos de guitarra da historia...

Grazas aos vosos votos na última enquisa realizada, seguiremos con estos artigos dos mellores da historia: tócalle neste caso, aos mellores solos de guitarra da historia... máis que nada porque vós o decidistes (eu evitei votar para que non houbera nin trampa nin cartón, xD)
Despois de moito pensalo, e de buscar diversas maneiras de como facer este artigo, acabei por poñer un vídeo no que máis ou menos se resumen os que eu considero os mellores solos deste impresionante instrumento...xD

>"Crossroads" - Cream (Eric Clapton): un gran guitarrista, un gran solo dun gran trío de monstros...
>"Crazy Train" - Ozzy Osbourne (Randy Rhoads): un gran solo do tristemente guitarrista falecido de Ozzy Osbourne e Quiet Riot.
>"Highway Star" - Deep Purple (Ritchie Blackmore): un canción épica tiña que contar con un solo destas proporcións...
>"Sweet Child O' Mine" - Guns N' Roses (Slash): un de tantos solos impresionantes deste gran heroe da guitarra.
>"One" - Metallica (Kirk Hammet): un mestre da guitarra, nunha das grandes bandas da historia nun gran demostración de maestría ás 6 cordas...
>"All Along The Watchtower" - Jimi Hendrix Experience (Jimi Hendrix): o mellor dos mellores facendo maxia... xD
>"Free Bird" - Lynyrd Skynyrd (Allen Collins e Gary Rossington): un solo enorme (e non só pola duración) dunha banda descoñecida con grandes proporcións de talento entre as súas filas...
>"Eruption" - Van Halen (Eddie Van Halen): un dos mellores facendo un gran solo...
Por último... o mellor, o inigualable, o ... xD
>"Stairway To Heaven" - Led Zeppelin (Jimmy Page): non teño nada máis que decir sobre esta gran banda, este pedazo de guitarrista e da (para min) a mellor canción de todolos tempos... xD

[no min. 2:09 cando comeza o solo de "Free Bird" aparece a imaxe de The Edge, o guitarrista de U2, e non o de Lynyrd Skynyrd]
[por certo... os solos non están completos]

¡¡Claro está!!! hai exemplos e exemplos de grandes e inolvidables solos de guitarra...
A pesares de todo eu engadiría dous máis:
>"Comfortably Numb" - Pink Floyd (David Gilmour): considerado co "Free Bird" e co "Stairway To Heaven" un dos mellores solos da historia do Rock.


>"November Rain" - Guns N' Roses (Slash): no sitio do do vídeo eu poría este...o mellor solo de Slash na mellor canción dos Guns.


Outros exemplos... e non me canso de escribir...

>"Hotel California" (Ben Felder, Joe Walsh) – The Eagles
>"Voodoo Child" (Slight Return) – Jimi Hendrix
>"Johnny B. Goode" – Chuck Berry
>"Texas Flood" – Stevie Ray Vaughan
>"Layla" (Eric Clapton, Duane Allman) – Derek and the Dominos
>"Heartbreaker" (Jimmy Page) – Led Zeppelin
>"Cliffs of Dover" – Eric Johnson
>"Bohemian Rhapsody" (Brian May) – Queen
>"Sultans of Swing" (Mark Knopfler) – Dire Straits
>"Mr. Crowley" (Randy Rhoads) – Ozzy Osbourne
>"For the Love of God" – Steve Vai
>"Surfing with the Alien" – Joe Satriani
>"Cemetary Gates" (Dimebag Darrell) – Pantera
>"Hangar 18" (Dave Mustaine) - Megadeth
>"Sharp Dressed Man" (Billy Gibbons) – ZZ Top
>"Jessica" (Dickey Betts) – Allman Brothers
>"Sympathy for the Devil" (Keith Richards) – Rolling Stones
[...]


O insondable

14 comentarios:

  1. Comezo pidindo disculpas posto que ata que comezara a realizar o artigo non me dera conta da enorme envergadura do mesmo (non me dera conta da gran cantidade de solos de guitarra que me gustan e me parecen dos mellores...xD) polo que creo que me quedou un pouco cutre...

    Por outra banda, pido encarecidamente ao Señor da Z (debido á proximidade dos concertos do Xacobeo, aos que esperamos ir e máis que nada para que faga algo ese preguiceiro...xD) que nos ilustre cos grandes solos de Matthew Bellamy, ou dito doutro modo de Muse...

    Para rematar o de sempre... ¿parécevos acertada a selección?, ¿sobra algún? ou ¿engadiríades algún outro?

    Ata a próxima...

    ResponderEliminar
  2. Por certo que o video pon 10 grandes solos e só hai 9... xD

    ResponderEliminar
  3. jolin se te topas a ti mesmo os defectos non ten graza!!!!!!!jaja...vin o artigo por encima...prometo poñerme a fondo noutro momento...home Hendrix era inevitable citalo igual que mark knopfler, guns and roses...gustoeme que puxeras a queen e a van halen...eu non poría tanto "histórico" como dijo eu...non por na, e que xa tan consolidados , fan falta patacas novas!!!pensarei as miñas suxerencias que ninguén apoiará....

    P.D: que pasa con VALDIVIA??? a min encantame era a caña....e o mérito era tocar nos conciertos e fumar á vez sen tocalo pitillo...que mal me parece que non o puxeras... ... .. ...

    ResponderEliminar
  4. Non recordo ningun solo dos Heroes ke me guste especialmente, sintoo...

    Calkeira suxerencia será benvida!!

    ResponderEliminar
  5. Se de guitarristas e solos vai o conto, empezo por Black Sabbath nn tiñan un guitarrista sen dedos??iso ten mérito,que non era que lle faltaran dedos senn a punta ,creouse uns “dedales”e tocaba,non sei como daba,por citar unha canción ,Paranoid…
    venme á mente a famosisima de Deep purple “smoke on the water” ata ós que non lles gusta o rock recoñecen eses acordes… Walk this way the Aerosmith tamen …
    Enter sadman ineitablemente…anque supoño que de metallica se poderían citar mais…
    Santana debe ter unhas cantas jaja…black magic woman por ejemplo; e a Hendrix xo citaras ti…Os Guns tamén…Iron maiden…Queen (supoño que citarías o bohemian rhapsody…)
    Ah!unha mítica que me encanta é a de “Layla” …un dos primeiros cds que me regalaron “Rock guitar” tiña unha selección breve que a vostedes, ós señores, posiblemente vos encantaría…nel está esa canción…cando o tope miro de quen é…
    A mítica dos anuncios de Trident,jajaja: “Misirlou”…anque no fondo mola o estribillo pero a canción aburre a unha mosca….o tamén coñecidísimo “Born to be wild” estas son cacncions agotadas por anuncios pero teñen o seu puntiño… de que ano serán estas cancións…?jaja..creo que me estou indo polas ramas)
    E das que me gustan a min………mais actuales…uf deixoo ahí que senon metedesvos conmigo…ademais estoume enrollando demasiado…jaja…weno...jenny kravitz…e american woman (que tempos aqueles nas que este tio facía musica decente)anque casi millor "are you gonna go my way"....que polo título enlazo ca de "are you gonna be my girl" de Jet que me acordou agora...ale xa calo...jaja

    ResponderEliminar
  6. tomaaaaaa comentario!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
    juas juas jmas

    ResponderEliminar
  7. Buaaaaa esto si que é un pedazo comentario!!!!

    Eu vou simplificar, de todos os que escolliches e coñecía o que mais me gusta e Slash, encantame de sempre.. Por algo esta entre os dez mellores da historia.. Do primeiro video tamen vou destacar a Kirk Hammmet, molame o solo..
    E do resto que nombraches, vou resaltar a Eric Clapton e Brian May tamen son dous dos meu favoritos..

    E desde a miña modesta opinión ainda que salga nos cuarenta, eu incluiria a carlos santana!!

    ResponderEliminar
  8. Me encanta ese énfasis rapazas comentando!!! a seguir asi, xD...

    Grandes aportacións si señor!! hai moitisimos solos bos e míticos... esperamos á eminencia no tema Señor da Z... xD... ainda que seguro tardará ke está feito un vago, xD...

    ResponderEliminar
  9. Fixeno así porque non topei a maneira de meterlle música ao blog, e máis que nada porque non tiña ganas de subir cada unha das cancións recortadas na parte do solo...

    No fondo son un vago... xD

    ResponderEliminar
  10. A guitarra... o mellor instrumento que se creou xamais co permiso do dono do blog xD

    Unha grande selección, grandes músicos e cancións, por suposto. Encántame o solo de November Rain (unha das miñas cancións favoritas tiña que ter un inmenso solo de guitarra, por suposto), Brian May tamén me gusta moito, Eddie Van Halen é impresionante...

    Parabéns, moi bo, moi boa música... pouco máis se pode engadir, a calidade do nomeado no artigo fala por si mesmo.

    ResponderEliminar
  11. Grande selección. Me gustan os solos de guitarra dos máis grandes (ainda que segue a faltar petrucci e Morello XD)

    Sei que non o vai ver ninguen xa, pero vouche poñer alguns videos recopilacion de solos de Matt Bellamy (Esta a desperdiciar moito talento este rapaz, a ver se lle pasa a tontería crepus-culo):
    Recopilacion dalgus solos que nin vostede coñece:

    http://www.youtube.com/watch?v=8wvsf_O-KUw

    recopilacion de solos de new born: o mismo solo tocado de varias maneiras distintas:

    http://www.youtube.com/watch?v=q4IN0z0Rkcs

    A ver se o le. jajaja

    ResponderEliminar
  12. A ver se vostede le este.jajajaja

    Non me ofenda vostede, Señor da Z, mira que non decir que non coñezo os solos das cancións de Muse, ademáis cando por riba algúns están tan recentes, xD... exceptuando algúns dalgunhas cancións que escoitei menos veces o resto o coñecía de sobra...

    Do 2º video os + raros me parecen o 4, o 9 (tendo en conta a Dominic vestido de Spiderman) e o 10 (ao máis puro estilo speed metal, jajajaja)

    ResponderEliminar
  13. Eu tamén o lin e non só iso, tamén vin os vídeos, que non se diga! xD

    A min os que máis me gustan son "New Born", é impresionante a rapidez e a enerxía coas que nos deleita; "Invincible" e "Hysteria".

    Por outro lado quedei abraiada coa variedade de solos da mesma canción e todos me gustan. É impresionante o ben que o fai!!! Destes o que máis me gusta é o 2 por destacar só un aínda que é imposible decidirse, xa digo que todos son a ..... xD

    P.D: Onde aparece Spiderman é no 8

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...