Neste momento, o turno é da película Solomón Kane, a cal non é precisamente unha comedia romántica que se diga...
Solomón Kane é un heroe, ou un antiheroe (creado por Robert E. Howard, o mesmo que creara Conan) que vaga polo mundo sen rumbo, co único propósito de combatir ás forzas do mal en todas as súas formas.
A decir verdade, non teño moito que comentar sobre este filme, ademáis de que poucos blogueros que asistan a este blog a foran ver (coa conseguinte escaseza segura de comentarios) non me vou extender en exceso.
Unha película típica, cos tópicos do xénero: as típicas esceas a cámara lenta do personaxe, as frases "filosóficas" (ou flipadas) de sempre, ás típicas pelexas en principio desiguais, dunha multitude contra o personaxe o cal ten a sorte de que lle van atacar de un a un...
Por outra banda comentar que James Purefoy (o pouco coñecido actor principal) toma sen ningún problema o relevo de Hugh Jackman como un Van Helsing de segunda man, e esa é a conclusión desta crítica: se che gustou Van Helsing, esta tamén che gustará...
Valoración final: bue... está bastante ben...
O aguerrido Señor da Xe
Decirlle que eu fun un dos bloggeros que sige o seu blog que tvo collons a ir ver a pelicula de Solomon Kane, decr da pelicula que crein que iva estar moito millor do que é, pero decir que non esta tan mal(non é lna nueva).ajjajajaja
ResponderEliminarComo poucos comentarios mais espera aqui decirlle que, siga cos artigos d musica porque un blog faise pa un nn pa a xente que o desanima con comentarios(coma min)
Un saudo para vstede trolo
Il signore "S"
JS dixo:
ResponderEliminarDeixade de chorar, que se nn os lee nadie...
a pelicula ten algunha escena boa alguna pelexa, pero e unha merda de trama e historia, e nn sei por que os malos sempre teñen a oportunidad de matalo pero sempre esperan a que poida matalos a eles, bue esas cousas. e si sodes unhos choros, e normal que nadie lea os blog por que nin cristo sabe que os tedes e xa bue que unhos poucos temos tempo pa comentar neles.
Dos filmes que se critican neste blog, é o único (polo momento) no que non coincido co que se escribe (tendo en conta que Luna Nueva non a fun ver, non tiven o valor suficiente, síntoo!! xD).
ResponderEliminarPara comezar, o que máis me gustou da película foron os 5 primeiros minutos, aínda que as "coreografías" das pelexas son bastante similares en moitos dos filmes deste tipo. Despois o desenrolo dos acontecementos pareceume bastante predecible por non falar do final, típico onde os haxa.
O que non sabía é que forma parte dunha triloxía, deben estar de moda, e sinceramente non quedei con ningunhas ganas de ver o resto. Tampouco me gustou o actor protagonista... hai demasiadas escenas de violencia explícita... Non tiña ningunha idea preconcebida e non esperaba nada en concreto posto que non vira o trailer, nin coñezo ao actor que encarna a Solomon Kane (fun completamente a cegas en todos os aspectos) e aínda así saín cun amargo sabor de boca. Isto é polo dos 5 primeiros minutos, estábame gustando o escenario... a situción xeográfica do filme... a época escollida... pero conforme ía avanzando a historia resultábame demasiado típica, nada novo.
Os títulos de créditos do final tamén os vin, cada vez son máis filmes os que rematan dunha maneira máis orixinal e non coa lista de sempre.
En definitiva, unha película sen máis que se non a ves, non te perdes nada.
P.D: case ocupa máis o meu comentario que o artigo en sí.
E agora algo co que estou de acordo con JS: que aínda que pouca xente lea e/ou comente o que escribe o señor da xe... algúns e algunhas aínda somos. E neste artigo dame a impresión (non sei se equivocada ou non) de que escribe o artigo por escribir. Non sei se me explico, que como sabe que case ninguén foi ver a película, non se esmera tanto en comentala porque van haber poucos comentarios.
ResponderEliminarO comentario non é con ánimo de molestar (se é así síntoo), é a apreciación persoal de alguén que le o que escribe e que quere que o siga facendo nos temas que lle guste. Sen que inflúa tanto o número de comentarios e si o feito de pasalo ben creando os artigos.
Un saúdo.
Unha apreciación dun comentario esperando que non lle pareza mal,refirome o comentario/artigo de Natalia; encantado de que lle comentes a este tipo desagradable pero discrepo nunha parte contigo.
ResponderEliminar-Fuches ver a pelicula a cegas?(non vou facer chistes faciles) pero unha cousa venme a mente, se ves a imaxe da pelicula asocias a unha pelicula de este estilo, que esperabas??
A pelicula sempre pode millorara pero cumple o seu cometido pasar un rato entretido, non é unha pelicula na que queiras marchar na mitade(luna nueva).
-¿pode pasar sin vela? Si, pero non esta tan mal, fago un chamamento a xente que mira este blog , que vaian a vela e nos comenten o que lle pareceu, esperamos eses comentarios¡¡¡
Esperando que non lle pareza mal Natalia, pola pequena apreciacion.
Tampouco espero que lle pareza mal a apreciacion a trolo señor da xe.
Ilsignore "S" intentando batir record de comentario neste artigo.
En absoluto me parece mal, é normal que teñamos opinións diferentes, debatir é esto, e para min é máis interesante que estar de acordo en todo, polo menos para min.
ResponderEliminarO de a cegas... eso, sen saber nada da película: nin o argumento, nin vin o cartel (nin sequera na taquilla posto que fun directamente á sala), nin os protagonistas... xa digo, nada de nada.
Non digo que sexa mala nin moito menos, só que ese tipo de películas prefiro velas na casa e non ter que pagar pero bueno, xa digo, é a miña opinión. Para min non ten nada de especial, que entretén? si, non dan ganas de marchar? non. Pero eu non digo o contrario, simplemente que non é nada diferente do que se ten visto.
E eu tamén animo a que a xente a vexa, pero esta e moitas outras (non sei se o Señor S me recomenda o tan famoso filme por este blog Luna Nueva xD) posto que o cine é cultura e eso nunca sobra.
Eu tamén colaboro co propósito do Señor S de batir o récord de comentarios :)
Eu non sei os gusto que ten vostede, para poder recomendarlle "luna nueva", a verdade, pero podo decirlle que: pa min e unha merda de pelicula, xa non se trata dunha historia de vampiros, nin de homeslobo o seu argumento principal eo amor entre a tipa e o resto de tipos que sain na pelicula, se fixeran a historia dos vampiros e homes lobo como pricipal pderia estar millor, para o meu gusto.
ResponderEliminarE decir que en "luna nueva" sabes tamen como vai acabar a pelicula....
Pero para gustos colores, e recomendarlle o film, (inda que para Avatar fixeron descanso eu diria que pa esta si que fai falla un descanso.)
P.D:Sendo muller vostede pode que lle guste mais "luna nueva", un saudo Natalia e recomendareille mais peliculas jajajaja
Gústame algo de todo, menos as típicas americanadas que esas tamén me costa velas acabar. O argumento principal máis ou menos quedoume claro posto que vin Crepúsculo e xa se notou que o principal interese para atraer ao público era a historia amorosa entre os protagonistas e non a rivalidade entre vampiros e licántropos.
ResponderEliminarRelacionado con esta temática tamén vin Blade e Underworld (non recordo se vin as 4 partes) e si se poden ver sen facer ningún descanso polo medio, polo menos na miña opinión.
O que me gustaría que me explicara é o matiz de: "Sendo vostede muller..." xa que non sei se se refire a que me vai gustar máis pola historia que se traen os dous protagonistas (aclarar que o amor extremadamente empalagoso non me gusta, paréceme irreal e artificial, ademais de que son uns nenos para decir segundo que cousas con tanta firmeza). E se o di porque pensa que me vai gustar o protagonista... aclarar que eu non me movo polo físico dos actores (bueno, si, recoñézoo, só por Hugh Jackman xD). Pero non entendo o motivo polo que Robert Pattinson ten tanto éxito coas rapazas, se é feo!!!! Ao mellor é cousa miña que son algo rara, e cando digo que tampouco me gusta Brad Pitt quédanseme mirando con caras raras. Pero bueno... cada unha... ten as súas preferencias.
P.D: Acepto a recomendación de películas con moito gusto pero, por favor, das que non sexa necesario un descanso polo medio :) Un saúdo para vostede tamén.
jajajaja, pois decir que pa min a de luna nueva e unha merda, asi que senon che vai o romantico non vaias, e recomendar a nova e nicolas cage haber se ha imos ver pronto ten boa pinta(Teniente Corrupto)
ResponderEliminarP.D: o que si podo recomendar para todos e o blog: il signore "S" ESPECTACULAR,JAJAJAJA sinto este acto de publicidade gratuita señor da xe
Se é unha merda... xa case me están entrando as ganas de vela (online por suposto) para poder criticala en primeira persoa!! Aínda que 2 horas da miña vida... podendo facer cousas mellores... non sei se valerá a pena!! jajaja
ResponderEliminarDe todas maneiras un día que me sinta forte emocional e psicoloxicamente posiblemente me poña con ela xD
P.D: jajaja, eso é publicidade "subliminal" onde a haxa!! jajaja
Pasareime por ese blog, non teña dúbida.