Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

jueves, 13 de enero de 2011

Señor da Xe Academy Awards (2)

Xa que case todos mostramos as nosas opinións na edición anterior, ahí vai a obrigada segunda parte, que en principio atañerá a boas películas, aos "acertos" da Meca do Cine, esas películas que nunca refunfuñaríamos se nos dixeran de volver a vela...

¡¡¡Ladyes and gentlemans!!! voltamos cos premios do cine do Señor da Xe... redoble... letreiro de Paramount Pictures... ruxido dun león e comezamos... presentando esta nova gala o deslumbrante Señor da Xe, co seu esmoquín de 999 € (precio psicolóxico... xD) con remendos nas mangas... micrófono en man... e imos coas categorías...

Categorías:

- Premio á película menos aburrida e máis excitante: en definitiva, a película que máis veces virades...
NOTA: que a película sexa máis ou menos boa... eu vin mil veces 'Duro de matar' de Jackie Chan na televisión, ostia viva, ostia vai e ostia ven, e non a vou a poñer aquí... xD
Opinión do autor: 'American History X'; tendo en conta as dúas veces que o ano pasao a botaron por televisión e outra que a vin por iniciativa propia, hai dous anos tamén a botaran (creo), aínda que dá o mesmo xa que a vira con Segade no piso que incomprensiblemente nunca a vira; e tendo en conta tamén a indudable calidade deste filme, esta é a miña elección...

- Premio á mellor secuela ou á mellor adaptación: título que dá pereza explicar... xD
NOTA: unha 2º parte dunha película máis ou menos boa non será moi difícil de topar, pero se alguén topa unha secuela que saira das entrañas dun truñazo de aupa que pase polas oficinas do Señor da Xe ubicadas en lugar descoñecido para recoller o seu premio... xD
Opinión do autor: despois de pensalo un anaco, poñería 'El Padrino II' que seica é a mellor película da historia e mil veces mellor que a primeira, pero eu só vin a primeira (que tamén está de marabilla) pero non sei nada da secuela, asi que, e perdoneme Dios, paso da mellor secuela e digo que lle daría o premio á mellor adaptación a: 'El Señor de los Anillos'; si xa o sei, deixen de afiar os coitelos... eu lin os libros e sei do que falo, xD...

- Premio "que grata sorpresa": en contraposición á categoría da anterior edicción de peor película obrigada, a película que nunca darías un peso por ela e ao final da misma a piques estiveches por darte nos dentes polo simple feito de pensar en non vela (obrigada ou non)
Opinión do autor: 'Diarios de motocicleta'; si, unha peli do Che... cando vin o título e a sinapse pensei sinceramente que non me ía a gustar, pero que grata sorpresa ao acabar... Moi recomendable, por certo...

- Premio "joder, case me vou pola patilla": ¿alguén viu unha peli que de verdade lle dera medo ou fose algo boa?
Opinión do autor: 'La Maldición', antes de que a típica rapaza asiática cos pelos por diante dos ollos inundara todas e cada unha das pelis de terror (parecía que para que unha peli de terror dera verdadeiro terror había que incluír o cadáver dunha rapaza co cabelo moi longo que se arrastraba)... podería poñer 'El Exorcista', pero a verdade é que a vin cando a película levaba anos e anos sendo un mito do cine e non me asustou nada, entendo aos da época pero eu xa era maiorciño, xD...

- Premio (título a escoller, ver lenda ao final do artigo): ao vela lenda a categoría é doáda de entender, o que pasa é que aos homes nos mola facérnolos duros... xD
Opinión do autor: '¿Conoces a Joe Black?'; para min moi boa película e moi emotiva ao final, das que tes que aguantar se a foras a ver con xente ao cine... SOY DURO!! xD

- Premio ao mellor actor/actriz: categoría obligada tendo en conta a anterior edicción...
Opinión do autor: hai moitos (malos aínda hai máis... xD), e recordo que antes me gustaba moito Denzel Washington, pero xa cansa cos papeles de sempre... as miñas debilidades son: Brad Pitt e Charlize Theron... tamén me encanta Sean Penn... Morgan Freeman, De Niro, últimamente Leonardo DiCaprio, Johnny Depp (Nota: facendo papeles raros, en películas "normais" a min non me pega nin con cola) e deixovos algún para vos... xD

- Premio ao mellor director: ......, xD
Opinión do autor: para non poñer aos grandes grandes do negocio, Scorsese e compañía... Christopher Nolan, o cal nos últimos anos me parece un director a seguir, pero a miña elección é sen dúbida, Clint Eastwood, aínda non vin unha peli deste tipo que non me gustara...

- Premio á mellor película: a mellor película por antonomasia, a mellor película de todolos tempos, ¿sodes capaces de dar un título?
Opinión do autor: ¡eu non! pero á espera de vela segunda parte, a cal os entendidos din que é sen dúbida a mellor, eu digo 'El Padrino'.

Mencións especias:

-Premios á cabezonería-

- Premio "a capa e espada": esa película que todo quisqui aborrece e a ti che dá vergoña citar por medo a que te apaleen polo teu mal gusto ou polo simple feito de facer algo de deporte... Non te amilanes, defende a túa opinión... (oese un murmullo: ¿Crepusculo?... acompañado dunha serie de vareadas... xD)
Opinión do autor: 'Crash', a todos que lle preguntei a nadie lle gustou,, ou non lle parece tanta cousa, e a min me pareceu unha das mellores da miña vida...

- Premio "que queres que che diga, a min non...": supoño que teredes algún título que ofrecerme que goze da boa crítica e da aceptación unánime e xeral e que vos non o entendades posto que non vos gustou para nada...
Opinión do autor: 'Pulp Fiction'; está moi mitificada, pero eu non lle vin nada de nada... 'El Resplandor' por nombra outra, tendo en conta tamén o doblaxe que lle puxeron á versión española...

-Rápidas recomendacións rápidas-

- Unha de medo: 'Saw' (simplemente a primeira)
- Unha de acción (na xerga do Señor da Xe, unha de ostia viva): '300' (molanme as pelis do Zack Snyder este, xD)
- Un thriller: 'Origen'
- Unha comedia: 'La Cruda Realidad' (a única que me gustou deste xénero, xa que soen ser ou romanticonas ou de risa estúpida, esta é das primeiras ao final)
- Un drama: 'Salvador'

LENDA:
Versión femenina: Premio á película que me fixo chorar.
Versión masculina: Premio á película que, no caso de que os homes souperamos chorar, houbera chorado.
xD


O fastuoso

16 comentarios:

  1. Non sei se as miñas opinións son todo o acertadas que esperaba pero estiven forzando a máquina e sacando o pó aos meus arquivos cerebrais intentando cadrar todalas categorías...

    Tampouco pretendo molestar a nadie co tema da lenda, xD

    Esperando as vosas opinións!!! para ver se me podo cebar con algunha delas... xD
    Como na anterior edicción pasareime a comentar para opinar e dar a miña opinión das vosas opinións... xD

    P.D.: ArreDemo, non se olvide de ningunha categoría... xD

    ResponderEliminar
  2. boooooh! pois case non podo nin comentar pq no 80% coincido contigo.........lacruda realidad é a unica comedia que me gustou tamen, sean penn de actor, o negrata freeman....boooooh! asi que vou comentar!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Eso é vagancia, comente comente!!! non me sexa remilgada... xD

    E unha por unha, que a estou vixiando...xD

    ResponderEliminar
  4. Xa me tardaba este artigo xD Aínda que si, eu tamén coincido en varias categorías, co dos actores/actrices estou especialmente mosqueada!!! xD Pero bueno, vou facer unha cousa, nas que coincida especificareino e para poder comentar algo poñerei outra película que tamén me gustase nesa categoría, e que senón apenas aportaría nada no comentario... Espero que valga facelo así...

    -Premio á película menos aburrida e máis excitante:
    Nesta coincido totalmente, desde que ma descubriron fai... como 7 anos ou así, debina ver outras tantas veces, das mellores recomendacións que me fixeron nunca, as outras funas descubrindo por min mesma xD Outra que me encantou e que para nada se lle queda atrás en cando ao moito que me gusta, "La lista de Schindler", está só a debín ver 4 ou 5 veces :)

    -Premio á mellor secuela ou á mellor adaptación:
    Eu son do grupo que me gustou máis a segunda parte de "El Padrino", a primeira está xenial e ninguén o discute, pero De Niro na segunda parte está simplemente perfecto, Al Pacino tamén moi ben pero o primeiro borda o papel. E para min é a gran diferencia con respecto á primeira, é o que me fai decantarme máis por esta. Ademáis da historia, alternando o presente co pasado... Magnífica. Non pode ser que aínda non a vira!!! xD

    Premio "que grata sorpresa":
    Para min foi "Shutter Island", non apostaba nada por ela debido á miña "manía" a DiCaprio pero a verdade que me gustou, e bastante. E máis tendo a sensación despois de ler o libro que foron bastante fieis a el na adaptación do guión, eso é de agradecer.

    -Premio "joder, case me vou pola patilla":
    Vou facer unha mención á primeira película de medo que recordo ter visto, "El exorcista", si, non é nada novo nin ningún descubremento, pero para min foi a primeira deste xénero vista no cine e recórdoa con especial cariño xD A min asustoume moito, tería como 12 ou 13 anos e non estaba acostumada a ver cousas deste estilo, tiña a mente moi limpa daquelas, jajaja. Ademais que nunha sala os efectos son maiores, no meu caso polo menos, en especial polo sonido.

    Pola lenda a min tócame: Premio á película que me fixo chorar:
    Aquí téñoo difícil porque hei de recoñecer que neste sentido son bastante sensiblona, se estou no cine córtome moito aínda que algunha bágoa sempre se me escapa. O bo é que ao saír da sala me decato de que non fun a única e eso sempre axuda xD Cando estou soa deixo fluír todo sen preocuparme xD Que me lío, vou nomear algunha aparte da que aquí aparece que tamén a podería incluír: "La vida es bella", "Cinema Paradiso", "Mar adentro", "7 almas", "El pianista", a xa nomeada antes "La lista de Schindler"... sigo?? xDD

    Premio ao mellor actor/actriz:
    Como dixen nesta categoría apenas me deixa elección, engadiría Edward Norton, Heath Ledger, Anthony Hopkins, Will Smith... Pola contra non sinto especial debilidade por demasiadas actrices: Charlize Theron é a única que me vén á cabeza da actualidade, Katharine Hepburn ou Audrey Hepburn as que máis me gustan do cine de fai unhas décadas. De actores máis clásicos gústame Charles Chaplin por exemplo. E si, Depp mellor en pelis tipo "Sweeney Todd", "From Hell" ou "Sleepy Hollow", por nomear algunhas.

    -Premio ao mellor director:
    Nesta tamén coincido, engadiría a Tim Burton, Scorsese tamén me gusta, Nolan ten boas películas pero nesta pouco podo decir porque Eastwood encántame, non defrauda nin diante nin detrás dunha cámara.

    ResponderEliminar
  5. -Premio á mellor película:
    Pouco máis que engadir ao que dixen noutra categoría, a miña elección é a mesma: El padrino, parte II.

    Premio "a capa e espada":
    "Memento" ou "Donnie Darko" son as primeiras que me veñen á cabeza, aínda que fixo que hai máis! Pero bueno, para gustos... A min dame o mesmo se non gustan as películas que a min si, eu véxoas e disfrútoas, que é do que se trata. A min "Crash" si me gustou, e bastante por certo.

    -Premio "que queres que che diga, a min non...":
    Nesta coincido ao 100%, na miña opinión está sobrevalorada totalmente, non lle encontro o punto que parece ser que lle ve medio mundo, ao outro medio débelle pasar coma a min. Outra que non me parece tanta cousa é "Amélie", vereina unha segunda vez a ver que tal...

    Mima, como me extendo nestes artigos... síntoo!!! xD Tíveno que dividir en dous, a primeira vez que me pasa, límite de letras descuberto: 4096!!! Jajaja

    ResponderEliminar
  6. vou comentar por fin, nn me animei a ler o comenario de Natalia...pero algun dia acabareino de ler prometoo!!
    intentarei ir unha por unha anque non sei se teño pa todas:
    1 -aburrida+excitante: esa váleme, millenium1, elsilencio de los corderos. gladiator...
    2º ¿millenium1? non recordo agora ningunha q mereza a pena nomear
    3º "grata sorpresa"...mmm...3msc???jajajaja...mmm leyendas de pasión, la cuarta fase, amar peligrosamente,21 gramos...
    4º"case me vou pola patilla"...pos tiven a etapa de pelis de terror e japonesadas pero de flipalo flipalo...realmente ningunha se daquelas houbera3D ó millor si... con Irreversible sentinme mooooi incomoda, asqueada,etc...

    5ºespecial...eu non choro asíque me englobo na categoría masculina neste caso... El diario de noah
    6ºactores; os mesmos ca ti, quitando os dous últimos e poñendo a BraAngelina, ós2.
    7º eastwood tmn. Non me suelo fixar nos directores
    8ºnon me vexo capaz de dicir1 soa, American history X quizáis sería 1...
    9º "a capa ea espada"...que pasa a min crash tmn me justou!Ice age tamen, madagascar...3msc...la vida secreta de las palabras que a ti che aburría...etc...
    10º2 que queres que che diga a min non"...crepusculitos,el señor de los anillos, harry potteres...

    as recomendación rápidas tamén as teño que facer???natalia non as fixo asiqueeeeeeeee

    ResponderEliminar
  7. a culpa é do da xe! mira q largo quedou o meu tamn...disculpome Natalia, non é que te enrolles ou q estivesses inspirada

    ResponderEliminar
  8. Algún día?? Que lonxe soa iso!! xD Pero sobran as desculpas, asumo e recoñezo que me quedou moi longo, pero é que a min o cine pérdeme un pouquiño... :) Prometo firmemente que a partires de agora serei máis concisa e breve nos comentarios para non ser aburrida, síntoo!!!

    E as de "Madagascar" e "Ice Age" tamén me gustaron! E moito de feito. O das recomendacións rápidas non sabía se as había que facer pero mellor así que xa foi largo abondo.

    ResponderEliminar
  9. Pois como aqui mando eu, obligovos ás comentar as recomendacións rápidas!!! xD... veeeeña, porfa, jajaja...

    Por favor, non vos desanimedes e deixedes de escribir comentarios longos, a min molanme lelos!!!

    ResponderEliminar
  10. E que cando entrei vin o super comentario de natalia e dixen bufff entre releer o artigo e tal esta muller como se nspirou...cando fixen o meu comentario e vin que quedara longo tamén pois xa de paso lin o de Natalia...asiq ese "algun dia" xa foi..jijiji

    Tranquilo señor da Xe...ben sabe vostede que Natalia mais eu sempre lle seremos fieis...

    1 de medo: coincido plenamente Saw 1
    1 de accion:mmm a de 300 tamén me gustou,domino, a de resistencia tamén anque non sea de todo de acción...Gladiator e la Roca...
    1 thriller: a de origen inda a teño pendeiente por ver..El silencio de los corderos é das miñas favoritas...el club de la lucha...
    1comedia: a mesma ca ti pq foi a única q me gustou...
    1drama: el curioso caso de benjamin button mismamente

    ResponderEliminar
  11. A min acordoume unha salientable o outro día falando con María, nas mencións especias, no premio "que queres que che diga, a min non...." vou poñer Titanic, non sei, a min non me parece a super-película que lle parece a todos (pode ser porque daquelas odiaba bastante a DiCaprio e tal)...

    Haber se se me enfadan as féminas que comentan por aquí, jajajaja...

    ResponderEliminar
  12. Unha cousa é longo e outra que ocupa case máis o meu comentario que o artigo en si! Aínda que creo que este é o meu límite, non creo que haxa ningún tema que no que me extenda tanto así que non me teño que preocupar máis :)

    Obligar?? Eu non sei porque pensei que isto era voluntario... vaaaaale, se non queda máis remedio aí van as miñas recomendacións:

    Medo: Saw, non podo poñer outra.
    Acción: 300 ou Gladiator tamén
    Thriller: El silencio de los corderos, El nombre de la rosa
    Comedia: Tiempos Modernos, La vida de Brian
    Drama: Ciudad de Dios, Réquiem por un sueño, La Naranja Mecánica

    En canto a Titanic... eu creo que ten tanto seguidores coma detractores, a min a primeira vez non me desagradou, a primeira, pero foron tan repetitivos con ela que pasaron moitos anos ata que vin outra de DiCaprio. Menos mal que ultimamente está indo polo bo camiño que eu pensaba que non ía saír dese tipo de pelis. É significativo que as haxa tan boas que se poidan ver unha e outra vez sen aburrirte malia que xa saibas o seu desenrolo pero non ocorre con esta, a min polo menos non. Vese unha vez e suficiente.

    ResponderEliminar
  13. Unha cousa Señor da Xe... vostede non ía opinar das nosas opinións neste artigo?

    ResponderEliminar
  14. Vale, vale... xa que me obrigan, comentarei primeiro as túas Natalia...

    Nas categorías...
    - A da sorpresa, 'Shutter Island' a min tamen me sorprendeu sobre todo polo actor, xa dixen moitas veces que a min DiCaprio me gustan as suas últimas pelis...

    - As de chorar... só vin das que nomeas '7 Almas', 'Mar Adentro' e 'La Lista de Schindler' e si que son moi emotivas, home eu non son de chorar no cine, pero si que o son... as outras non as vin, 'El Pianista' teño gana, e 'La Vida es Bella' xa me teñen dito que seica é moi triste...

    - Actores: Edward Norton é bo actor, soe facer boas pelis, e Hopkins igual... Will Smith é o actor de moda, que demostrou que ten moitos rexistros, H. Ledger me parece un pouco mitificado dende a súa triste morte, ainda que facendo de Joker me encantou... as Hepburn nada podo dicir, Chaplin é mítico, e en canto a J. Depp pois non sei, non me disgusta, pero me parece un pouco sobrevalorado, me parece ver ao capitán Sparrow en todalas pelis que fai... xD

    - Directores... Scorsese me gusta moito, creo habelo dito + dunha vez... Burton xa non tanto, me encanta a súa orixinalidade pero a veces vaiselle, jajaja...

    - A mellor película... ¿cando verei 'El Padrino II'? jajajaja

    - A capa e espada... 'Memento' me gustou moito, do maestro Nolan, jajajaja... 'Donnie Darko' creo habelo visto, non recordo...

    - A min non.... 'Amelie' a vira no cine na rua en Silleda, jajaja... non me gustou nada...

    Recomendacións:
    - 'Gladiator' é unha moi boa peli en moitas cousas... xD
    - 'El silencio de los corderos' e 'En nombre de la rosa' (mellor o libro, jajaja...) grandes recomendacións...
    - 'Tiempos Modernos' é moi graciosa, polo menos ao vela na clase do Poch, jajajaja... 'La vida de Brian' teño ke vela...
    - 'Ciudad de Dios' me gustou moito, 'La Naranja Mecánica' nunca a vin, tiña ganas...

    Buffff, acabei, jajajaja....

    ResponderEliminar
  15. As de ArreDemo...

    - Nin 'Gladiator', nin 'El Silencio de los Corderos' nin 'Millennium 1' son aburridas, boas eleccións...

    - Adaptación... a primeira de Millennium estou dacordo, a millor da saga fílmica, as outras en canto aos libros non estan moi ben ke se diga... jajaja

    - Sorpresa... 'Leyendas de Pasión' e 'La cuarta fase' non as vin (teñoas pa ver...), '21 gramos' vina e non me recordo dela (volvereina ver...) e 'Amar Peligrosamente,a vin curiosamente por recomendación súa, non está mal, ciertamente me esperaba unha cagada... xD

    - Medo... 'Irreversible', buff... unha peli moi jodida si...

    - De chorar.... non vin 'El diario de Noah'...

    - Actores... Angelina Jolie non é mala actriz en certas películas, como moitos actores ten pelis bastante malas, pero polo xeral me gusta...

    - Mellor película... creo que xa deixei clara a miña predilección por 'American History X', JE...

    - A capa e espada... ¿'Madagascar' e 'Ice Age' ten detractores??? jajajaja... supoño, pero a min me gustaron... con 'La vida secreta de las palabras' non puiden, asi que me situo nos que a aborrecen, jajajaja...

    - A min non... do Señor dos Anillos non vou a dicir nada, jajaja... de Harry Potter algunha me gustou... ¿que vou a dicir de Crepúsculo que non dixera xa? buajjjj...

    Recomendacións:
    - Coa de 'Saw' encumbreime, jajaja...
    - 'La Roca' nunca me canso de vela, 'Gladiator' xa dixen, e 'Resistencia' vina no cine e gustoume... boas recomendacións...
    - 'El silencio de los Corderos' e 'El Club de la Lucha', sobre todo a segunda, moi boas pelis...
    - 'El curioso caso de Benjamin Button' tamen me encantou...

    Moi ben ArreDemo, XD....

    ResponderEliminar
  16. despois de ver tanto comentario ( que non lelo ) xa me da medo comentar este articulo do noso ben querido amigo senhor da xe que me "obriga" a expresar a miña opinión nos seus mais que excentricos premios x culpa da súa pobre cabeza que non lle para.

    bueno pos alá vou de cabeza a tan interesante tema ( vexanse os millons de comentarios anteriores )

    1º creo k a peli k mais veces vin foi Indepence day que a teño na casa e non me canso de vela ainda k compite duramente con El fuego de la venganza ou Avatar ambas vistas minimo 4 veces.

    2ºpara min unha gran pelicula neste aspecto e a segunda parte de batman ( desta ultima trioloxia k se esta a crear posto k falta unha) moi boa peli sen duda.

    3º Creo k orixen me sorprendeu moito xk apareceu da nada sen apenas publicidade k a respaldara como a gran peli k é , ademais di caprio nin tira moito x min a hora de ver unha peli e o final mira moi boa peli.Tamen kero mencionar love happens un enorme descubrimento que tamen meteria na categoria de votar a lagrimilla.

    4º Peli de medo k me acojonará moito ( que no meu caso nn e dificil ) sen dúbida REC a min o formato camara de video domestica doume moito medo

    5º Sen dúbida jhon Q creo k por moitas veces k a vexa algunha k outra lagrima me cae....

    6º Para min will smith e un dos grandes posto k pode afrontar todo tipo de papeles ...tampouco coñezo malas pelis de denzel washington e nos ultimos tempos kedome con Aaron eckhart.

    7º eu creo k brandon camp empeza moi ben a súa carreira cunha gran peli tamen me gusta christopher nolan e edward zwick.

    8ºA min encantame Love Happens pareceme brillante asi como me impactou Avatar son duas pelis k me gustaron x cousas diferentes nos ultimos tempos

    9ºA min gustoume codigo fuente e a nadie lle nadie lle molou jajaja

    10º Saw a todo dios lle mola e min pareceme do peor o unico k me da e noxo ver mutilacións constantes e reviravoltas na trama pa seguir facendo caixa!

    ala ai keda eso

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...