Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 26 de junio de 2010

Illuminati (1)


Illuminati (en latín "il luminati" que significa "iluminados") é o nome co que se coñece á Orde dos Perfectibilistas ou Iluminados de Baviera, e é unha sociedade secreta fundada o 1 de maio de 1776 en Ingolstadt (Alemaña) por Adam Weishaupt. O seu obxectivo era derrotar todolos gobernos e reinos do mundo, ademáis de erradicar todalas relixións e crenzas para rexilas baixo un Novo Orde Mundial, basado nun sistema internacionalista, cunha moeda única e unha relixión universal, donde cada persoa acadaría a perfección.

As súas metas a longo prazo eran:
*abolición da monarquía e de todo goberno establecido según o Antigo Réxime.
*supresión da propiedade privada dos medios de producción para individuos e sociedades, coa conseguinte eliminación das clases sociais.
*abolición dos dereitos de herencia.
*destrucción dos concepto de patriotismo e nacionalismo e sustitución por un goberno mundial.
*abolición do concepto de familia clásica e tradicional.
*prohibición de calquera tipo de relixión (coa conseguinte destrucción da Igrexa Católica Apostólica Romana) establecendo un ateísmo oficial.

A historia dos Illuminati: orixe e disolución

A Orde dos Iluminados de Baviera foi fundada na noite do 30 de abril ao 1 de maio de 1776 (víspera da famosa noite de Walpurgis, ou noite de bruxas), nun bosque cerca de Ingolstadt (Baviera), ao sur de Alemaña, donde un pequeno grupo de homes estableceron e xuraron cumprir os propósitos da sociedade. Entre as persoas que se atopaban esa noite só se sabe a identidade de tres: Adam Weishaupt (na foto), Max Merz e Anton von Massenhausen.
Trala fundación, Adam Weishaupt (quen se proclamou a sí mesmo co nome simbólico de Spartacus) convenceu aos seus primeiros adeptos; un estudante de Múnich chamado Franz Xavier von Zwack e un barón protestante de Hannover chamado Adolph von Knigge (Frater Philón), quen xa estaba iniciado na masonería.
Grazas ás habilidades de Von Knigge, os Illuminati rápidamente se extenderon por Alemaña, Austria, Hungría, Suiza, Francia, Italia e outros puntos de Europa, afiliando a personalidades do talle de Herder (Damasus), Goethe (Abaris), Cagliostro, o Conde de Mirabeau (Leónidas) e o lexendario alquimista Conde de Saint Germain, entre outros nobles, duques, condes, príncipes e baróns.
Animado polo seu éxito ao lograr reclutar un gran número de pensadores, filósofos, artistas, políticos, banqueiros, etc, Adam Weishaupt tomou a determinación de afiliarse á masonería por medio de Von Knigge, e ordeou a infiltración e o dominio da mesma.
O 16 de xullo de 1782, nunha reunión da masonería continental que tivo lugar no convento de Wilhelmsbad, os Illuminati intentaron unificar e controlar baixo a súa autoridade todalas ramas da masonería. Aínda que xa lograran infiltrarse nas logias de toda Europa, a decisión non foi apoiada por estos últimos; momento no que se percataron das intencións deste grupo e do conflicto entre os seus principios e os dos "Iluminados", polo que nese momento se decidiu por parte da Institución Masónica manter unha oposición directa contra os illuminati.
O 22 de xuño de 1784, o príncipe elector de Baviera, duque Karl Theodor intuíu o perigo que supoñían os Illuminati para a Igrexa católica e as monarquías debido á súa ideoloxía comunista, revolucionaria e igualitaria, e aprobou un edicto contra éstos, contra a masonería, e en xeral calquera sociedade non autorizada pola ley. En 1785, o edicto foi confirmado e así dou comezo as persecucións e arrestos dos membros da sociedade.
Os plans máis secretos dos Illuminati foron revelados por casualidade a noite do 10 de xullo de 1784, cando un mensaxeiro de Weishaupt identificado como o abade Lanz, morreu inesperadamente por mor dun raio. O seu cadáver foi levado á capela de San Emmeran por habitantes da zona e ahí entre os seus hábitos atopáronse os importantes documentos que trataban sobre os plans secretos de conquista mundial.

No actual billete dun dólar estadounidense aparece o Gran Selo dos Estados Unidos, o cal está composto polo "Ollo que todo o ve" ou "Ollo da Providencia", considerado un símbolo Illuminati.
Acompañaos a senteza "Annuit Coeptus" ([Él] aprueba [nuestro] comienzo) e "Novus Ordo Seclorum" (Nova Orde das Eras, ou comezo dunha nova Era)


[... continua nunha segunda entrega coas teorías da conspiración que xiran en torno a esta sociedade]

O ignoto

8 comentarios:

  1. Antes de nada pido perdón pola extensión, espero que o leades xa que é (polo menos a min mo pareceu) interesante… a segunda parte será máis apetecible para aqueles lectores máis frikis, xD...

    ResponderEliminar
  2. Como nadie comenta... xa o fago eu, xD!!!

    A verdade ke pa ser a "sociedade secreta" que mais se utiliza nas novelas ultimamente, eu creo ke son lin delas en duas: unha ke non recordo agora mesmo o titulo, e en "Angeles y Demonios" de Dan Brown; que por certo, os poñen como uns asasinos despiadados e non parece ke sexan nada diso...

    A espera dos vosos sempre interesantes comentarios, o avido e impaciente Señor da Xe!!
    xD

    ResponderEliminar
  3. Un moi bo tema. Creo que xa teño dito que todo o relacionado con misterios e supostas sociedades secretas me encanta, e isto non ía ser menos. Así que sinto o retraso en comentar, pero xa o lin fai algúns días e me pareceu moi interesante.

    Eu tamén lin o libro que aparece nomeado no anterior comentario e para nada comparto a imaxe que se nos ofrece. Ao ser ficción non se lle pode dar maior credibilidade, é unha historia inventada e está claro que sempre nos parece máis interesante algo ao que se lle dá algunha característica negativa ou violenta, coma neste caso o asasinato. Tamén atrae a curiosidade o término "clandestinidade", se se nos oculta algo... máis gañas temos de saber o que é e o porqué. É algo propio do ser humano. O mesmo ocorre co coñecido Grupo Bilderberg, que se reuniron non fai moito en Sitges, aos que tamén se lle atribúen diversas teorías.

    Moitos dos sucesos que ocorren na actualidade no ámbito mundial (incluso ata a crise pola que estamos pasando) se lles culpa aos Illuminati. Non sei ata que punto será certo, o que si sei é que me encantaría coñecer a metade dos segredos que ocultan.

    ResponderEliminar
  4. Si a verdade e que a min tamen me gustaria coñecer mais segredos dese tipo de sociedades.. O artigo está moi ben, sinto a tardanza..

    Sabía algunhas cousas pero desde logo non me imaxinaba que foran tan radicais noutras. Coñecía que pretendían a abolición da monarquía pero tanto como o patriotismo e o nacionalismo non, e ainda que conseguiran un goberno mundial sería o mesmo poque existiria unha única forma de goberno ca que non todos estarían dacordo e sería outro nome pero unha monarquía imposta ou dictadura ou algo así.. Non entendo esa idea..
    O que está ben e intentar romper con todo o tradicional e as clases sociais, así como amosar outra realidade relixiosa e non única e incuestionable..

    Como non teño que esperar pola segunda entrega dado a miña demora vouna ler jeje..

    ResponderEliminar
  5. de novo comento este artigo...anque na última ocasión o ordenador non estivera pola labor...
    pareceeme moi interesante,o ollo que todo o ve...oe sabes que? campaballe ben unha recreación desta historia...un video explicativo con vós disfrazados dalgúns destes persoinaxes...sería didactico...e orixinal jaja

    ResponderEliminar
  6. Grande o artigo. Aprendendo máis do illuminati.

    Sigo sen saber se é verdade ou non e se estan detrás dos acontecementos históricos que foron sucedendo como se di.
    Non sei se esta sociedade, pero alguén tería que promover eses acontecementos, xa que non se fan sos.

    PD: Non me parece boa idea o de disfrazarnos e explicar o tema. XD
    Creo que coas letras é máis que suficiente.

    Me encanta a historia. E canto máis antiga mellor.

    ResponderEliminar
  7. Ademáis do que xa dixen sombre o simbolismo do dollar americano, ei de engadir:

    1. A pirámide conta con 13 escalóns: esta teoría colle forza se ollamos o Gran Selo dos EEUU, o reverso é esta pirámide pero no anverso o escudo ke atopamos, conten: 13 estrelas, 13 flechas, 13 raias no escudo, 13 ramas de olivo, 13 letras en "Annuit Coeptis" (que tamen aparece no dolar) e 13 letras en "E Pluribus Unum"... ¿Curioso verdade?

    2. A cifra MDCCLXXVI (1776) coincidindo co ano da Independencia estadounidense, tamén é o ano en que Adam Weishaupt fundou os Illuminati...

    3. Ao mesmo tempo, se trazamos unha estrela de cinco puntas, cada unha destas colle unha letra formando a palabra AONMS, reordeada MASON... Botadelle unha ollada:

    http://listas.20minutos.es/lista/simbolismo-en-el-dolar-americano-95544/

    Por certo, ¿sabiades que os fundadores dos EEUU eran masóns? ¿e a cantidade de misterios que encerran os edificios emblemáticos americanos?
    Siga de preto os novos artigos de O Arcano!!!!!

    xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...