Nova entrega do meu bestiario de criaturas máxicas particular.
Como vexo que a primeria parte foi do voso agrado, aqui van uns cantos seres máis para abrir boca neste novo ano. Para comezar cun artigo con pouco letra e moitas imaxes...
Non sei se os coñecedes ou non, pero espero que vos guste...
Como vexo que a primeria parte foi do voso agrado, aqui van uns cantos seres máis para abrir boca neste novo ano. Para comezar cun artigo con pouco letra e moitas imaxes...
Non sei se os coñecedes ou non, pero espero que vos guste...
Cíclope: xigantes cuxo rasgo máis característico é a presenza dun só ollo na súa faciana, moi fortes, tercos e de emotividad abrupta.
Lobishome (ou licántropo): seres humanos capaces de transformarse en animais total ou parcialmente, no caso do lobishome adquire apariencia lobuna.
Troll: horrible humanoide moi áxiles, de gran forza e destreza e cun desenrolado sentido do olfato.
Ogro: enormes humanoides, de aspecto tosco e desagradable, mal carácter e guerrilleiros.
Estirge: seres voadores que succionan sangue para sobrevivir. Forma física parecida aos paxaros con ás de morcego.
Mantícora: ser monstruoso con corpo de león, ás de morcego, cola de escorpión e con faciana humana.
Quimera: ser monstruoso de orixe escuro, híbrido entre un león, un macho cabrío e un dragón.
Leviatán: ser monstruoso e xigantesco, mezcla entre unha serpe mariña e unha balea, e de orixe descoñecido.
Hipocampo: híbrido con características dun peixe e dun cabalo. Físicamente ten cabeza, torzo e extremidades de cabalo, substituíndo os cascos por aletas.
Golem: ser creado máxicamente a partires de forzas elementais.
Fauno: xenios dos bosques, descritos como monstros, metade homes e metade cabras, con cornos.
Ondina: variedade de ninfas, propias de augas doces e lagos, corpo azulado ou verdoso, pés e mans palmípedas, coa capacidade para respirar fóra e dentro da auga.
Basilisco: horribles reptís moi temidos polo seu poder de petrificación. Existen varios tipos: este, o máis común, híbrido de galo, reptil e morcego.
Arpía: mezcla entre muller e buitre, concretamente a parte inferior do seu corpo e as ás.
Naga: serpes semidivinas con cara humana, xeralmente dunha muller, moi poderosos e malvadas.
Se vos gusta, creo que aínda se me poden ocurrir máis...
O fantástico Señor da Xe
esta ben,e moi entretido
ResponderEliminarEstá ben. Hai algúns que conhecía e outros que non.
ResponderEliminarNunca escoitara o Mantícora ou a Naga.
Esperando por máis interesantes artigos de mitoloxía.
Decir que a min particularmente gustanme moito mais os seres mitolóxicos relacionados coa figura femenina que usan o encantamento como poder e non a forza ou a mestura con outros animais.. Neste segundo artigo conocia ben menos que no anterior e o que mais me gusta e a ondina!
ResponderEliminarMoi interesante!! Máis!
Estou moi dacordo co derradeiro comentario, hai seres masculinos de máis no eido mitolóxico e, en xeral, en calquera.
ResponderEliminarBuenas Arpia es ti.....jajajjaa
ResponderEliminarDecir que sorprendenos neste artigo con seres mitoloxicos que non tiña nin idea que existian , outros si que sabia que existian.
Puntualizar que arpias non son tan itoloxicas coma di vosede, ai moitas por ai adiante.
E amin molame o lobishome pero podia millorar a foto de este ser.
un saudo
eu coincido con que a metade non as coñecia e tamen en que as fotos poderian ser mais suxerenes tendo en conta o ser do que se trata...interesante,a ver cando vostede crea o seu propio ser mitolóxico ideal...estaría ben...e de paso ilustralo...mmm non diga vostede que non lle damos ideas!!!!
ResponderEliminarOs máis coñecidos por min son os que saen en películas ou mesmo son protagonistas (lobishome, fauno, o ogro e o troll por exemplo).
ResponderEliminarOutros coñecémolos porque se utilizan na actualidade como un insulto, véxase arpía ou basilisco...
Leviatán sae nomeado nalgunha que outra canción...
Algúns son menos coñecidos por min, outros non sabía sequera da súa existencia.
Moi interesante, hoxe xa aprendín algo novo.