Ola a todos!! para unirme a esta retahíla de artigos "tipo versus" que tivo lugar na meirande parte dos blogs desta nosa pequena comunidade virtual, vou facer unha nova entrega das miñas reiterativas baladas do Rock e, neste caso, será un pouco "raro" e distinto, xa que todalas cancións pertencen ao mesmo grupo, creo que case totalmente descoñecido para a totalidade dos visitantes deste espazo e con razón a un disco da mesma banda que consiste nunha colección de baladas.
Espero que vos guste!! como moito escoitastes unha (¡claro está!, exclúo ao señores que sei de boa fe que coñecen a estes músicos xaponeses) e espero que as disfrutedes todas.
As regras de sempre!!
Sen máis preámbulo...
"Forever Love"
"Crucify My Love"
"Tears"
-----------------------------------------------------------------------------
"Longing"
"Say Anything"
"Endless Rain"
Espero que vos guste!! como moito escoitastes unha (¡claro está!, exclúo ao señores que sei de boa fe que coñecen a estes músicos xaponeses) e espero que as disfrutedes todas.
As regras de sempre!!
Sen máis preámbulo...
"Forever Love"
"Crucify My Love"
"Tears"
-----------------------------------------------------------------------------
"Longing"
"Say Anything"
"Endless Rain"
Os videos que conteñen imaxes de concertos pertencen (creo que todos) ao "The Last Live de X-Japan", o último concerto que dou a banda para rematar a súa carreira e eu que o vin, digovos que é unha pasada ademáis de moi emocionante... ainda que weno, agora creo que volveron!!!
ResponderEliminarxD
Creo que Hai que reconhecer que a X-Japan dásenlle ben as baladas. Vou cas ganhadoras:
ResponderEliminar- 1º ronda: Tears, ainda que son todas boas canción para "namorados" por exemplo. jajaja.
- 2º ronda: endless rain, xa que chove sen fin. jajaja.
-- Final: Endless rain. Nos sentimos identificados nesta Terra ca choiva.
A min gustanme moitisimo ainda que son bastante raros jeje...
ResponderEliminarNo primeiro dudei entre Forever Love e Tears pero finalmente quedome con Tears!
No segundo quedome evidentisimamente con Endless Rain, era o seu último concerto e notase moito, ten moita emoción e a canción tamén me gusta moito..
E finalmente tamén me quedo con esta última, xa presentia antes de ver os videos cal ia escoller e non me equivoquei je..
Moi bo artigo asombroso señor da xe, outro grupo que coñecía e que me gustaba (ainda que sexa gracias a vostede)...
Haber se entendin a mecanica¡¡jajajjaja
ResponderEliminarX-Japan é un grup interesante a verdade creo que son un pouco estravagantes, jajjaja pero estan ben.
1º-"Crucify My Love" aunque Forever love é a canción mais coñecida do grupo creo.(Os experos"os señores"que aclaren se é a mais famosa ou non)jajajaj
2º-Tamen me quedo con Endless Rain inda que lle pregunto o señor da xe porque non puxo a ultima canción do grupo Last song???
Gañador final: Endless Rain, inda que se me deixas escoller Last song prefiro esa, pla transcendencia da canción.
P.D: Espero non haber molestado coas miñas pequenas opinions¡¡¡
Forever Love non creo, debe de ser mais coñecida a de Endless Rain, polo menos en canto as baladas do grupo... nas máis rockeiras creo que a canción máis coñecida do grupo podería ser Kurenai (...gran canción!!)...espero que o Señor da Z atisbe este comentario e pase por aqui para dispensarnos a súa opinión!!!
ResponderEliminarPor outra banda, a de Last Song non a puxen porque creo recordar que duraba bastante... ademáis de que só podo poñer 6, e puxen estas... sen embargo, esa canción nomeado por vostede tería cabida no artigo completamente!!!
Espero haber sido de axuda.
Grazas por mostrar as súas inquedanzas e opinións!
Escoller entre as 3 primeiras foime moi complicado, as 3 me encantan, pero como non pode haber un triple empate (aquí daríallo) quédome con FOREVER LOVE. Decántome por esta porque as imaxes me parecen moi emocionantes, aínda que en xeral todos os vídeos están cargados de sentimento e forza, gustoume moito esa en particular.
ResponderEliminarNa segunda ronda, elixo ENDLESS RAIN, esta xa a tiña bastante máis clara, non polas demais cancións coas que "competía" se non porque me encanta, é sen dúbida a que máis me gusta do grupo. Non o coñecía ata que escoitei un versus no blog do Señor da Z e me empecei a interesar, a verdade é que valen moito a pena.
A miña canción gañadora: ENDLESS RAIN.
Grazas por facerme ver parte do concerto, a verdade que está moi ben, a ver se o vexo enteiro.