É unha sensación rara, non sei se a vós vos pasa, unha especie de sentimento de deja vu cada vez que escoito algún grupo novel, un pensamento que raia unha idea na miña cabeza:¿esto xa o teño oído, non?, polo que a seguinte cuestión é obrigada, e é a principal, ¿está realmente morto o Rock?
Pasamos prontamente da voráxine de nomes e "artistas" que tal como nace se esquecen nos outros estilos máis comerciais que o que nos ocupa, incluso sen pararse a comentar ese consumismo musical, ese canibalismo musical que parece rodear ao pop, ao rock-pop (polo menos o que se entendo por esto aquí no Estado) ou ao reggaeton (si señores, me digno a nomealo como estilo), esa imperiosa necesidade de escoitar (raiar mellor dito) ata a saciedade un tema, esa canción que está de moda dende hai un par de días, pero que en... cinco minutos o deixará de estar, xa que outro "artista" sacará outra igual, pero "mellor" para lanzarse a incluíla en todolos aspectos da vida da xente que nunca pretendeu escoitala. Pasando realmente deste tema, existe a manida pregunta sobre se este estilo acadou realmente os límites da súa propia inspiración e as cotas de inmortalidade dos grandes clásicos impiden que no mesmo século XXI se creen pezas atemporais.
Pasemos (moito máis lentamente, disfrutemos un pouco) tamén do que este estilo abarcou, ou simbolizou, máis alá do movemento liberatorio e alternativo (cultural, en definitiva) que infundiu (e que sempre desearei haber vivido), centrémonos no Rock (e no Heavy Metal, e no Thrash, e no Power.........) como estilo musical, centrémonos na orixinalidade das letras, dos sons e das melodías, ¿está realmente todo inventado?.
Botemos a vista atrás por un momento, de forma moi simplista e rauda: EEUU, certas comunidades afroamericanas crean o blues, con toda premura a xente se dá conta de que algo diferente hai nesta nova forma de facer música e creamos o rock & roll, na súa maneira máis pura e limpa, pasan os anos, lle damos potencia e agresividade ao estilo e creamos o Heavy Metal, o aloucamos e lle damos velocidade e temos o Punk, agora incluímos riffs máis pesados e cortantes e o Thrash Metal asombra ao mundo, con épica e guitarras máis veloces disfrutamos do Power Metal, logo se nos dá por seguir experimentado e comezamos a fusionar uns e outros con estilos máis ou menos acertados coma o rap, e aquí se nos empeza a ir un pouco a pinza, ata hoxe, onde todo parece estancarse, nunha era na que idolatramos a aqueles que se asentaron en lexendarios tronos para nunca máis volver a erguerse deles, e na cal buscamos ser os primeiros en descubrir a nova gran banda.
Nun mundo no que a todo nos gusta poñer etiquetas, normalmente sen pararnos a pensar se realmente merecen un ou outro título, acumulamos grupos e grupos que acaban por decepcionar esperando atopar á nova banda máis peligrosa do mundo, como se denominara a uns primeirizos Guns N' Roses; artistas, músicos e cantantes, á procura da mellor voz do negocio, como se deu en denominar a Steven Tyler (Aerosmith) ou excelentes e sempiternas formacións coma os The Who ou Led Zeppelin.
Dende a máis sagrada e autodestructiva esixencia instaurada polos amantes rockeiros, superando a tendencia á futilidade de culturas musicais máis poperas, ¿hai cabida para a esperanza?, é certo tamén que actualmente existen moi boas bandas (con grandes, virtuosos e ben formados músicos) e moi bos discos, pero... ¿acabaranse por descubrir a uns novos Maiden?, ¿uns parellos Black Sabbath removerán o planeta de novo?
Ante todo me pareceu adecuada a imaxe e a cita que a mesma reza... XD
ResponderEliminareu creo que quedará todo resolto en canto "ti si que es chino" se convirta no hit do vrau!
ResponderEliminar