Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

jueves, 1 de septiembre de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Transformers 3: El Lado Oscuro De La Luna

Vou a comezar entón con esta malsana intención de traervos as críticas das últimas películas que poidemos ver nestos últimos venres, a risco de facerse tedioso, á vista e á lectura.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Hai cousa dun mes (quizás máis) acudimos aos cines para ver a terceira parte da rentable saga/franquicia dos Transformers, que, ao mesmo que as anteriores, é un filme dirixido por Michael Bay ('La Isla', 'La Roca', 'Armageddon'), director de míticas películas de acción normalmente ateigadas de efectos especiais (eso si, moi logrados... onde hai pasta nótase).
O reparto é (máis ou menos) o mesmo que o das anteriores, cun par de contadas incorporacións e unha soada e polémica baixa: Shia LaBeouf ('Wall Street: El Dinero Nunca Duerme', 'La Conspiración Del Pánico', 'Indiana Jones y El Reino de la Calavera de Cristal'), John Turturro ('Asalto al Tren Pelham 123', 'La Ventana Secreta'), Rosie Huntington-Whiteley (na súa primeira película, sustituíndo á despanpanante e estúpida Megan Fox como moza tonta do protagonista) e outros máis ou menos coñecidos.
A sinapse é a seguinte: os Autobots e os Decepticons vense envoltos nunha perigosa carreira espacial na Terra entre os EE.UU. e Rusia, donde un acontecemento ameaza con provocar unha guerra tan grande que nin os propios Transformers poida que sexan capaces de salvar ao noso planeta. E una vez máis, como case sempre, Sam Witwicky atopase involuntariamente no medio do conflicto.
Conclusións: en resumidas contas, todo o que se poida contar do guión ou da historia da película é totalmente menosprezable; todolos acontecementos anteriores á última hora do filme son un simple pretexto (ou relleno) para a apoteósica loita final (unha vez máis) entre os Autobots e os seus eternos némesis, os Decepticons (vou a supor un mínimo de infancia nos escasos lectores do artigo e que ao menos houbesen ollado aínda que só fose de refilón esta serie animada dos anos oitenta). Logo dunha aceptable primeira parte, pasando polo certo baixón que suposo a segunda (polo que vin, as críticas negativas foron abundantes pero non sei, a min entretívome, aínda que non teño ningún tipo de problema en recoñecer algunha gilipollez da mesma), esta terceira tampouco aporta nada novo, máis ben se queda ao nivel da segunda entrega (ou algo máis abaixo). E é que iso é o malo de Bay. Michael Bay é un director querido e odiado por igual, pero non sei que ten (teremos en conta a longa sombra de Spielberg que sempre se agocha detrás das súas produccións, asi como a inexistencia de reparos deste á hora de soltarlle cheques ao seu protexido Bay) que acaba facendo que as súas películas se vexan. Aos datos me remito, 'Transformers 2: La Venganza de los Caídos' foi para moitos un "truñazo" con maiúsculas, pero aquí vai o tío, e saca unha terceira parte, ¿e que ocorre?, récord de recaudación de novo (sigamos a ter en conta a presenza do tito Spielberg, así como a promoción e o sabroso trailer que deron en sacar). Obviando o humor tonto típico deste director (e máis nesta triloxía), o patriotismo ianqui, as puyas incubertas á anterior actriz Megan Fox (non sei se o sabedes, pero a esta a botaron porque non a aturaba nin dios, e houbo un cruce de declaracións e acusacións que paso de comentar) e a presenza da "actriz", perdón, modelo, Rosie Huntington-Whiteley; que si que a tipa dá gusto vela, pero a pesares de facelo un chisco mellor que a súa predecesora, e falando en plata, está ahí para o que está, para lucir palmito, poñer cara de rapariga sexy-inocentona e pasear curvas (a mellor proba desto é que xa a primeira escena da película logo do prólogo inicial é un primer plano do traseiro da espectacular rubia). Obviando todo isto digo, que a película (si, eu me confeso un borrego seguidor das películas deste tipo, principalmente dos que esperan que volva a facer unha boa peli de acción estilo 'La Roca') logra entreter e moito, que dito sea de paso é o que se pide a todo blockbustter que se precie, principalmente porque nese eido é onde Bay se move como peixe na auga; e as escenas de acción planificadas e grabadas por este tipo son unha pasada (eso si repito, hai pasta detrás...)
Detalle perturbador do filme: na mencionada batalla final, con todo unha cidade derruída, totalmente invadida por robots con sede de sangue, naves, cousas estoupando, fume, coches saltando polos aires, ¿como Carly (o personaxe da modelo/actriz) é capaz de esquivar balas, escombros e explosións cuns tacóns de vértigo?. Eso é un don, chavales. ¿Hembra decir que a súa perfecta e anxelical cara non recibe nin tan sequera un rasguño?
Valoración final: se compensas o que tarda en arrancar pola batalla mastodónica do final estamos ante unha película non demasiado execrable.

O mellor: a escea do edificio, o autobot Bumblebee (o camaro amarillo para os tuneros e entendidos) e os efectos especiais.
O peor: o intento de faltar á nosa intelixencia con tamaños errores e incongruencias de guión, sempre en pos da espectacularidade (cando son perfectamente compatibles).


O cabal

1 comentario:

  1. Non adoito comentar os "Sei o que vistes" de películas que sei que non vou ver, como é o caso desta, pero si leo as críticas igualmente. Por iso, e despois dunha tempada sen entrar no blog, non podo deixar de escribir isto pola sorpresa que levei.

    Sei que hai unha enquisa para votar pero non aparece unha opción que me fatisfaga totalmente, sería algo así como: Nin se lle ocorra deixar de escribir estes artigos.

    É unha sección que leva xa tempo ademais de que particularmente me encanta. Non vexo todas as que aparecen comentadas pero eu polo menos si que o leo. Ademais non sei o motivo que lle leva a querer preguntar iso... se é que xa non lle gusta facer este tipo de artigos entón aí xa non me meto.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...