

Minotauro: inmenso humanoide con cabeza e rabo de touro, moi fortes e musculosos. O máis coñecido é o do labirinto de Creta
Fada: criatura fantástica e etérea, xeralmente personificada nunha muller fermosa. Protectora da natureza.
Serea: mulleres-peixe de gran beleza e preciosa voz. Moitos mariñeiros toparon a morte ao escoitar este canto tan suxerente.
Medusa: monstro femenino que volvía de pedra a aqueles que a miraran.
Hidra: monstro xigante que ten apariencia de reptil e múltiples cabezas.
Grifo: seres voadores moi veloces, metade águia, metade león.
Hipogrifo: seres voadores, metade cabalo, metade grifo. Criaturas maxestuosas, coñecidos polo seu apetito foraz hacia a carne de cabalo.
Kraken: enorme crituara submarina que habita en océanos e augas moi profundas.
Unicornio: criatura mitolóxica representada como un cabalo branco, con patas de antílope, barba de chivo e un corno na súa fronte.
Pegaso: corcel alado de natureza máxica, intelixente, bondadoso e salvaxe.
Fénix: o Ave Fénix é un enorme páxaro envolto en chamas e de plumaxe vermello anaranxado, coma o lume. Un ser máxico e fabulos capaz de resucitar das súas propias cinzas.
Dríade: xurdiron da coñecida como "Árbore das Hespérides", son as ninfas das árbores en particular e do bosque en xeral.
Esfinxe: ser con corpo de león e cabeza humana. Na mitoloxía exipcia a esfinxe é unha estatua masculina, con corpo de león e torso de home, e as veces con ás. Famosa polas adiviñanzas que propoñías aos viaxeiros a cambio das súas vidas.
Cerbero: é o vixiante da porta que conecta o mundo dos vivos co reino do Hades. É un ser fero con forma canina, tres cabezas e unha cola con serpes.
Intentei poñer en principio os máis coñecidos, ou aqueles que a todos nos soan, se vos gustou este artigo aínda quedan moitos seres por poñer que seguramente non coñezades. Que lle vou facer se a mitoloxía sempre me gustou...
O máxico Señor da Xe
Hola senhor da xe pois pareceme interesanteo seu novo artigo e sempre consigue sorprender con sorprendentes artigos,alguns dos recollidos no bestiario coñeciaos outros non,esperando a outra ediccion,
ResponderEliminarAmin os dous que mais me gustan son: Grifo e o fénix.
Encantado cos seus artigos senhor da xe.
Se tanto che gustan os seres mitolóxicos penso que deberías facer outro artigo con criaturas menos coñecidas pola maioría. Os que pos aquí están ben pero quen máis quen menos xa os coñece. Sería unha forma de achegarnos outros seres menos populares pero seguro que igual de interesantes.
ResponderEliminarOs que máis me chaman a atención son o dragón e a fada, moi diferentes pero encántanme.
Esperando outro artigo... un saúdo.
Eso é o que espero facer en próximos artigos, no caso de que a xente os siga lendo, que ademáis é o que pon ao final do mesmo: que se vos gusta hai máis seres menos coñecidos que se podían poñer pero prefiro comezar por ahi!
ResponderEliminarPor favor anónimos, identifíquense!!!
Gustanos a mitoxía e a historia antiga.
ResponderEliminarMáis artigos!!!
A min os que máis me gustan destes son pegaso e fénix.
Esperando máis artigos.....
moi interesante, siga culturizandonos señor da xe...
ResponderEliminarMoi bo, conocía a metada maís ou menos e algún oira falar pero non vira ningunha imaxe.. Por min si, mais artigos!! Gústanme as fadas e o unicornio de sempre e descubrichesme a dríade que me encanta!
ResponderEliminarOs seres mitolóxicos que se nomean neste artigo son moi míticos, pero non deixa de ser interesantes. A min sempre me fascinou a mezcla de partes duns animais para crear outros, cunha apariencia canto menos curiosa. E as historias que rondan arredor de cada un... a verdade que o mundo mitolóxico dá para moito. Se tivera que destacar... a esfinxe, pegaso e as fadas os que máis me gustan.
ResponderEliminar