Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

martes, 22 de diciembre de 2009

Unha pequena gran homenaxe

O que sigue é un pequeno homenaxe para un gran galego, que sirve de imaxe neste blog de verbas baldías, non creo que mereza dito sacrilexio...
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (nado en Rianxo, Galiza, no 1886) foi un polifacético político, escritor, pintor e debuxante e caricaturista galego, así como un dos pais do nacionalismo galego.

A súa obra sempre reflexou o seu compromiso co galeguismo e co mundo, coa terra galega e cos galegos.
Estudiou mediciña, polo cal afirmaba: "Fíxenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor a humanidade".

Morreu no exilio nos Bos Aires, Arxentina, no ano 1950.

Eu só podo destacar a súa fantástica obra...
1.Cego da romería (1913)
2.Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
3. As cruces de pedra na Galiza
4.Cousas (1926, 1929)
5.Cincoenta homes por dez reás (1930)
6.As cruces de pedra na Bretaña (1930)
7.Nós (1931)
8.Os dous de sempre (1934)
9.Retrincos (1934)
10.Galicia Mártir (1937)
11.Atila en Galicia (1937)
12.Milicianos (1938)
13.Sempre en Galiza (1944)
14.Os vellos non deben de namorarse (obra teatral representada en 1941, publicada en 1953)
15.As cruces de pedra na Galiza (1950)

... e a calidade e a "mensaxe" dos seus debuxos: con textos agudos mostrános a Galiza agraria, o caciquismo, as pobres xentes do campo, os cegos e desamparados, o sufrimento dos habitantes da Galiza, todo baixo un punto de vista crítico e realista pero cun vistazo humorístico.


"Si me tocase a min a lotería compraba pan..."


















-Eu pensei que ian a repartir as riquezas.
-Pois eu xa me daba por satisfeito se repartisen a fame.









"Así quixeron que sempre fose a nosa terra"








-Eu non quería morrer alá, ¿sabe, miña nai?













Pero como non son capaz de referirme como se merece a este gran home, deixo que o faga por min, e a través da poesía Ramón Cabanillas:

¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoss as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda?
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin?
Na noite pecha
entréi pinal adiante, medoñento,
a ialma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso.
brillaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da tua man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitóu a túa prácida conversa
co sabidor e xurdio
Profundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en despero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesóume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:
¡Morréu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morréu de amor á Terra!


O galego (e orgulloso de selo), o Señor da Xe

9 comentarios:

  1. Moitas grazas pola información e pola idea Señor da Z!!!
    A verdade é que levaba tempo pensando en facer un artigo así e vostede ofreceume gratuitamente a idea.
    Grazas de novo.
    Un galego amigo o Señor da Xe.

    ResponderEliminar
  2. Boas Señor da xe antes de nada puntualizarlle,
    As cruces da pedra na Galiza no escribiu antes? eu creo que o ultimo e unha segunda ediccion,pero creo que vostede non se confundiria en tan pequeno detalle.
    Edecirlle que esto non é unha critica senon unha aclaracion porque Castelao ten dito:"En Galicia no se protesta, se emigra", escribió Castelao.
    Y con estafrase de Castelao deixolle constancia de que non protesto porque senon estaria no magnifico blog ilsignore.
    Un gran articulo que esperemos que faga algun das suas grandes obras, "Atila en Galicia".

    Un saudo Señoritooooo

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas polo apunte signore!!! posto que eu non estaba seguro...
    Sempre atento amici!!!

    ResponderEliminar
  4. felicidades polas visitas acadadas e pola referencia literaria que incluíu, esperemos que non sexa unha excepcion e se repita mais a miúdo...

    ResponderEliminar
  5. Castelao: o mellor galego da historia.
    Viva Castelao!!!
    A ver cando nace outro igual....

    Sempre apoio calquera reconhecemento a este gran home.

    A ver cando ven o novo Castelao a salvar os galegos....

    ResponderEliminar
  6. O Mesias galego??... non sei eu se a Castelao lle gustaria moito a idea dun mesias...xD

    ResponderEliminar
  7. Con este comentario non vos vou descubrir agora quen era, é e sera Castelao, ademais con semellantes admiradores ferventes como son os señores.. Pa min tamen e o galego mais ilustre que existe! Das sua obra so lin Cousas, Os dous de sempre e Os vellos no deben de namorarse..

    ResponderEliminar
  8. Oh... que artigo tan propio da nosa terra!!! :) A verdade é que tiñan que existir máis "Castelaos" para a defensa da nosa identidade en tantos ámbitos da sociedade. Foi moi relevante na nosa historia e sempre se lle recordará como o que foi: un gran galego e defensor do orgullo de Galiza e dos que nos sentimos parte dela. Oxalá ese espírito non morra xamais.

    ResponderEliminar
  9. Morrer non creo que morra (weno, eso espero) pero a verdade e que non se atopa nos seus mellores momentos... por desgraza!!

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...