Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Mulleres no Rock

A raíz do último artigo sobre vocalistas do mundo do Rock, ocurreuseme que tamén se merece un sitio para recordar no Rock o xénero femenino.
Xeralmente e tradicionalmente, o mundo do Rock é principalmente masculino e seguramente nun principio tremendamente machista, pero quero deixar constancia de que as mulleres tamén conseguiron moito nesta música, e se cabe con maior mérito, posto que as trabas deberon ser maiores dende un principio.
Ademáis o Señor da Xe aboga pola igualdade de xéneros!!

Comezo cos que eu penso que son os grupos compostos íntegramente por mullerer máis coñecidos: e non, non teñen nada que envidiar aos grupos formados por homes...

> Vixen: banda estadounidense de hard rock que tivo o seu maior éxito a finais dos 80's e a principios dos 90's.


> Girlschool: banda británica de heavy metal, originarias do movemento NWOBHM nos 80's (New Wave Of British Heavy Metal, a nova ola do heavy metal británico; con outros grupos "pouco recoñecidos" como Iron Maiden, Judas Priest, Saxon, etc). Foron teloneras de Motörhead na xira do seu disco "Overkill"


> Heart: banda canadiense de Rock composta por dúas irmáns, iconos do hard rock, Ann Wilson e Nancy Lamoreaux, formada nos anos 70's.


Mencionar tamén: The Runaways (con Joan Jett á cabeza da que falaremos máis abaixo)...

Tamén hai numerosos exemplos de vocalistas femininos:

> Janis Joplin (1943-1970): cantante de rock e blues caracterizada pola súa voz e o seu espirito rebelde. Icono feminino por antonomasia na música rock.


> Doro Pesch (1964-...): antiga cantante do grupo heavy metal Warlock, unha das primeiras cantantes de metal dos anos 80, cando os homes dominaban este tipo de música.


> Joan Jett (1958-...): cantante e guitarrista, unha das figuras femininas máis importantes da música rock, e considerada unha das 100 mellores guitarristas da historia do Rock.


> Tarja Turunen (1977-...): ex-vocalista e fundadora da coñecida banda Nightwish e unha das máis coñecidas no xénero.



> Angela Gossow (1974-...): vocalista da banda sueca de death metal melódico Arch Enemy. A súa voz non vos deixará indiferente...


> Cristina Scabbia (1972-...): cantante italiana do grupo de metal gótico Lacuna Coil.


Grupos donde hai ao menos unha integrante muller. Hai varios e coñecidos:
- Pixies (baixista Kim Deal),
- Pretenders (cantante y guitarrista Chrissie Hynde),
- Talking Heads (baixista Martina Weymouth),
- Blondie (cantante Deborah Harry),
- The Long Blondes (hai tres integrantes femeninas que tocan instrumentos),
- The White Stripes (baterista Meg White)
- Sonic Youth (baixista e guitarrista Kim Gordon)
- Smashing Pumplins (baixista D'arcy Wretzky)
- Big Brother & The Holding Company (cantante Janis Joplin [RIP])
- Jefferson Airplane (cantante Grace Slick)
- Siouxsie & The Banshees (cantante Siouxsie Sioux)
- Belle & Sebastian (Isobell Campbell cantante e cellista; Sarah Martin violinista)
- Stereolab (Mary Hansen [RIP] cantante e guitarrista; Lætitia Sadier tecladista, guitarrista e cantante)
- Fleetwood Mac (Stevie Nicks cantante; Christine McVie cantante e pianista)
- Portishead (Beth Gibbons cantante)
- Gong (Gilli Smyth cantante)
- Evanescence (Amy Lee cantante, o grupo é unha merda, pero a tipa ten unha voz bonita)
- Within Temptation (Sharon Den Adel cantante)
- Numerosos grupos de metal gótico: Épica, After Forever, Sirenia....
O grandioso Señor da Xe

8 comentarios:

  1. Parece mentira ke habendo mulleres que entran mirar este blog, ainda non se fixera un alegato en contra dos inútiles ke somos os homes....pero se tal, tamen mirade os videos...
    Mulleres que visitan ao Señor da Xe!!! non me decepcionen, non neste artigo!!!
    xD

    ResponderEliminar
  2. Reclamamos máis mulleres no rock!!!!!

    Que se atrevan con outros estilos a parte dos clásicos........

    Parece que as mulleres que len este blog non reivindican....
    Pois reivindico eu no seu lugar.

    Os homes dominamos o mundo ata agora e moi ben non é que o fixeramos.....
    Tocavos as mulleres..... Facedeo bn!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Fantásticoo!!! xenial!!! eran horan por fin!!!
    Vivan as mulleres!!!
    quedouche moi ben, sorprendesme positivamente, encantame!!!


    Alabado sexa ó señor da xe!!!!!!
    Amén

    ResponderEliminar
  4. Este artigo que está? Para comentar o "inútiles" (adxectivo dado polo propio senhor da xe) que son os homes ou o boas que son as mulleres na música (en concreto no rock)?

    O primeiro... si, os homes tédesnos que deixar camiño ás mulleres, confío en que o fagamos mellor. Pero onde nos deixen, porque a estas alturas da historia aínda existe moito machismo no planeta. A veces por parte das propias mulleres, o que é moi triste, e mentres nós non nos propoñamos valorarnos... pouco podemos esperar do resto.

    E o relacionado coa música... impactoume tremendamente a voz de Angela Gossow, nunca escoitara a unha muller con esa voz. As que máis me gustaron son a versión do Pantasma da Ópera de Nightwish (unha vez que empeza, son incapaz de deixar de ver o vídeo ata o final) e a de Joan Jett.

    En resumo, síntome moi orgullosa de ser muller :)

    ResponderEliminar
  5. Pois si que están ben!! So conocia a Tarja Turumen e gustame moito, encantame o contraste dunha voz así tan forte tan de opera co rock! Debe ser espectacular un concierto en directo! Do resto decir que me gusta Heart, conocía a canción de tocala no Guitar Hero unha chea de veces je pero non con voz e gustame como canta!
    Reseñar tamen a Joan Jett que tamen esta genial e a Heart que a canción de Barracuda tamen me gusta moito..
    Moi bo o artigo, son uns cantos videos pero merece a pena velos!

    ResponderEliminar
  6. A primeira vista confudín a Doro Peach con Rafaella Carrá

    ResponderEliminar
  7. Toma Toma
    Movidón Movidón

    ResponderEliminar
  8. Para cando unha versión de Doro Pesch de para hacer bien el amor hai que venir al sur??!! hahah
    veña colle o mono dos platillos

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...