Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

lunes, 7 de diciembre de 2009

Grandes guitarristas da historia...

Como todo é cultura, e o rock non é unha excepción, aquí vai unha oportunidade de coller unha pouco máis, a decisión é túa, bótalle unha ollada e quizabes descubras unha nova realidade, ou pasa dela que a fin de contas a vida non se acaba se pasas olímpicamente deste artigo. Só é unha humilde recomendación e opinión:

>Jimi Hendrix (1942-1970): considerado o mellor guitarrista de todolos tempos, capaz das seguintes marabillas cunha guitarra nas mans. Memorable no Woodstock do 69...


>Jimmy Page (1944-...): o guitarrista do supergrupo Led Zeppelin, para moitos a mellor banda da historia do rock, e como non podía ser doutro xeito, unha gran banda debe ter un mellor guitarrista.


>Tony Iommi (1948-...): guitarra de Black Sabbath, a pesares dun desafortunado accidente na fabrica que traballaba (perdendo a punta de varios dedos dunha man), o cal irónicamente é un dos motivos que o fai ser un dos principais responsables de haber creado o heavy metal.


>Brian May (1947-...): o quitarrista da banda británica Queen, un fixo en todalas listas dos guitarristas máis talentosos de toda a historia.


>Pete Townshend (1945-...): o aloucado guitarrista da banda inglesa The Who, conseguiu vivir ao límite como poucos, pero capaz de tocar o seu instrumento como ninguén. Súa é a tradición rockeira de acabar un concerto reducindo a pedazos a súa guitarra.


>Ritchie Blackmore (1945-...): fundador dun dos mellores grupos da historia, Deep Purple, polifacético e egocéntrico a partes iguais, inda que o seu talento estea fóra de toda dúbida.


>Eric Clapton (1945-...): extraordinario guitarrista, cantante e compositor; tanto no supergrupo Cream, do cal foi fundador, como na súa carreira en solitario.


>Angus Young (1955-...): coñecido por ser un dos membros fundadores e principal guitarrista do grupo australiano AC/DC, da súa cabeza saíron dos máis coñecidos riffs rockeiros, e é que, o que non faga este "colexial" coa súa Gibson SG...


>Slash (1965-...): Saul Hudson "Slash", un dos guitarristas (o máis importante) do popular grupo estadounidense Guns N' Roses. É coñecido pola súa longa e desordeada cabeleira, o seu sombreiro de copa, a súa Gibson Les Paul, o seu amor polo Jack Daniels, polo seu piercing nasal de aro e polo seu cigarrillo entre os beizos.


>Zakk Wylde (1967-...): coñecido principalmente por haber sido o guitarrista da banda de Ozzy Osbourne e líder do seu propio grupo Black Label Society.


>Randy Rhoads (1956-1982): o guitarrista estadounidense que traballou con Quiet Riot e Ozzy Osbourne, responsable dos riffs máis famosos deste último grupo.



Mención tamén para: Jeff Beck, Keith Richards (Rolling Stones), Chuck Berry, Duane Allman (The Allman Brothers Band), David Gilmour (Pink Floyd), Billy Gibbons (ZZ-Top), Joe Satriani, Steve Vai, Kirk Hammett e James Hetfield (Metallica), Dave Mustaine (Megadeth), Carlos Santana, Eddie Van Halen, Yngwie Malmsteen, John Petrucci (Dream Theater), Tom Morello (Rage Against The Machine, Audioslave), Steve Howe (Yes), Robert Fripp (King Crimson), Eric Johnson; Dave Murray e Adrian Smith (Iron Maiden), Glenn Tipton e K. K. Downing (Judas Priest) e moitísmos máis....

O eléctrico Señor da Xe

4 comentarios:

  1. Con algun artigo tiñas que contrarestar o gran blogg il signores "S".jajajjaja

    Weno esta ben esperemos que continues en esta dinamica e sigas con estes artigos que nos interesan.
    IL SINGORE "s" te envia un positivojajjajaja para este artigo

    ResponderEliminar
  2. gustanos moito a túa merda...non te preocupes...



    segue asi

    ResponderEliminar
  3. Pidovos axuda para completar esta lista: ¿cales faltan? ¿cales sobran?, vos que opinades...
    Grazas

    ResponderEliminar
  4. Xa me tardaba algún vídeo deste estilo!!! Jajaja. Algúns destes vídeos non os puiden ver polo que todos xa sabemos pero bueno, a verdade que son sobradamente coñecidos e moi míticos. Que noviño Zakk Wylde no vídeo, hai que ver o que cambiou ese home xD Gústanme todos pero teño unha maior inclinación por Brian May, gústame dende fai moitísimo. Moi bo artigo de rock, pero xa é habitual neste blog.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...