Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 19 de diciembre de 2009

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) Hoxe: Avatar

Despois de varias semanas no dique seco volve a este blog a sección dos venres (escritas os sábados), e neste caso é o momento de falar de Avatar.

Avatar é unha película dirixida por James Cameron (aquel que fixera Titanic, que agora fixo este filme que ten bastante pouco que ver con aquela) que tiña pensado habela feito xa en 1999, pero como non existía a tecnoloxía adecuada tivo que esperar 10 anos para realizar este proxecto multimillonario (500 millóns de dólares, uns 300 millóns de euros, 3 cristianos ronaldos e unha perna do cuarto; por poñer equivalencias).
Podería fixarme en certos puntos e criticar duramente certas partes pero neste caso non o vou facer posto que esta película SI que me gustou, a pesares dos 165 minutos aproximadamente que dura a película non se fai longa nin pesada en ningún intre, polo que si se podería criticar aos cines por facer un descanso innecesario no medio.
Poderíamos decir que se trata dunha película de videoxogo (ou un videoxogo de película) cuns efectos especiais punteiros, seguramente clara gañadora do Oscar aos efectos especiais. A verdade é que promete unha revolución na maneira de ver e facer cine, pero persoalmente espero que non substitua ao cine de toda a vida, con actores de carne e óso e actuacións dignas de toda alabanza.
Destacar a mensaxe ("oculta") ecoloxista da película e o papel "explotador" das grandes empresas, o cal está moi ben, aínda que desgraciadamente e probablemente nadie o teña en conta ao saíres das salas de cine.
Conclusión: a pesares dun guión e dunha historia máis que predicible, e un traballo cos típicos tópicos de sempre (o tenente do exército sen escrúpulos, soldados que seguramente estean "cheos" de matar xente extranamente pacíficos, a morte dos compañeiros "mártires" do protagonista...) unha película MOI entretida e aconsellable.
Sen ánimo de batallar, o Señor da Xe

4 comentarios:

  1. A min a película tamén me pareceu entretida.....
    Cambiáballe o final, pero dentro do que cabe esta ben.
    é moi longa pero dase visto, non como a de crepúsculo. que os 5 min. xa estás desexando que acabe.... ou irte.
    Que pena que na de crepús-culo non hobera descanso para marxar. jajajaa

    ResponderEliminar
  2. Gran critica dunha pelicula digna de ver, pareceume amillor pelicula que fun a ver desde acreacion deste blog.

    Destacar o momento braveheart,capaz deconvencer o protagonista en un segundo a 20000 guerreiros solo con pejar uns berros.jajajaj

    Pero a min tamen megustou esta pelicula,inda que creo que non morre demasiada xente.

    Un saudo senhor da xe

    ResponderEliminar
  3. A min gustoume moito!! Os efectos especiais son boisimos metente na peli e parece que o mundo e os personaxes son totalmente reais, levoulle tempo pero en canto a realización está xenial! Eu non me esperaba moito porque non sabia moi ben de que iba pero sorprendeume gratamente! Dura moito pero fíxoseme mais amena e pasouseme o tempo mais rápido que con algunha de 90 minutos, é entretida e aconsello vela a que non a vira ainda..

    ResponderEliminar
  4. En especial estou de acordo nun punto: que o cine de toda a vida non sexa cambiado por este. De vez en cando está ben comprobar os adiantos da ciencia no mundo cinematográfico, si, pero non para que se convirta en algo habitual.

    Tamén me gustou moito, máis que nada pola novidade. Pero é totalmente recomendable e digna de ver a pesar da duración. Eu non me aburrín en ningún momento e non se me fixo longa en absoluto.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...