Guns N' Roses é unha banda de hard rock nacida nos Ánxeles en marzo de 1985. O grupo está formado polo cantante Axl Rose, os guitarristas Slash e Izzy Stradlin, o baixista Duff McKagan, e o baterista Steven Adler. O nome deriva da combinación de dúas bandas moi importantes en Hollywood, os L.A. Guns e os Hollywood Rose. Chegou a ser considerada a banda máis peligrosa do planeta.
"Welcome To The Jungle" (1987, Appetite For Destruction)
"Patience" (1988, Lies)
"Live And Let Die" (1991, Use Your Illusion I)
"Civil War" (1993, Use Your Illusion II)
"Since I Don't Have You" (1993, The Spaguetti Incident?)
(Versión da canción de The Skyliners)
"Better" (2008, Chinese Democracy)
(Non é o vídeo orixinal)
(Unha "barrenadura" de Axl Rose)
Os Guns (para min) foi unha pedazo banda (digo foi, porque ainda ke o pasmon de Axl siga usando ese nome para a SÚA banda, non ten nada ke ver), que comezou cun dos mellores albums da historia rockeira, no que todalas cancions do seu tracklist son unha pasada!!! (non me estraña, 1987 foi un ano no que naceron moitas xoias, xD), o problema foi o ego do cantante que tirou ao traste unha gran carreira discografica por meterselle entre os cornos non facer nada máis que baladas e o grupo máis comercial, ke conlevou problemas co resto do grupo (véxase o baixón nos seus traballos co paso do tempo)...
ResponderEliminarUnha pena!! eran a banda máis grande do mundo!!
Veña, veña, opinade...
Unha das bandas que fixo historia co 1º disco.
ResponderEliminarEra unha gran banda e sobre todo un gran slash.
Non é o grupo que máis me gusta, pero si que ten moitas grandes cancións.
A min o disco que máis me gusta é o 1º, xa que os outros me parecen que baixan un pouco de calidade. No obstante, Gran banda que xa rematou (ainda que siga en pe)...
A min encántanme!!!!!! Despois de Queen os que máis me gustan, pero eso si, os discos máis antigos. Teñen moitas e moi boas cancións, foron moi grandes. Como nalgúns grupos dos 80 hai que falar en pasado, unha mágoa porque calidade tiñan para facer unha obra mestra tras outra durante moitos máis anos. E por unha cousa ou outra prohibíusenos de seguir escoitando novos e grandes temas que de seguro crearían se todo fose como tiña que ser.
ResponderEliminarDe todas maneiras non me gusta que se utilice o nome dos Gun's n' Roses para sacar discos que para nada teñen que ver, e o único que fan é desprestixiar á que un día foi unha das mellores bandas de todos os tempos.
Se tivera que escoller algunha canción.... quedaríame con moitas pero por decir algunha "Don't Cry", "November Rain", "Sweet Child O' Mine", "Knockin' On Heaven's Door", "Nightrain" e como non "Welcome to the Jungle".
Formidable si!!! A min tamen me gustan moito, bue basicamente o principio cando estaba Slash, encantanme os seus solos!
ResponderEliminarTeñen cancións boisimas, eran un gran grupo..
Destas que destacaches aquí decir que as que mais me gustan a min son a primeira, Welcome To The Jungle, e mais balada Since I Don't Have You.. Pero bue Civil War tamén está xenial, os últimos dous minutos son unha pasada!!!
Noraboa como de costume!!
ultimamente estanme gustando moito as suas seleccions....e polo tanto os seus artigos...anque empezo o blog por arriba, espero non cambiar de opinion...a min Axel sempre me pareceu un pouco rarito...o certo é que é bastante habitual que unha banda se vaia ó carallo por distintos intereses económicos ou discrepancias internas...temos bastantes exemplos disto....pero que lle vamos facer!
ResponderEliminarEstou dacordo a min gustame moito guns and roses e tamen encantabame como tocaba slash
ResponderEliminarPois en primeiro estou de acordo con vostede en que no 87 esta o millor,jajaja.
ResponderEliminarUn grupo que empezou moi ben pero pouco a pouco foi perdendo o seu estilo, pero weno normalmente é o que pasa o que buscan é a pasta e a pasta faise con musica comercial e baladas.ajjajaja