Despois de varios domingos de silencio...
Apocalyptica é unha banda de (novedoso xénero) Cello Metal formada en Helsinki, Finlandia no 1993 por catro violonchelistas graduados na Academia de Música Clásica Sibelius; e o máis destacable destes é o feito de tocar heavy metal con violonchelos.
O grupo formado por Eicca Toppinen, Paavo Lötjönen e Perttu Kivilaakso; comezou facendo versións de Metallica, para máis adiante realizar cancións propias nun principio só instrumentais para realizar máis adiante colaboracións con diferentes vocalistas. A incorporación de Mikko Sirén á batería conclúe esta orixinal formación.
"The Unforgiven" (1996, Play Metallica By Four Cellos)
"Nothing Else Mattters" (1998, Inquisition Symphony)
"Path" (2000, Cult)
(con Sandra Nasic, ex-cantante de Guano Apes)
"Faraway" (2003, Reflections)
(con Linda Sunbland)
"Bittersweet" (2005, Apocalyptica)
(con Ville Valo de HIM e Lauri Ylönen de The Rasmus)
(2007, Worlds Collide)
"I Don't Care" (con Adam Gontier de Three Days Grace)
"I'm Not Jesus" (con Corey Taylor de Slipknot e Stone Sour)
"S.O.S. (Anything But Love)" (con Cristina Scabbia de Lacuna Coil)
Outra maneira de entender o metal, quitando as guitarras e engadindonlle uns violonchelos... unha aposta curiosa!!! e de feito está moi ben!!! (ainda ke onde se poña unha guitarra....), ademáis que creo que o grupo gañou bastante cando contrataron un batería...
ResponderEliminarHai momentos en que non te das conta de que o que tocan son cellos, ata parecen guitarras...
Gran grupo!!!
Sinceramente non os coñecía... e resúltame curiosa esta "mezcla" da música clásica representada cos violonchelos e o estilo metal, moito máis moderno. Sen embargo gústanme bastante, principalmente porque non perden o estilo metaleiro aínda que teñan nas mans os cellos! Véxase como exemplo "Path" :)
ResponderEliminarConseguen sons moi diferentes, e moi interesantes tamén. Gústanme "Path", "Bittersweet" e "I'm not Jesus" por destacar algunhas das que están aquí.
E nos covers de Metallica fáiseme moi difícil non tararear as cancións! En especial "The Unforgiven".
Alégrome de descubrir un novo grupo, a priori moi interesante e chamativo. Por certo, tiven que buscar información pola rede posto que se me fixo raro que escribira que eran catro violonchelistas e despois só poña o nome de tres, mailo batería. Agora xa sei porque. Gustoume moito o artigo, si, si.
MOOOOOI BEEEEN...a min encántanme....así me gusta, grupos constructivos....jajaja
ResponderEliminarmmmmm asi que tas lendo o de os Homes que non amaban as mullereas....mmmmmmmm ten que estar xenial.....
Xa os tiña visto a verdade é un grupo bastante peculiar haber se aprendedes a tocar un pouco e metedes novos instrumentos nas vosas grabacións de videoclips.jajajajja
ResponderEliminarO que mais me gustou foi I'M NOT JESUS.
Grupo orixinal e con bastante talento. Están ben, a pesar de que actuaron en eurovisión.
ResponderEliminarHaberá que ir a velos en directo. jejeje
bo grupo,e moi bo artigo,siga asi señor da Xe
ResponderEliminarA min tamen me gusta moito este grupo, é moi orixinal e mola como lle quedan os chelos as cancións ainda que as veces non se diferencian ben..
ResponderEliminarGustanme mais as cancións melodicas e as baladas que versionan porque se nota perfectamente a diferencia!!
Destas cancións as que mais me gustan son as primeiras e sobre todo Faraway, gustame mezclada a voz dunha tipa a ultima Anything But love tamén e das miñas favoritas. Bue I don't care tamen esta xenial..
Moi ben, eu xa conocía este grupo e gustabame moito asique moi bo artigo!!!