Boas tardes! Despois dun par de semanas sen pisar unha sala de cine dousenos onte por ir ver esta, unha máis, sobre o home lobo, do que parece que en canto ao cine se refire parece que estea todo dito, posto que esta é unha película que non aporta nada novo ao xa hastiado e tedioso mito do home lobo ou licántropo.
Non vexo adecuado aburrirvos con máis datos sobre esta criatura posto que existen numerosos artigos e exemplos nos outros blogs veciños (para máis información, visitar o blog da señorita Arredemoo cun artigo máis que completo sobre a licantropía)
Esta nova versión dun tal Joe Johnston, é un "remake" do clásico de terror de 1941 do mesmo nome, e "profundiza" nas orixes do mito deste home maldito. Lawrence Talbot (Benicio del Toro), un noble adiñeirado, retorna á propiedade da familia en Blackmoor trala desaparición de seu irmán. Lawrence, xunto ao seu pai (Anthony Hopkins) buscarán ao seu irmán, búsqueda na que descubrirán a súa ansia de sangue.
O gazapo do filme: Benicio del Toro tras ser atacado pola besta no campamento xitano (en canto lla están cosendo) ten a ferida situada no seu ombreiro esquerdo, para máis adiante na cinta, estarse masaxeando a cicatriz da mesma desta vez do lado dereito. (xD..¿quen se fixou?)
Conclusión: outro intento fallido de intentar facer un boa película, unha desas "raras" ocasións que nin a conxugación de grandes e consagrados actores consiguen levar a bo porto un proxecto cinamtográfico.
Valoración final: unha película totalmente prescindible...
O mellor: a ambientación ou a banda sonora...
O peor: que a veces os primeiros planos do "becho" parecían dignos dunha película moi mala de Serie B
É un pouco cutre o artigo pero é que non tiña nin idea de que poñer sobre a peli...
ResponderEliminarValoracion persoal desta pelicula:Regular
ResponderEliminarA min personalmente a película non me gustou.
ResponderEliminarXa me parecía a min que era un remake.
Este non é o meu estilo de cine. Gustanme máis as películas de misterio con algo de suspense.
Leva tempo sen haber unha película decente. A ver se sae algunha boa.....
A min persoalmente tampouco me gustou moito, máis ben pouco. A pesar de contar con bos actores (a última que vira de Benicio del Toro, a do "Che" gustárame moito) pero os papeles dos actores non daban para máis, nin para lucirse nin destacar nin nada. É moi normaliña, pero como ben di, o home lobo é bastante recurrido no mundo cinematográfico e estaría ben que non seguiran con este tema a non ser que sexa para aportar novidades e orixinalidade (se é que a estas alturas aínda se pode).
ResponderEliminarEn canto ao gazapo.... eu pensei que estaba ben porque me pareceu que se reflexaba nun espello... pero agora xa non estou segura e se é así... menudo erro!!! E polo artigo non me parece cutre nin curto porque eu non sabería que poñer, e eso que non me caracterizo por ser parca en palabras xD
Pois a min gustoume!!!
ResponderEliminarEncantame o papel que fai Benicio del Toro e a tipa Emily Blunt pero sobre todo Anthony Hopkins.. Vale, pode ser que non estea sendo moi obxetiva, e que me encanta este actor e casi todas as suas películas e vale, os "bichos" non eran moi reais e as vísceras por alí tiradas recordan a pelis de outro xénero pero eu non me aburrin en ningún momento da película e pareceme que pasar un bo anaco non está tan mal..
Si hai moitas de homes lobo o longo da historia pero creo que non é das peores!
pero a miguel non lle gustara tamen???que cambiachaquetas!!!! jajaja
ResponderEliminarQUE MERDA DE ARTIGOS FAS PA ISTO MILLOR QUEDA DURMINDO,JAJJAJAJ.
ResponderEliminarfas artigos copiando e pegando es un preas.
A pelicula non me encantou pero non me disgustou, porque pareceme un home lobo mais crebles que os de superproducciones como "CREPUSCULO".JAJAJA