Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 3 de abril de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Furia de Titanes


¡¡Canto tempo!! Por mor da miña falta de ideas, hai días que non publico nada no meu blog pero, aproveitando que houbemos rachado coa rutina de 3 ou 4 semanas sen pisar un sala de cine (por diferentes e variados motivos) aproveito para retomar esta antiga sección que comezaba a acumular pó nun recanto escuro deste espazo.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Furia de Titanes é un remake dunha pelicula de 1981 co mesmo nome, basada no mito grego de Perseo (Sam Worthington) dirixida por Louis Leterrier. Nado Deus pero criado como un home, Perseo é incapaz de salvar á súa familia adotiva de Hades (Ralph Fiennes), deus vingativo do Inframundo. Sen nada que perder, Perseo ofrécese voluntario para liderar un grupo de audaces guerreiros nunha peligrosa misión para derrotar a Hades antes de que poida facerse co poder do seu verdadeiro pai Zeus (Liam Neeson), e desatar o inferno na Terra. Como era de esperar a película ten final feliz.
Conclusións: sinceramente, o filme decepciona bastante, salvándose os paisaxes ou a música, o resto parece a típica película de acción lineal, sen argumento, diálogos baldíos e totalmente predecible. Aínda que se agradece (polo menos pola miña parte) a explicación da orixe dos distintos monstros e seres mitolóxicos e o feito de haber mantido máis ou menos "intactas" cada unha das lendas que se refiren na película; as esperadas aparicións dos monstros máis temidos, o Kraken e a Medusa (se alguen descoñece a que me refiro non duden en visitar os artigos de mitoloxia deste blog), non cubren as expectativas debido ao seu desenlace "demasiado" rápido, ao igual que a loita con Hades (un visto e non visto e o malvada Deus xa está de volta ao seu reino subterráneo). Tamén se pode destacar que a utilización do formato visual 3D neste filme é practicamente "inútil", pois supoño que sen gafas apenas se houbera notado a diferenza (non sendo así no prezo da entrada, xD). Poderíase haber feito moito mellor, é a miña conclusión.
Valoración final: se te moven as pelis de acción, ou dependendo do teu nivel de "frikismo" nestos temas (o que me moveu a min a ver esta pelicula foi simplemente a temática completamente mitolóxica) non desenrolarás ningun trauma nin enfermidade de tipo algún se osas ir a vela. Eso si, nunca en 3D (aínda que vostede, querido lector, pode facer cos seus caudais o que mellor lle pareza).

O mellor: para min, a mitoloxía (un tema que sempre me gustou)
O peor: non ofrece nada novo aos espectadores (¿chegará alguén a crear cine de acción novedoso?)

O titánico

4 comentarios:

  1. A min gustame a mitoloxia pero non me entero moito da pataca asique a pelicula gustoume nese sentido porque amosa moitos seres descoñecidos por min..
    Esta bastante ben pero falla en canto o relato da acción creo eu, o principio faise bastante pesada e cando chega a loita e o momento derradeiro pasa nun plis, douche a razón tan temido era o kraken para o final ser tan doado derrotalo, ainda lle costou mais traballo a Medusa!!

    Destacar o papel do tan de moda protagonista e da doce vixiante que para min era totalmente descoñecida pero que me encantou a tipa esa..

    O peor do filme, a clavada do cine, palomitas, e demais parafernarias que contan na opinión final e reducen placer que poidas acadar vendo unha boa peli.. A min gustoume pero creo que sin as molestan gafas e cos 3 euros mais no bolsillo da entrada e os 15 e pico das trapalladas me houbera gustado mais...je

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me gusta a mitoloxía, pero a película pareceume normal. Un pasatempo.
    Non parece que lle adican pouco tempo os enfrontamentos?

    Hai que facer unha dura crítica o 3D, pois nesta película non facía falla en absoluto, pois é igual. Non a recomendo en 3D, xa que ainda lle queda moito por mellorar a esa técnica.
    Ademáis é moi caro. Despois queixanse da crise do cine...

    ResponderEliminar
  3. na vin¡¡¡jajajaj cando a vexa comentareiche algo mentras preasss

    ResponderEliminar
  4. Eu non a vin en 3D, e saín con esa sensación do cine, que non creo que me fose perder nada por vela no cine en plan convencional. Agora despois de lervos xa o teño claro, jaja.

    A min tamén me gusta a temática, aínda que para nada me parece unha boa película. Na miña opinión "perden" o tempo nas viaxes e non nos enfrontamentos, resólvenos moi rapidamente. Para min eran as esceas máis agardadas e lévome un pouco de chasco polo pouco caso que lle prestan. Baséanse máis noutros aspectos que para min son menos importantes, pero bueno, eso coma todo, para gustos...

    O que me chocou bastante foi a doblaxe do protagonista, non sei se vos fixastes, pero a min non me gustou nada. Remataba as frases en tono descendente, con menos forza do que empezaba a falar, e eso é na maior parte das veces tono de sedución. Non sei, a min non me pegaba cun heroe que se dipoñía a realizar tarefas tan importantes para el e para todo un pobo. Os guerreiros que o acompañaban tiñan máis forza e enerxía na voz. Igual vos parece unha tontería, que de seguro o é, pero a min non me gustou con só escoitalo falar. En fin... manías que ten unha.

    En definitiva, outra película normaliña con gran publicidade detrás para garantir unha gran recaudación.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...