Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 8 de mayo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Fast & Furious 5

Que terrible é ir contra da moda, foi o que poidemos comprobar este último venres, posto que nós, febles criaturas do Señor, querendo "utilizar" outras salas contrarias a aquela onde proxectaban a susodita película fumos "conducidos" por erro a vela de igual maneira.
-Conversación pasada ou imaxinaria-
- Sr. Xe: 6 entradas para a sala 1, por favor...
- Rapariga: ¿Para 'El Sicario de Dios'?
- Sr. Xe: Correcto.
....
....
- Sr. Xe: Mira perdoa, que nos diches para 'Fast & Furious'...
- Rapariga: ¿Y no me dijiste para esa?
- Sr. Xe: Non...
- Rapariga: ¿Seguro?
Cara de póker do Señor da Xe...
- Rapariga: Oh, perdona, es que todos van a ver esa...
Despois de rellenar un pouco o artigo de mala maneira e desta pasada conversación decidimos (aínda que nola cambiaban) ir a vela e evitarlle atrancos á rapaza nunha tan díficil tarefa...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

'Fast & Furious 5' ou 'A Todo Gas 5' para os puristas da saga, é un traballo do director Justin Lin, cuxos filmes anteriores coñecidos son a 4º e a 3º parte deste mesma saga (que non das dúas primeiras) e segue as peripecias de Dominic Toretto (Vin Diesel; que ata o apelido lle vai ao pelo para a película) e Brian 0'Conner (Paul Walker) logo da cuarta entrega, só que esta vez logo de axudar a Toretto a fuxir do cárcere, fuxen a Río de Janeiro, para volver a fuxir como única posibilidade para conseguir a liberdade, esta vez enfrontándose a un empresario corrupto brasileño para tal efecto. O reparto, condenadamente coñecido, de novo, Vin Diesel ('Babylon', 'XXX') e Paul Walker ('Bajo Cero', 'Inmersión Letal'), Jordana Brewster ('La Matanza de Texas: el Origen'), e aunandoselles nesta parte, Dwayne "The Rock" Johnson ('Sed de Venganza', 'Los Otros Dos', 'Doom') e Elsa Pataky ('Ninette', 'Didi Hollywood', 'Romasanta').
Conclusións: a pesares de haber visto todalas entregas desta saga (de non velas supoño que acabarías crucificado ou algo así, posto que é o que soe pasar coa xente que non ve estas pelis tan promocionadas, XD) non me considero fan desta saga (que vendo o visto nesta entrega se ve que é rentable e imos ter Fast & Furious pa rato), iso de primeiras. A pesares de todo, intentaremos ser obxectivos.
¿De que vai a peli?, iso é o de menos, como toda película de acción, sacrificará o argumento en pos da espectacularidade e das esceas de risco, as cales non faltarán nesta entrega; e tirará de clichés a mansalva: o guaperas de turno, o mazas chulo de putas pero honesto de turno, as chatis buenorras de turno, o dúo cómico de turno (que non entendo sempre son persoas de cor ou latinos, ¿que pasa? que os ianquis non son simpáticos, ¿só poden ser superduros?) que fagan o que fagan e se enfronten o que se enfronten sairan airosos de todos e cada un dos perigos que se lles poña por diante; os ianquis paseandose ás súas anchas (quero dicir, a tiros) por onde lles place, etc etc etc, pero sexamos ecuánimes, ¿non é acaso esto o que se espera dunha película de acción?, pois neste punto 'Fast & Furious 5' ten de sobra para os máis adrenalíticos, e vaticino que as vindeiras entregas o serán máis, posto que no momento que a saga perda espectacularidade irá perdendo fuelle a marchas forzadas (por suposto, non vamos a entrar nas leis da física en canto a certas esceas, XD)
Para rematar tan tristes conclusións vou comentar algo que agradezo e me gustou desta película, e algo que non me gustou para nada. Para min, o maior punto a favor deste filme é o feito de que o mundo do tunning se deixou de lado (máis ou menos) para facer simplemente unha peli chá de acción (supoño que para a gran maioría ese é o principal punto a favor da mesma). Algo que non me gustou, vale que xa non esperaba unhas grandes actuacións na pantalla, pero dende esta entrega non podo máis coa actitude (que por certo lle ven que nin pintada) do personaxe de Toretto, esa pose de, tranquilos todos, botademe o que queirades que total vou poder co que sexa... XD.
Con todo, o éxito rotundo en taquilla o ten máis que asegurado.
Valoración final: unha "flipadura" que entreten (a estas alturas non me vou a desenmascarar como unha persoa á que lle gustan as pelis de acción) pero convertida nunha mera transición (ATENCIÓN SPOILER IMPORTANTE iso de volver a meter "con cuña" case o personaxe de Michelle Rodríguez, a moza de Toretto na largometraxe, cando na catro lle meten un tiro na cabeza non sei non sei FIN SPOILER IMPORTANTE) para seguir explotando a galiña dos ovos de ouro.


O mellor: que se houberan equivocado coas entradas (visto o visto, creo que 'El Sicario de Dios' ía a ser peor...XD)
O peor: que se houberan equivocado coas entradas (ao final fumos a ver esta... XD)


O intachable

2 comentarios:

  1. Quen queira ver o SPOILER que subraye co rato a parte que aparece en branco...

    ResponderEliminar
  2. ben,sorprendeme q a fora ver votede,pero o destino é así,jajaja. A min fixoseme algo-bastante extensa (igual era pq m quedaba durmida e non estaba eu moi católica no cine)pareceme q coa accion se pasaron un pouco-moito de voltas,sintoo pero para o meu gusto faltaron cochazos anque apareceu algun subaru q son os q deben pagar parte da peli,non foi nada deslumbrante coma noutras entregas,anque teño q recoñecer q me gudtou mais q entregas anteriores,parece q conseguiron resucitar a saga,anque o de resucitar á morta tamen me parece xa darlle mais voltas do debido....Sorprendeume o q gastaron en reparto mi madriña,non me extraña q non lles dera pa coches...q si os protas clasicos,the rock,etc..si me chamou a atencion,pero esa debia ser a idea,por certo nn me gustou nada o papel do policia de the rock...e inda bo é q a Pataki non lle deron moitas frases e se limitou a facer de cara bonita que era po q estaba...e escenas de sexo??pq non houbo escenas de sexo??o q eu decía,cambiaron un pouco a liña a saga para facela algo mais comercial,anque para min todo era compatible,e non facia falta tal reparto nin tantisima accion inverosímil...

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...