Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 29 de mayo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: El Discurso Del Rey


Con 12 nominacións, e gañadora de 4 Oscars: mellor película, mellor actor, mellor director e mellor guión, 'El Discurso del Rey' foi a triunfadora da última gala das famosas estatuillas douradas; e con todo esto non podía ser que cando por fin a película cae na carteleira dos cines que nós visitamos asiduamente faltásemos á cita ou desaproveitáramos a oportunidade de vela.


¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Tom Hooper (tras como sempre unha rápida ollada á súa filmografía, director de varios telefilmes e dunha descoñecida 'The Damned United) é o artífice da película que ocupa desta vez o artigo, na cal á cabeza da mesma Colin Firth ('La Última Legión', 'El Retrato de Dorian Gray') e Geoffrey Rush (a longa saga dos piratas do Caribe, incluso a recente 'Piratas del Caribe: en Mareas Misteriosas', 'Munich', 'Frida') encabezan (valga a redundancia) o cartel e o reparto, sendo ao mesmo tempo as principais bazas do disfrute desta largometraxe. Helena Bonham Carter, a muller de Tim Burton (a saga de Harry Potter, 'Alicia en el País de las Maravillas', 'Big Fish' e algunha máis do seu home); Guy Pearce ('La Carretera', 'En Tierra Hostil') ou Timothy Spall (de novo a rentable saga de Harry Potter, 'Appaloosa', 'El Último Gran Mago') como o primer ministro británico, Winston Churchill; completarían o resto do plantel desta historia fílmica.
Historia fílmica que versa do seguinte: trala morte do seu pai Jorge V, e da abdicación do seu irmán maior Eduardo VIII, o duque de York (Colin Firth) convírtese en rei de Gran Bretaña co nome de Jorge VI, co problema da súa tartamudez e co lóxico atranco que esta supón para o exercicio das súas funcións. Isto conlévao a buscar axuda en Lionel Logue (Geoffrey Rush), un logopeda pouco ortodoxo que coas máis "variopintas" técnicas intentará eliminarlle ese defecto ao rei.
Conclusións: comezar dicindo que non sei se esta película é a merecida gañadora dos últimos Oscars, intentando ser obxectivos (posto que non vin, aínda, todalas que se presentaron á susodita edición) e tendo en conta que, unha vez recibido a noticia dos seus recoñecementos un servidor aumentou de forma repentina (e supoño esaxerada) as expectativas formadas ante a mesma. En resumidas contas, o principal problema foi o tempo que me levou meterme de cheo na película, socavando a opinión que poidera formarme sobre a calidade do filme, dito sea de paso, calidade que está máis que presente nos aproximadamente 120 minutos que a mesma dura. A pesares de todo isto, a película non aburre en ningún momento, e seguramente tales argumentos negativos retratados máis arriba se deban máis a algún defecto de burro do escritor desta crítica, xa que unha vez situados, e ben situados, a película é moi entretida e recomendable ata a súa fin. E gran parte da culpa desto último a teñen os seus principais protagonistas, e consecuentemente os papelóns dos seus actores principais: Colin Firth simplemente, sailese (neste punto si que creo, sen haber visto todalas nominadas, que o Oscar é merecidísimo). Geoffrey Rush, como ese "arranxador" de defectos da fala tan rimbombante e simpático, é o punto cómico da cinta (débese ter en conta que o Señor da Xe no prazo dunha semana veu a este mesmo actor en Piratas del Caribe facendo do capitán Barbosa e o contraste é máis que evidente, sumándolle esto valor á crítica... XD). Helena Bonham Carter tampouco se destapa nesta película como unha boa actriz, e o seu papel como de costume non está mal realizado.
Valoración final: a resposta das últimas críticas, van 5 de 10 e non fago máis que reafirmar a calidade das últimas películas presentadas aos Oscars. Moi por encima da mediocridade que abunda normalmente en carteleira.


O mellor: Colin Firth, Geoffrey Rush e algunha escea tronchante de tan extranas técnicas utilizadas por Lionel (véxase, a escea dos tacos... XD).
O peor: as altas expectativas autoimpostas en relación á película, provocando unha mínima sensación de decepción.


O honorable

2 comentarios:

  1. contra todo pronostico moi boa pelicula k me negaba a ver pero k recoñezo me sorprendeu gratamente e k calificaria cun notable alto ....recomendolla a todo o mundo k keira ver unha boa peli .....un saudo

    ResponderEliminar
  2. Creo que xa dixen no artigo da edición dos Oscars que me gustara moito, en especial o sobresaínte papel dos actores. Para min máis que merecido o premio a Colin Firth e a dúbida de Rush (este tiña unha difícil competencia) como claros protagonistas do filme. Bonham Carter dentro da súa liña, non fai papeis moi destacables pero tampouco ten actuacións desastrosas, algo é algo.

    É bastante longa pero non se fai pesada nin cansada de ver, no meu caso non, dende logo. O resumo pode ser moi simple pero a historia está moi ben aproveitada, coa metraxe perfectamente axustada sen que se bote en falta nada, moi ben levada a cabo e rematada da mellor maneira posible. A ambientación e os escenarios son impecables, e tendo en conta que se trata dunha película de temática histórica non sempre se salva de xeito satisfactorio pero para min, neste caso, ademais con nota.

    Ao igual que dixo no comentario anterior Jose, totalmente recomendable e digna de ver, ultimamente é algo que non abunda.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...