Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 29 de mayo de 2011

Discos imprescindibles IX*

*Adicado ao Señor da Z

Muse - "Origin Of Symmetry" (2001)
¿O mellor disco desta banda ata o momento?


---------------------------------------------------------------

Hamlet - "El Inferno" (2000)
Na procura do sonido Hamlet.


---------------------------------------------------------------

Dream Theater - "Systematic Chaos" (2007)
Outra (máis) obra mestra desta gran banda.




O estimable

4 comentarios:

  1. Como son boa xente e tal vou co paso do tempo, dos artigos e dos comentarios aumentando a miña sección de Discos imprescindibles con artigos especiais adicados ás persoas que (máis ou menos obrigadas ou non) seguen a comentar neste espazo... lóxicamente comezo cos meus compañeiros blogueiros, posto que ArreDemo será a seguinte (buff, que complicado... jajjajaja)

    Prepárense:
    - Natalia
    - Pepe Chancludo e
    - Jose

    Espero atinar coas eleccións, asi que non me crujades cos erros indudables que vou a cometer seguramente... XD

    P.D.: ao mellor a xente se anima a comentar de novo polo feito de que lle faga un especial.

    P.D.2: este vai para vostede SR. DA Z!!!

    P.D.3: o resto tamén pode comentar!!!

    ResponderEliminar
  2. Eu que lle quería deixar o honor de comentar o primeiro ao aludido por este artigo pero bueno, como adoito levar unha orde cronolóxica dentro do que podo... síntoo! xD

    Paréceme moi interesante esta iniciativa, sobre todo gustaríame ver que se equivoca para que alguén o poida "crujir" nun comentario. Particularmente, e sen querer quitar mérito ningún, o meu caso é o máis sinxelo de todo, "malo será" que se equivoque xD

    Dos grupos nomeados, o que menos me gusta é Hamlet, tamén confeso que xamais escoitei un disco enteiro, non me chaman moito a atención, así que tampouco podo opinar. Pola contra Muse e Dream Theater (un máis dos que coñecín por estes mundos, agradecida unha vez máis) me gustan moito. Moi bo gusto este Señor da Z xD

    ResponderEliminar
  3. Grazas por adicar un espazo a esta humilde e inútil persoa.
    Xa sei que tardei bastante en contestar, pero é debido exclusivamente a extrema vagancia. Bótelle a culpa a iso. XD

    Nos grupos expostos acertou, todos me gustan!!
    -- Muse: Un gran acerto poñer o seu mellor disco.
    Sempre dixen que boto de menos a estes Muse, o dos 3 primeiros discos. Moi bo directo e boas canción. Creo que o paso do tempo e sobre todo o éxito de masas, seguramente non lle foi beneficioso. No obstante, seguen tendo moita calidade e espero que retomen a boa senda que perderon tras os últimos discos.

    -- Hamlet: Se falamos de metal en castelán, hai que recoñecer que son os mellores. Un gran grupo que xa leva 20 anos en activo e que creo que nunca acadou o seu recoñecemento. É un destes grupos odiados ou queridos, non hai termo medio.
    O disco aqui posto creo que é o mellor deles. Grandes cancións e grandes letras. Discazo!!

    -- Dream Theater: Son xenios, ainda que tamén hai que recoñecer que son difíciles de escoitar. Naceron para a música e para tocar cada un o que toca. é unha das miñas debilidades, ainda que as veces as cancións podense facer un pouco longas.
    O disco resaltado seguramente non sexa o mellor nin o máis completo, pero ten moi boas cancións e me gusta moito.

    Grazas pola adicatoria!!!! Por aqui ando, vagando e comentando como un eco do que un día fun. XD
    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. De nada home, llo adico porque é de gratís... senon outro galo cantaría... XD

    Ei de confesar que a súa dedicación non foi nada complicada, e aínda que pareza que só errei co disco de Dream Theater foi para non repetilo doutro artigo algo máis antigo de discos imprescindibles, especial Dream Theater... XD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...