¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
Unha vez rematada a triloxía de Gore Verbinski (o director das tres primeiras partes), a franquicia dos piratas continúa adiante da man, esta vez, de Rob Marshall, director ao mesmo tempo da recente 'Nine', ou das anteriores (e coñecidas) 'Chicago' e 'Memorias de una Geisha', e digo continúa, xa que a continuación desta xa está máis que asegurada (de feito creo que xa está ata anunciada dende incluso antes que esta fora proxectada) e non rechacemos vindeiras corolario desta cuarta.
Eliminamos a Keira Knightley e a Orlando Bloom; mantendo ao imprescindible Johnny Depp ('The Tourist', 'Alicia en el Páis de las Maravillas'), no seu inherente papel do aloucado pirata e capitán Jack Sparrow, ou a Geoffrey Rush ('El Discurso del Rey', 'Munich'), no seu alter ego do capitán Héctor Barbosa; engadindo nesta a Penélope Cruz ('Nine', 'Los Abrazos Rotos'), como unha antiga conquista de Sparrow, e a Ian McShane ('Expediente 39', a serie de 'Los Pilares de la Tierra'), consumado como villano da película, o temible e temido Barbanegra. Seguindo estos pasos completamos o notable reparto.
A sinapse intenta máis ou menos seguir onde se quedou na anterior largometraxe da serie (digo máis ou menos xa que aínda que se seguen os acontecementos da precedente, dalgunha maneira preténdese enfocar o producto noutra dirección), co capitán Sparrow na procura da lexendaria Fonte da Xuventude, cruzándose no seu camiño a fatal Angélica e o renombrado Barbanegra.
Conclusións: primeiramente comentar que o meu inicial escepticismo hacia este título foi finalmente medianamente (sexamos benévolos, máis que medianamente) derrubado; esa rara aficción da meca do cine de explotar ata a saciedade os títulos máis rentables que cruzan o charco, asi como a presencia no filme da "nosa" Pe, eran as principais culpables. En canto ao primeiro, haberá que se ir acostumando (a pesares de que é ben certo que o tema xa está algo "estirao" de máis e xa comeza a frouxear a película é moi entretida e recomendable); en canto ao segundo, pois bueno, Penélope Cruz non desentona nada nesta aventura (sintoo, pero queda claro que non son fan da "nosa actriz máis internacional").
As principais bazas de 'Piratas del Caribe 4' veñen de parte de dúas das caras principais do reparto, Johnny Depp (este si é o papel que lle ven ben, con todos esos xestos que caracterizan a Sparrow tan seus) e de Geoffrey Rush (a volta de torca ao personaxe de Barbosa ao principio da peli é do mellor da mesma); fastidiando un pouco o pastel Ian McShane como Barbanegra; presentado como o pirata ao que temen todolos piratas, terriblemente despiadado e malvado; cousa que só demostra nun par de ocasións, no resto das veces non dá o pego como ese personaxe tan condenadamente pérfido. Tamén hai que mencionar que todo este universo de Piratas del Caribe se segue a facer peli a peli máis fantástico (este adxectivo pode facer mención, ou non, á calidade); tiñamos esqueletos, maldicións, o kraken, a Davy Jones (encargado de transportar ao inframundo as almas dos afogados), criaturas mariñas antropomorfas; engadamos agora, a Fonte da Xuventude (que otorga anos de vida a costa de roubarllos a outro), belas e malignas sereas, etc etc etc; cousa que pode gustar a moitos pero deixar de facelo a outros tantos.
Valoración final: repetindo o de máis arriba, película moi entretida e recomendable.
O mellor: a popular banda sonora e o personaxe de Barbosa e Sparrow (seña de identidade da saga).
O peor: certos síntomas de esgotamento.

Confesoo, eu pensaba que ía estar peor... XD
ResponderEliminarainda así non me motiva demasiado...pero unha vez mais este artigo deixa claro que o frikismo cinéfilo do da Xe non ten límites,sí señor...jajaja e q os artigos de cine son tan currados...q fan pensar a un que debes ter na cassa estanterias cheas de peliculas coma nos videoclubes...jajja
ResponderEliminarSon tan curraos que me leva 15 minutos facelos... buff, XD
ResponderEliminarpareceme unha peli entretida sen máis para pasar 2 horas divertidas .....unha continuación recaudatoria das anteriores entregas k nada ten k ver coa historia principal da trioloxia pasada ....menos mala do k pode parecer grazas ao gran jack
ResponderEliminarNon sei porque se me pasara comentar esta peli...
ResponderEliminarParece ser que fomos con poucas pretensións vela, por iso ao final non nos pareceu mala. Polo menos polo que a min respecta, poucas esperanzas tiña en que me ía gustar e ao final, nin tan mal. Moita parte disto ten a ausencia de dous dos protagonistas e a incorporación de "Pe" (dito sexa de paso, tampouco é unha actriz que me guste demasiado aínda que faga algúns papeis decentes).
O que si teño claro é que como se marchen tamén Depp e Rush para min xa o perde todo definitivamente. Nese caso sería mellor que desen a saga por rematada e non agonizar en posteriores películas con incorporacións dudosas. Aínda que claro, o dólar é o dólar e normalmente pesa máis iso que un final digno.