Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

lunes, 30 de agosto de 2010

Concerto Xacobeo 2010 The Right Ons+Jonsi+MUSE+Pet Shop Boys+Dj Vitalic

Despois de ler varias críticas, comentarios e crónicas sobre este festival pola rede tocame a min facer a miña entrada particular desa noite. A miña (nosa) falta de experiencia neste tipo de eventos, polo feito denunciable da falta de grandes concertos (de grandes artistas) na nosa Galiza, fíxonos ir cara o Monte do Gozo coma quen di "aínda coa comida no estómago" para coller un bo sitio nas colas. Sen incidentes e sen acadar excesivas cotas de aburrimento pasamos ambolos dous controis pertinentes para acceder ao recinto onde ia ter lugar o show. O Monte do Gozo pareceme un lugar que se se sabe aproveitar é perfecto para acoller este tipo de festivais.
Xa estamos dentro do que ía a ser o noso primer festival do Xacobeo. O cartel completo: Dj Poti (¿?), The Right Ons, Jonsi, MUSE, Dj Caradeniño (¿?), Pet Shop Boys e Dj Vitalic (¿?). Un pouquiño unha amalgama de artistas e un berenxenal de xéneros me parece a min. Eu esperaba un festival de rock (polo que non entendería a presenza de tantos Dj's) e sinceramente só ia ver a Muse (o resto non os coñecía ou me soaban, como os Pet Shop Boys).
Xa no meollo da cuestión, e da xente, comezou a súa sesión Dj Poti (seica o Dj do Playa Club da Coruña me pareceu ler por algures), que debido ao seu entusiasmo, e a miña reticencia e opisición contra desta música (se pinchar é poñer música xa o fago eu todolos días na casa, e... se A entón B... eu son Dj, xD) se nos fixo algo longa a hora que estivo detrás dos platos.
O segundo turno era para a banda indie-rock galego-madrileña The Right Ons, na que pudemos escoitar algún que outro guitarrazo e algún solo de mención, e algo máis acorde ao que me esperaba atopar neste festival.

En terceiro lugar aparecería o gran descoñecido (para min) Jonsi, que polo que puiden ler fixo un concertazo cunha posta en escea espectacular, etc etc etc, pero que para min (por ignorancia, incultura, por "cerrao"...) me pareceu horrible e aburrido, opinión compartida por moitas que pululaban ao meu arredor (non é culpa do músico finlandés, nin defendible os comentarios e "burradas" que se oian por alí, o responsable último sería máis ben a organización por preparar un cartel tan dispar).

Tras máis de 8 horas de pé, escarallaos perdidos, por fin iamos tela oportunidade de ver a Muse (ao novos e calmaos, posto que para os "toleirans" chegamos con anos de retraso...xD). E aquí comeza a miña crónica de verdade...
Saltan a escea entre o clamor ensordecedor e xa nos brindan a gran New Born, nesta actuación inmersa no seu tour presentación do seu último álbum "The Resitance", cun gran xogo de luces (extendible ao resto da escasa hora e media de actuación) e con gran enerxía por parte dos integrantes deste grupo (polo menos para min, tamén é certo que é a primeira vez que os vía).


O set list completaríao: Map Of The Problematique, Uprising (1º single deste último traballo), Supermassive Black Hole, Guiding Light, United States Of Eurasia (a única da noite con Bellamy ao piano), Undisclosed Desires (coa que disfrutamos dunha rara órgano-guitarra azul brillante, mostra do gran elenco de 6 cordas co que conta o cantante e líder de Muse), a esperada Stockholm Syndrome (a pesares da falta de fe do Señor da Z, non podía ser que non a tocaran por unha vez que iamos, xD)...

... Resistance, Time Is Running Out, Starlight, a imprescindible Plug In Baby (coa que sen enganarme, creo que todo dios saltou...xD) antes do parón que sempre se fai para que a xente lle pida outra a berros...

O fin de festa puxoa Hysteria e a elexida para a meirande parte dos seus finais, Knights Of Cydonia.


O concerto foi unha pasada, o mellor concerto no que puiden estar presente, a pesares do cansancio acumulado, da miña perna a medio furrular, o público (e nós con él) (bueno eu menos, xD) saltou, cantou e sobre todo, e máis importante, disfrutou.

¡Os señores, o ex-signore e uns compañeiros disfrutamos coma enanos! ¡Abofé, que si! xD

Xa non podiamos máis, polo que nos diriximos cara as gradas para descansar un pouco mentres sufriamos as tonterías de Dj Caradeniño, e as súas aberrantes versións de cancións rock (sintoo, non me gustan nada os dj's)
Con certo retraso, cun algún que outro abucheo pola espera, puidemos ver aos míticos Pet Shop Boys (como a música non era santo da miña/nosa devoción disposemonos a difrutar do espéctaculo visual que ofrece este dúo). Aínda que non os vimos enteiros, podo decir que nos sorprendeu como con "pouco se pode facer bastante" (unha "austera" posta en escea composta por simples caixas, pero igualmente orixinal e brillante) e a retahíla de efectos e "cousas raras" que facían e sacaban en cada canción...

Dj Vitalic non tivo o honor, nin o gusto, de contar coa nosa digna presenza, asi que nada podo comentar ao respecto.

¡¡Esperamos repetir nunha pronta ocasión!!

A proba irrefutable do noso disfrute... xD



O pletórico

7 comentarios:

  1. Esta, a miña segunda crónica dun concerto, si a puiden facer co meu propio traballo audivisual...xD, polo que coa atención debida e suficiente podese disfrutar de comentarios do máis variopinto...xD

    Para ver o resto dos videos visitade o Youtube (ao lado dos videos de Tisiqueeschino...xD)

    Para buscar: (nome do grupo) en Santiago (Xacobeo 2010)

    ResponderEliminar
  2. Si que estivo moi ben o concerto. Hai que repetir.

    Pode que non fora o mellor e mais espectacular de Muse, pero é o que fumos nos, e polo tanto un dos mellores para nos.

    Valeu a pena a espera e a ver cando imos o seguinte, que terá que ser en madrid ou portugal, porque aqui me da a sensación que so iremos os míticos (Hamlet,Koma...)

    Próximo obxetivo: Dream Theater (tarde ou temprano terán que ir a madrid)

    A que sae guapo mochilaman no video? XD

    ResponderEliminar
  3. ¡¡¡Mira que sae feliz mochilaman no video!!! jajajajaja...

    ... señooor!!! baixe de ahi... que se vai mancar!!! xD

    ResponderEliminar
  4. jajaja. Que Ben o pasamos, a pesar da nosa fama de aburridos e serios. Creo que a xente non nos conhece ben. Xa estou esperando o próximo gran concerto. A ver se no 2011. Senon imos o rock am ring a alemania.jajaja

    ResponderEliminar
  5. Tiña que ter sido impresionante estar alí no medio!!!! Xa con só ver os vídeos se me pon a pel de galiña... Sobre todo cando se ve a todo o mundo saltando e berrando... a envexa corre polas miñas veas!!! :)

    Pero só agradecer o material exposto e o artigo ao completo, tamén me pasei por Youtube por suposto (intenteinos ver todos, por eso a miña tardanza comentando). Alí puiden comprobar que había fans de Chayanne infiltradas... (ás que mandaban calar non entendo o motivo xD) caras que me soaban bastante... xD... algún que outro gorgorito... xD Pero sobre todo moita alegría e entusiasmo, e non era pa menos!!!

    O dos comentarios está ben, pero en bastantes vídeos precisaríanse subtítulos porque non se chega a escoitar o diálogo completo, polo menos no meu caso. Pero son moi simpáticos.

    Que sorte o Señor da Z, el si que tiña boa panorámica dende as alturas!!! :) E unha cara de felicidade que sobran os comentarios!!! :)

    De Jonsi non vou decir nada, vin o outro vídeo del no que non está cantando, é unha locura de actuación, pero non do meu gusto.

    The Right Ons, non os coñecía pero estes 0:40 min déixanse escoitar, non sei no resto da actuación.


    P.D: A primeira vez que lin Dj Caradeniño, lin sen prestar moita atención e a miña cabeza asimilou Dj Cadeliño. Quedeime pensando un anaco e enseguida me entrou a risa pensando que estes xa non sabían que inventar para ser orixinais. Xa cando o lin na última parte do artigo o fixen correctamente, pero non me diredes que non é máis divertido Dj Cadeliño xD xD

    ResponderEliminar
  6. uf pos si que debeu estar ben!!a seleccion das cancions que fixeron po concerto serian as que eu escollería tamn...o mellor vídeo o de mochilaman...(¿¿quen lle estaba metendo mano segade??)por unha parte pesoume non ir...pero gustoume a túa crónica!!!!eu tamen lin cadeliño...jajaa faltou o vídeo del aer que cara tiña!jaja

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...