O período estival caracterízase pola gran cantidade de películas que saen á gran pantalla (xeralmente malas... xD) e pola contra, pola escasa asistencia das nosas mercedes ás salas de cine. Para ir pouco en contra da norma, onte fumos, e para máis, vimos unha película (que na miña opinión) está moi ben!!
Aqui comeza Origen...
Origen (Inception) sae da cabeza e das mans do director Christopher Nolan (El Caballero Oscuro, El Truco Final, Batman Begins e a rara Memento, entre outras) e conta cun reparto máis ou menos coñecido e re-coñecido: Leonardo DiCaprio (Shutter Island, Infiltrados, Diamantes de Sangre...), Ken Watanabe (El Último Samurai, Cartas Desde Iwo Jima, Memorias De Una Geisha...), Jospeh Gordon-Levitt (G.I. Joe), Marion Cotillard (Enemigos Públicos), Ellen Page (Juno, An American Crime...), Cillian Murphy (Sunshine, Batman Begins, Vuelo Nocturno...), Michael Caine (Batman Begins, El Caballero Oscuro), entre outros.
A sinapse é a seguinte: Dom Cobb (DiCaprio) é o mellor do mundo no arte da extracción: apropiarse dos segredos do subconsciente xusto no momento no que a mente da vítima é máis vulnerable: durante o soño. Esta extraña habilidade fai de Dom unha persoa moi codiciada no mundo do espionaxe corporativo, pero que tamén o condeou a ser un fuxitivo internacional, costándolle todo o que unha vez quiso. Agora ten a oportunidade de redimirse e volver a ter a vida normal que desexa, pero para elo él e o seu equipo deben realizar o contrario ao que viñan facendo habitualmente: a incepción, que consiste en implantar unha idea no subconsciente no canto de sustraela. Sin embargo, o plan parece perigar cando entra en escea un poderoso inimigo que parece predecir todolos seus movementos, un inimigo que só Cobb pode ver vir...
A curiosidade do filme: Michael Caine, que é o que fai de pai de DiCaprio, é o mesmo que fai de maiordomo da familia de Bruce Wayne, Batman, nos dous filmes de Nolan sobre este personaxe (Batman Begins e El Caballero Oscuro).
Conclusión: a verdade é que este director xa me sorprendera con El Caballero Oscuro (si, é unha película dun heroe de cómic, pero está realmente ben feita cun guión tamén moi bo...) e a verdade que o volveu a facer con esta largometraxe (tras unha ollada á súa filmografía doume conta que vin case todalas súas películas e que as que vin me encantaron..), polo que eu persoalmente, vou a seguir moi de cerca a este director. Origen é, a pesares de facer cine comercial, un gran traballo: orixinal e "hipnótica", a pesares das 2 horas e media que dura o filme en ningún momento (polo menos pola miña parte) chegas a ter unha sensación de verdadeiro sopor ou abatemento (ben é certo que o ritmo é pausado, e que ás veces dá a sensación de certos "baixóns" no mesmo); cunha trama complexa, pero que non hai que ser moi listo para conseguir seguila (principalmente, cando na mesma película os actores se encargan de ir explicando como funciona o mundo dos soños e cal é a tarefa de cada un ao realizar a "incepción", que dá título ao filme e que para nos é Origen), a pesares da forma de enrevesar o final, coas distintas esceas de cada soño dentro doutro soño, coas súas variacións temporais particulares (isto entenderase ao ver a película, xa que parece ser que o transcurro do tempo non é o mesmo na realidade que nos soños)
Por outra banda, Leonardo DiCaprio parece ter últimamente a molesta teima de "darme nos dentes": un actor que a min nunca me gustou, está a facer que me trague as miñas propias verbas con traballos coma este ou o que fai na gran Shutter Island (con grandes semellanzas coa que nos atañe neste artigo, debido sobre todo á temática e a certos planos audivisuais... dos que vimos ambas pelis, ¿quen non, a longo do filme, pensou que por veces estaba volvendo a ver a película de Scorsese?), e mencionar tamén o papel da descoñecida Marion Cotillard, excelente. Seguindo cos actores, atención á carreira da xoven Ellen Page, que xa fixo películas con grandes interpretacións coa miña mesma idade (vede An American Crime e Hard Candy, e comentademe... nesta segunda sen ser unha película de terror a rapariga da verdadeiro medo toparse con ela a soas)
Valoración final: non é a película perfecta, pero é unha gran película. Moi recomendable, a proba de que se pode facer cine comercial para o verán de maneira intelixente.
O mellor: o guión, para min ten mérito inventar todo isto, ir complicando unha trama xa de por sí complexa e sair airoso con todo ben clariño e ben explicado, incluso deixandonos coa dúbida ao final...
O peor: posiblemente, a duración...
Aqui comeza Origen...
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

¡¡Atención, este comentario pode conter detalles sobre a trama!! xD
ResponderEliminarA min a película, creo ke kedou klaro... gustoume moito!!! e de feito navegando, navegando, descubrin unha curiosidade que creo nadie nos debimos dar de conta (hai xente moi friki na rede...)
Supostamente, DiCaprio ao soñar sempre leva un anillo de bodas; as esceas que se refiren á realidade nunca o leva, por iso na escea final, cando totem está a xirar e non se sabe se este vai caer ou non... o tipo non o leva, polo que se sabe certo que é a realidade...
¿¿¿Vos que pensades que o totem vai seguir xirando ou que acaba caendo??? xD
Teño varias puntualizacións que facer, eu aviso con antelación por se o comentario se me extende demasiado... xD
ResponderEliminarA idea principal de que che gustou, totalmente de acordo, é unha película moi boa na miña opinión, cun reparto de bastante nivel, e un guión impresionante. Volvo coincidir co do director, é relativamente novo nisto pero conta cun bagaxe de filmes de moi boa calidade. Memento si, é rara, será por iso que me gusta tanto.
En xeral comparto as ideas pero teño algunhas puntualizacións que facer, comezo:
- Na conclusión escribes que a pesares da duración en ningún momento se fai pesada (a min tampouco e creo que esa é a sensación xeralizada), no peor pos que é a duración. Se non se fai pesada... non o entendo. Eu prefiro ver unha película da duración que sexa se me está a resultar entretida que ver unha de 80 min e estea a desexar que remate. Imaxino que a todo o mundo, vale, pero logo non entendo por que a duración se pode considerar algo negativo ou positivo sempre e cando che estea a gustar... non? Non sei se me expliquei ben...
- O da "descoñecida" Marion Cotillard... tampouco estou de acordo. Igual non é a máis recoñecida no panorama (a nivel de premios) pero xa conta con algúns no seu palmarés, sobretodo por "La vie en rose", na que interpretou a Édith Piaf, outra curiosidade posto que unha canción dela aparece neste filme para despertar aos que están no soño...
-Eu tamén destacaría a banda sonora, que volta ser de Hans Zimmer, que me encanta persoalmente.
-Ellen Page tamén me gusta, e cada vez máis DiCaprio. Parece que se empeza a xuntar con directores que lle saben sacar partido, e non o que facía antes.
Gustoume moito, boa peli.
SPOILER xD
ResponderEliminarPolo demais... eu penso que vai caer, de feito tambaléase un pouco e xusto despois remata a película. Eu teño que confesar que en canto cheguei a casa mirei por internet opinións do filme e tamén dei cunha páxina inglesa no que explicaban o detalle do anel nalgunhas escenas. Tamén se comenta que os nenos medraron dende que os veu por última vez a cando os ve na casa nas derradeiras escenas do filme. E claro, todo esto tiña que comprobalo. E que tiña a sensación de que me faltaba algo, de que para min aínda non rematara a película posto que a miña cabeza seguía a darlle voltas ao do totem. Así que cando a vin por segunda vez, coñecendo xa ese detalle... a miña cabeza parou e xa fun durmir. Seino, vaime mal xD
Pero bueno, aínda que non soubera isto, eu era da idea de que caía, aínda que o final che cree algunha dúbida. Ademáis os nenos acaban por darse a volta e se lles ve a cara, cando no recordo que tiña deles, eso nunca chegou a pasar.
A pelicula dura 2 horas e media e non sei fai pesada, pero eu creo que podia facela igual de boa cunha pelicula de 2 horas simplemente... ainda que o traballo sea bo todo dios se cansa de botar 2 horas e pico mirando pa unha pantalla...xD
ResponderEliminarP.D. Pregunta no blog habere cantos coñecen a DiCaprio e cantos a Marion Cotillard esa... creo que fixo peliculas pouco coñecidas... a pesares de que aparecera en Big Fish, Enemigos Publicos ou a recente Nine; para min segue sendo pouco coñecida... ainda que teña un cento de pelis francesas (que raramente a xente ve, xD)
Puxen que o peor era a duracion mais que nada porque non sabia que poñerlle... que foi para vos O MELLOR e O PEOR da pelicula...
ResponderEliminarVeña, molladevos e a opinar!!!
Bueno, pois eu non me canso de estar 2h e pico mirando pa unha pantalla xD Sempre e cando o que estea a ver me guste, evidentemente.
ResponderEliminarVale, non é tan popular coma outras pero clasificala como descoñecida... Tampouco mo parece.
O MELLOR: O guión
O PEOR: algún "baixón" durante a película
Esta ben esta película. O guión é orixinal e é unha historia entretida e revirada, so que tamen coincido que quizais un pouco longa.
ResponderEliminarTamen ten algún baixón, como por exemplo o final que é como moi rápido.
No obstante, boa peli.
O mellor: O guión e as actuacións
O peor: A duración e o final
En canto o totem, esta claro que cae, asi que supostamente está na realidade
PD: Curioso dato o do anel, a verdade é que non me fixei, pero ten lóxica, posto que no soño pensa que está casado e na realidade non o está.
Si, pensei que o comentara pero tiña vostede razón!!!
ResponderEliminarAntes de nada decir que me gustou moito a película, é unha idea super orixinal e tanto os actores como o fio da acción xeniais..
Defectos, a min fixoseme algo pesada polo medio da peli, a camara dende o principio moviase moi rapido e xiraba asique cerca da metada da peli mareoume algo e necesitaba algo de acción, estaba totalmente planteada pero faltaban uns flecos que desencadearan o meollo da historia.. E decir, ta moi ben pero algo mais concentrada estaría igual de xenial!
De Dicaprio totalmente dacordo, logrou desligarse dun tipo de papeles que o encasillaban e non deixaban ver o gran actor que é! Si Titanic gustoume moitisimo pero realmente puxo a cara bonita e de ahí todo papeis no mesmo sentido.. Gustoume moitisimo en Diamante de Sangre e as últimas tanto Shutter Island como esta bordounas como actor para o meu gusto, é outro dos grandes descubrimentos xunto con Brad Pitt que son algo mais que unha cara bonita!!
Por último si, evidentemente o totem cae!!! A min o final gustoume moitisimo, é apoteósico dende que comenza a desmoronarse todo.. Non da tempo nin a pestañear!! je