Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

martes, 10 de agosto de 2010

Os mellores riffs de guitarra da historia...

Aínda que poida parecer o contrario, este blog aínda non está cerrado... vale que haxa un parón bastante largo (nin voluntario nin forzado) en canto a comentarios e artigos (extensible ao resto dos blogs amigos, creo...), pero non é o caso. Eu pola miña parte vou rematar unha serie comezada xa hai algún tempo, e que gustosamente vos recordarei, saira elixido grazas aos vosos votos (ben contabilizados e sen manipular...xD)...
Sen máis dilación a terceira e última parte... os mellores riffs de guitarra da historia...

> "Purple Haze" (Jimi Hendrix): un pedazo de riff. Semellante enerxía é díficil de atopar en calqueira outro lado...
> "Fire" (Jimi Hendrix): de solo escoitar este riff parece que se lle vai a incendiar a guitarra, xD...
> "Sunshine Of Your Love" (Cream): Clapton sen dúbida debe estar na lista, xD...
> "Smoke On the Water" (Deep Purple): o que comezara como un intento gracioso de representar unha escea de Frank Zappa (outro gran guitarrista) terminou cun dos riffs máis potentes e famosos da historia. Case é o riff por antonomasia...
> "(I Can't Get No) Satisfaction" (The Rolling Stones): Keith Richards soñara este riff orixinalmente como un blues lento, pero a verdade é que asi tamén lle quedou moi ben, xD...
> "Black Dog" (Led Zeppelin): marca da casa de Jimmy Page, un riff complexo e potente...
> "In-A-Gadda-Da-Vida" (Iron Butterfly): outra das secuencias máis recoñecibles do mundo, considerada como unha das orixes do heavy metal...
> "Layla" (Derek & The Dominos): Eric Clapron con outra obra mestra, Aveces menciona que o pirateou dunha vella canción e outras que o soñou, pero o que é certo é que lle sirveu para roubarlle a muller a un compañeiro, xD...
> "Sweet Child Of Mine" (Guns N’ Roses): Slash tamén tiña que aparecer por aquí...
> "You Really Got Me" (The Kinks): unha obra mestra de comezos dos 60’s. Ray Davies demostrou ser un xenio olvidado na historia do rock. Este riff é sin dúbida dos máis memorables...
> "Are You Gonna Go My Way" (Lenny Kravitz): non coñezo moito deste músico, pero este riff mólalle de carallo, xD...
> "Born To Be Wild" (Steppenwolf): non sei porque ao escoitar este riff se che meten as ganas de subir a unha harley, xD...
> "Wish You Were Here" (Pink Floyd): Gilmour é capaz de facer este riff e metelo nunha balada...
> "Enter Sandman" (Metallica): está moi ben a maneira na que esta canción vai collendo forza...
> "Baba O’Riley" (The Who): non me refiro á intro feita con sintetizadores, senon de esos guitarrazos que veñen despois. Ao máis puro estilo de Pete Townshend, este é un riff simple pero cargado de forza.
> "Highway To Hell" (AC/DC): imposible non recoñecer este riff, cando a maioría das orquestas se empeñan en convertir este fraseo nalgo máis infravalorado... Angus Young e o seu enorme talento para crear grandes riffs...
> "Crazy Train" (Ozzy Osbourne): esta é unha opinión moi persoal, Randy Rhoads para min é unha debilidade...xD


[Non aparecen todolos exemplos, pero intentei que apareceran a meirande parte deles... se tedes curiosidade podedes atopalos no Youtube pola vosa conta...xD]

Miles de exemplos máis...

> "Whole Lotta Love" (Led Zeppelin)
> "Paint It Black" (The Rolling Stones)
> "Hell Bells" (AC/DC)
> "Voodoo Child" (Jimi Hendrix)
> "Crossroads" (Cream)
> "Johnny B. Goode" (Chuck Berry)
> "LA Grange" (ZZ Top)
> "Eye Of The Tiger" (Survivor)
> "Hysteria" (Muse)
> "Paranoid" (Black Sabbath)
> "All Right Now" (Free)
> "Symhony Of Destruction" (Megadeth)
> "Money For Nothing" (Dire Straits)
> "Ace Of Spades" (Motorhead)
> "Whisky In The Jar" (Thin Lizzy)
> "Iron Man" (Black Sabbath)
> "Back In Black" (AC/DC)
> "Smells Like Teen Spirit" (Nirvana)
> "One" (Metallica)
> "Seven Nation Army" (White Stripes)
[...]


O fundamental

7 comentarios:

  1. Axudademe, son moi torpe... seguramente debido ás presas e a enorme cantidade de riffs bos e coñecidos que existen se me pasou algún... e espero que vos gratuítamente e gozosamente gustedes de recordarme esos exemplos claros que non fun capaz de reseñar no artigo...

    NOTA: de agregar novos riffs podedes adXuntar algún insulto gratuíto...xD

    Exemplo a seguir... Burro, mula parda, olvideouseche o riff da canción (título a escoller) de (grupo a escoller, por exemplo, Tisiqueeschino). Como se che pudo olvidar, inútil!!
    xD

    ResponderEliminar
  2. as ultimas 13 ok...as 4primeiras tamen (da lista do final....que eu empezo os artigos polo final...)ale un artigo de bateria pa variar!!!!!jajaja...
    nos estaremos de vacacions no de facer artigos peo con este personal tan vago tampouco motiva!jaja

    ResponderEliminar
  3. se me acorda algun volvoche comentar...teño q reflexionar jaja...

    ResponderEliminar
  4. É o de sempre, as grandes cancións teñen grandes músicos que as crean e as interpretan, neste caso recoñecibles polos riffs que a verdade son impresionantes. Só con escoitalos se sabe ante que canción estamos, teñen identidade máis alá da propia peza musical. E conseguir que todo o mundo o recoñeza e "tolee" en canto o escoita (refírome ao riff)... só está nas mans duns poucos, nunca mellor dito.

    ResponderEliminar
  5. Pódense expresar tantos sentimentos cunha guitarra como coa voz ou un escrito.

    Estes son todos grandes solos que so poden inventar uns poucos e copiar uns moitos.

    Esta claro que calquera reconhecería estes solos, ainda que non saiba de quen son.

    Eu tamen incluiría alguns como petrucci, satriani, Steve vai, Brian May...., ainda que menos este último quizais sexan menos famosos.
    Pero evidentemente non se poden incluir a todos, asi que ben feito.

    ResponderEliminar
  6. Un artigo moi currado tanto pa vostede que o elaborou coma para os traballadores lectores que ten no seu blog.. Tardei tanto en comentar este artigo porque claro, entre escoitar os que trae e buscar no you tube os que menciona, leva algún tempo.. E por min están os mellores, non lle vou engadir ningún, ou polo menos non me ven agora mesmo ningun a cabeza!!!
    O do insulto gratuito podese ainda que non se incluia algún riff?? Por si acaso, pasmón!!

    jejeje os que mais me gustaron foron o The Rolling Stones e o 3 de Jimi Hendrix, o de Guns N’ Roses e o de Santana claro..

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...