Da aparición dos Nefilim e da caída dos gardiáns...
Comezamos nos anos anteriores ao Diluvio Universal, cando o Ceo mandou unha armada de douscentos anxos (chamados gardiáns) a controlar as actividades da Creación. O guardián xefe, conta a lenda, recibía o nome de Semyaza: belo, autoritorio, a viva imaxe do comportamento anxelical. A pel branca coma a cal, os ollos claros e o cabelo dourado establecían o ideal de beleza celestial. Entre os que se estaban ao seu cargo atopábanse Arakiba, Rameel, Tamiel, Ramuel, Danel, Ezeqeel, Baraqel, Asael, Armaros, Batrael, Anane, Zagiel, Samsaveel, Satarel, Turael, Yomyael, Kokabel, Araqiel, Shamsiel e Sariel.
Os anxos movíanse entre os fillos de Adán e Eva sin ser vistos, tranquilamente nas sombras, escondidos nas montañas, onde a humanidade non poidera atopalos. Viaxaban de rexión en rexión cos movementos dos homes, e desta maneira descubriron as grandes civilizacións á beira do Ganges, o Nilo, o Jordán e o Amazonas. En silencio observaban, como era o seu deber, o comportamento dos homes.
Unha tarde, cando os gardiáns estaban reunidos no monte Hermón, Semyaza veu a unha muller bañándose nun lago. Chamou aos gardiáns ao borde da montaña e, xuntos, os maxestuosos seres contemplaron á muller. Foi entón, cando Semyaza suxeriu aos guardiáns que escollesen mulleres entre as fillas dos homes.
Asaltado pola ansiedade e consciente de transgredir as leis do Ceo e da Terra, reafirmouse no seu plan e dixolles aos seus irmáns: "As fillas dos homes deber ser nosas, si non me seguides, sufrirei en solitario o castigo por este gran pecado". O resto dos gardiáns fixeron un pacto con Semyaza e xuraron que sufrirían o castigo co seu líder.
Descenderon do monte Hermón e presentáronse ante as mulleres humanas. Éstas tomaron por maridos ás extranas criaturas e pronte quedaron encintas. Tempo despois naceron os fillos dos gardiáns e das súas esposas. A novas criaturas recibiron o nome de nefilim...
Os gardiáns observaban aos seus fillos mentres crecían. Viron que eran diferentes das súas nais e tamén diferentes dos anxos. As súas fillas eran máis altas e elegantes que as mulleres humanas, intuitivas e psíquicas, posuían a beleza física e a fortaleza dos anxos. Os nenos eran máis altos e fortes que os homes normais, razonaban con sagacidade e posuían a intelixencia do mundo espiritual. Como regalo, os gardiáns instruíron aos seus fillos no arte da guerra. Ensinaron aos varóns os secretos do lume: como encendelo e mantelo, a metalurxia (un arte perfeccionado polos anxos pero oculto á humanidade), o arte de convertir os metais en brazaletes, aneis e colares. O ouro e as pedras preciosas eran extraídas, pulidas e asignábaselles un valor. Os nefilim acumularon riquezas e atesouraron ouro e gran.
Os gardiáns ensinaron tamén aos seus fillos a diseñar ferramentas que os farían máis fortes que os homes, fundindo metais e forxando espadas. Comprendendo o poder destas ferramentas, os nefilim ocultaron arsenais. Cazaron e almacenaron carne. Protexeron as súas pertenzas con violencia. E houbo outros regalos, certos segredos celestiais:
- Baraqel ensinoulles astroloxía.
- Kokabel ensinoulles a ler os presaxios nas costelacións.
- Ezeqeel doulles o coñecemento das nubes.
- Araqiel instruíunos nas sinais da Terra.
- Shamsiel trazou o curso do Sol.
- Sariel debuxou os sinais da Lúa.
- Armaros ensinoulles a romper feitizos.
Con estos dons os nefilim organizáronse como unha tribu, armáronse e apoderáronse da Terra e dos recursos. Os nefilim dominaron a Humanidade.
Mentres eles gobernaban sobre a terra e os homes perecían, a Humanidade pediu axuda ao Ceo. Miguel, Uriel, Rafael e Gabriel, os arcanxos que observaran aos gardiáns dende que baixaran ao mundo, controlaban tamén o progreso dos nefilim.
Cando se lles ordeou, os arcanxos enfrontáronse aos gardiáns. Rodearon aos seus irmáns cun anel de fogo e desarmáronos. Unha vez derrotados, puséronlle grilletes e conducíronos a unha remota caverna no máis alto das montañas. Ao borde do abismo, cargados con pesadas cadeas, ordenouselles aos gardiáns que descenderan. Estes caeron ata que chegaron a unha prisión de oscuridade. Dende as profundidades lamentábanse polo aire, a luz e a liberdade que acababan de perder. Separados do Ceo e da Terra, esperando o día da súa liberación, rezaron polo perdón do Ceo. Chamaron aos seus fillos para que os salvasen. Pero Deus ignorou as súas súplicas. E os nefilim non acudiron.
O arcanxo Gabriel, mensaxeiro das boas novas, non puido soportar o tormento dos gardiáns, e nun momento de piedade, lanzou a súa lira aos seus irmáns caídos para que poideran apaciguar o seu sufrimento cun pouco de música. Mentres a lira caía, Gabriel douse conta do seu erro: a música do instrumento era seductora e poderosa. A lira podíase usar en beneficio dos gardiáns...
A razón pola cal os nefilim non acudiron á chamada de socorro dos seus proxenitores segue a ser obxecto da especulación...

¿Queres saber máis?
xD
xD
Canso de tantos vampiros vou a poñer de moda aos anxos, jajajaja...
ResponderEliminarDentro desta nova sección do Arcano, este artigo-prototipo podese alongar nun futuro próximo, sempre e cando a vós vos gustara e queirades saber máis...
Dous apuntes...
ResponderEliminarO lume que foi regalado polos guardiáns aos seus fillos foi un regalo moi apreciado, converténdose en mito nas lendas humanas, en particular na historia de Prometeo (que tamén roubara o lume aos deuses para darsello aos simples mortais e foi castigado por elo)
A prisión de granito dos guardiáns foi coñecida como o Averno. En numerosas lendas e culturas tamén recibe o nome de: Tártaro ou Hades (na mitoloxía grega), Inferno (no Cristianismo), Kurnugia (mitoloxía babilónica), Annwn (mitoloxía galesa), Inframundo (nas relixións paganas)...
mooooi interesante...sí quero saber mais...anque joé pos nomeciños!!!!jajaja...si,pon de moda algo distinto ós vampiros que xa cansan...sobre todo os adolescentes...
ResponderEliminarbravísssssimo!
Gustame o tema, supoño que se porán de moda cando non lle quede mais de onde exprimir ó tema vampiros.. Espero polo menos que o protagonista non sexa un esmirriado paliducho jeje!!!
ResponderEliminarNon coñecía nada sobre os anxos, nin sequera que había distintas categorías nin cal é a sua orixe.. Pero como sempre hai un ser femenino que pervirte ao ser masculino!!!
Eu tamen quero saber mais, o final deixoume intrigada..
Claro que queremos saber máis!!!!! A temática é moi interesante pero con ese final máis aínda!! A verdade que a lectura me enganchou completamente e decir que se me fixo curta...
ResponderEliminarAs unións sexuais que realizan deuses con humanos son moi coñecidas pero as dos anxos non... ou polo menos no meu caso, así que me parece moi curioso. Como era de esperar, o fruto resultante de tal unión é unha criatura mellor que os seus pais, cos atributos máis salientables de cada un ademais do que lles foron ensinando ao longo do tempo. O que fai pensar que non son doados de vencer.
En fin, os enfrontamentos entre o ceo e a terra son do máis interesante, a seguinte parte promete...
Si que queremos saber máis dos anxos e dos seus perfectos fillos. XD
ResponderEliminarXa era hora de deixar de lado os vampiros e centrarse noutros personaxes que estan máis discriminados.
Eu non sabía nada sobre o tema. So sabía do anxo que descendeu o inferno e o do espírito santo, pero ainda asi pouco sei do tema.
Asi me gusta cousas interesantes. XD