Algo curioso que topei na rede...
1. O corpo dun humano medio comprende a suficiente graxa como para facer sete pastillas de xabón, o ferro suficiente para fabricar un clavo mediano, o potasio suficiente como para disparar un cañón de xoguete, a cal suficiente para encalar un galiñeiro pequeno, o azucre necesario para encher un tarro de marmelada e o azufre suficiente como para librar a un can das súas pulgas.
2. Un esqueleto completo podería costarlle a un estudante de mediciña entre 5.000 e 7.000 $, soamente a túa cadaveira poderíase vender por uns 450 $.
3. A túa boca produce case un litro de saliva ao día.
4. O "Demodex Folliculorum" posúe oito patas rechonchas e un rabo. Mide case un tercio de milímetro de lonxitude, e encántalle cobixarse nos calidos e aceitosos pozos dos teus folículos pilosos. A maioría dos adultos posúen a este ácaro nas pestanas e, a miúdo, nos pezóns.
5. Tes aproximadamente 4.000 glándulas da cera en cada oído.
6. A deposición dun adulto medio pesa uns 120 gramos. A metade do seu contido componse dos corpos mortos das bacterias que viven nos teus intestinos.
7. O pé dun adulto medio exuda un cuarto de litro de suor ao día.
8. Se non fose pola viscosa mucosa que se adhire e cubre as paredes do teu estómago, este dixeriríase a si mesmo.
9. Ao longo da súa vida un humano medio ouriñará 41.600 litros de líquido (imaxinade unha piscina de 8'50m X 4'50m X 1'30m)
10. Un home que pesase 90 kg alimentaría a 100 caníbales dunha sentada.
Non me acababa de agradar a idea de publicar este artigo pero debido a presion exterior de que este novo consello son todos uns vagos e demais decidin poñelo...
ResponderEliminarHaber que opinion vos merece a vos... xD
A min resúltame moi curioso, en especial algúns puntos. O primeiro sorpréndeme a cantidade de material que se podería aproveitar do corpo xD O da saliva e o dos ouriños xa o sabía, non a cantidade exacta pero si que era considerable.
ResponderEliminarO punto 4, o do bicho ese, dá un pouco de cousa pero bueno, se souberamos de todos e cada un dos "habitantes" que temos... O do estómago resultoume especialmente curioso posto que non tiña nin idea. E o dos caníbales... van a un kg por persoa? logo eu non me preocuparía porque igual comigo pasaban algo de fame xD
A min gustoume, de pequena toleaba cos debuxos de Érase una vez... e este artigo (malia que non son datos simpáticos ou agradables de saber) ten certa semellanza. Está moi ben que se decidira a publicalo.
Si o do ácaro ese da un pouco de repelús, non sei que será peor nas pestanas ou nos pezóns.. A min tamen foi o que mais me chamou a atención!
ResponderEliminarGustame o artigo, sempre me sorprenden as curiosidades, se atopas mais pola rede podes facer outro pa toda esa xente que usa internet pa ver o tuenti e o marca nada mais, curiosa pero vaga jeje..
O do estómago xa mo comentaran en ciencias pero tamén é algo moi curioso, menos mal que temos todos eses bichiños senon vendo o que lle fai a comida...
E o do que ouriña unha persoa o longo da vida depende, algúen como Arredemo ou alguén coma min?? Cambiache ben o conto jejej... A diferencia pode ser como entre unha piscina infantil e unha olímpica!!!
E o dos osos tamén me chamou a atención, non sabía que pagaran tanto por eles.. Teño oido o das indemnizacións se quedas sin un dedo ou sin unha orella que che pagan ben pero o dos osos...
un pouco escabroso o das excrecions....pero son curiosidades curiosas...jajaja..estoume a imaxinar as pastillas de xabon coa cara do da xe...
ResponderEliminaro dos canivales debe ser relativo...jajajaque os haberá mais voraces ca outros...jajaja
Son cousas curiosas que hai no corpo e hai que aceptar. ainda que o mellor e non sabelo. jajaja. pero hai cousas máis desagradables do corpo que estas. pero mellor será non saber nada.
ResponderEliminaren canto os bechos temos moitos máis seguro. xD.
Isto é para a xente normal, xa que os ourinhos de Guardiola supostamente estan compostos por colonia. jajaja