Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 30 de octubre de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Wall Street 2: El Dinero Nunca Duerme


A verdade é que das poucas personas que fumos ver esta película creo que no mellor dos casos a comentarán dúas persoas, pero a min sempre me apetece facer este tipo de artigos e este non ía ser unha excepción.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Ao igual que a magnífica primeira parte, e 23 anos despois (unha das secuelas máis tardías de Hollywood) Wall Street 2, coa rebeladora coletilla de "El dinero nunca duerme" é obra do recoñecido Oliver Stone (Platoon, Wall Street, Nacido el 4 de Julio, Alejandro Magno, World Trade Center, etc) e conta no seu reparto (de novo) con Michael Douglas (Instinto Básico, Acoso, Un Crimen Perfecto, Traffic, La Sombra de la Sospecha, etc) como o mítico Gordon Gekko, "tiburón financiero" sen ningún tipo de escrúpulos, moral, nin ética profesional, no papel que lle fixo gañar o Óscar; un dos actores de moda nos últimos tempos, Shia LaBeouf (Transformers 1 e 2, Indiana Jones y el reino de la calavera de cristal, La conspiración del pánico) e Carey Mulligan (Brothers).
A sinapse reza así: tras unha longa condea en prisión, o implacable tiburón das finanzas, Gordon Gekko (Michael Douglas) atópase fóra dun mundo que en tempos dominou. Buscando refacer a arruinada relación coa súa filla, Gekko coñece por casualidade ao que vai a ser noro, Jakob (Shia LaBeouf), prometido da súa filla. Xuntos comezarán un intercambio, en principio, beneficioso para os dous: Gordon axudaralle a vengar a ruina do mentor de Jakob contra a insaciable ambición dun novo tiburón financiero, e éste intentarao reconciliar coa súa filla.
Conclusións: a película por si sóa é un thriller bastante bo, con tintes de drama familiar e cun guión denso, sobre todo pola temática de índole financiera, os numerosos términos das finanzas manexados (que ao mellor non todos entenden) e a "complexidade" das operacións levadas a cabo (para a riqueza dun só home e a pobreza e ruina de moitas traballadores) sempre ao límite da legalidade para amasar fortunas de xigantescas proporcións e un poder sen límites, e tremendamente actual (a peli está ambientada un pouquiniño antes do estalido da crise actual). A pesares do "sonambulismo" do diñeiro (xa que nunca dorme, xD) que resalta o título da película, difícilmente un pode manter a compostura ao longo da metraxe deste filme, sobre todo cando se ten á súa predecesora descrita como un peliculón e en tan altas cotas de calidade.
O Gekko rebosante de enerxía, forza e maldade da primeira; atópase nesta segunda parte descafeinado, nunha actitude tan contraria a este personaxe do cine, presentando un libro e dando consellos a Shia LaBeouf que urde unha trama bastante patética de venganza (comparada coa extraordinaria trampa que Bud Fox, interpretado por Charlie Sheen, colaborador de Gekko na precuela, consegue tender para que este "mafias" de Gordon Gekko acabe no cárcere) contra o "tiburón financiero" do filme que nos toca; un nemesis que non logra nin cheirar de cerca a suela dos zapatos do que fora Gordon Gekko na Wall Street do ano 1987.
Para aqueles que coma min viran a primeira parte quizáis o logren facer disfrutar os numerosos "guiños" que ésta ofrece á súa predecesora: a aparición de Charlie Sheen nunha cea benéfica á que asiste o propio Gekko, a imaxe do famoso móbil-pedrusco que Gekko manexaba nas súas operacións ou as enormes semellanzas entre o personaxe de Jakob e Fox nas dúas películas.
Valoración final: se non viches Wall Street e che gustan as películas de thriller político-financiero, quizáis logres disfrutar desta cinta.

O mellor: como marca do propio Oliver Stone, a crítica feroz ao sistema estadounidense de gran especulación e voraz avaricia, donde todalas grandes cantidades de diñeiro se teñen que facer da outra beira da liña de todo o legal e a un sistema bancario terriblemente responsable da situación económica actual.
O peor: haber visto a primeira antes...


O ecuánime

2 comentarios:

  1. Bueno espero que Miguel e María polo menos si comenten este artigo xa que sei que viron a película...

    Se alguén máis a veu pode comentar!! xD

    ResponderEliminar
  2. Eu a primeira non a vin, e igual por iso esta non me chistou moito!!
    Si eu estudiei financieira e gustame moito pero a peli non me dou pa moito, mostra perfectamente unha das causas da tan nomeada e repetitiva crise e como todo o sistema financieiro mundial está colgando dun fio que manexan catro paisanos sentados nun despacho, no que depaso tamen xiran algún outro fio político que segun lles beneficie.
    Posiblemente a primeira este moito mellor!!

    Dos actores so decir que me gustaron moito, M.Douglas xa ten grandes papeis e xa é de sobra coñecido pero o Jakob (que non tiña nin idea de como se chamaba realmente) tamén fai moi bo papel, so o vira en Transformers e polo menos varía a sua traxectoria e amosa un papel totalmente diferente.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...