Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

sábado, 23 de octubre de 2010

O lado escuro do Señor da Xe

Non é que sexa meigo, nin que teña o don da clarividencia, pero o que está claro é que os seguintes videos non vos van a gustar...
... descubride o lado máis escuro do Señor da Xe...

Children Of Bodom


Eluveitie


Cradle Of Filth


Killswitch Engage


Dark Tranquillity


In Flames


Pero bueno, tamén teñen baladas...


Que se atreva e velos enteiros leva un premio, xD....


O temerario

6 comentarios:

  1. Se fostes capaces de ver polo menos minuto e medio ofrecédeme a vosa opinión...

    O fin último deste artigo era máis que nada mostrarvos outros xéneros dentro do Rock que ao mellor non coñeciades (e que nunca seguramente quixestes coñecer...xD), máis aló do Heavy Metal máis tradicional dos Maiden e dos Priest, o Power Metal máis rápido dos vellos Helloween e dos actuais Gamma Ray, o Thrash típico de Metallica ou o Hard Rock dos Guns N' Roses ou dos Scorpions, sen esquecer o Rock máis tradicional e máis "moderno" dos Rolling e de AC/DC, respectivamente; lonxe destes xéneros existen outros, bebedores nas súas orixes dos anteriores e claramente máis actuais...

    Children Of Bodom encadraríase dentro do que se chama o Death Metal Melódico, algo máis rápido que o orixinal...

    Eluveitie é, pola contra, un xénero en auxe actualmente como o que se dá en chamar o Folk Metal (que por certo, cantan en galo antiguo ás veces... e si eso raro que tocan é unha zanfoña, xD!!!), que se soe facer con instrumentos celtas clásicos como a gaita...

    Cradle Of Filth é unha banda de metal gótico, moi próximo ao Black Metal (este último si que é un xénero bastante detestable...xD)

    Killswitch Engage en cambio pertence ao xénero do Metalcore, ou do que se deu en chamar a nova ola do Heavy Metal Americano (en clara referencia á ola do Heavy Metal Británico dos 80's, aínda que nada teñan que ver: Iron Maiden, Judas Priest, Motörhead...)...

    Dark Tranquillity xa pertence ao Death Metal Melódico máis orixinal...

    E In Flames meteríao igualmente nese xénero do Death Metal máis melódico...

    Despois desta inútil lección tamén vos digo que existen aínda xéneros peores (máis que nada porque eu xa non os aguanto...)... SI!! aínda é posible!!! xD... senon atrevédevos co Black Metal máis extremo, o propio Extreme Metal, o Grindcore ou o insoportable Doom Metal...

    ... hai todo un mundo ahí fóra, tanto para agradar como para rebentar os oidos... xD

    ResponderEliminar
  2. Tamen vos digo que non son os xéneros que máis me gustan... xD

    ResponderEliminar
  3. eu esperaba que este artigo tratara das cancions de Camela que marcaron a súa vida...polo de escuro mais que nada...
    que decepcion!!
    non os vin (os videos...e ós de camela tampouco) pero vereinos...os tres ultimos non os vou ver pq os requetecoñezo bn..in flames encantanme...

    ResponderEliminar
  4. Escoiteinas todas!! Quero o premio que me corresponde!! xD Pero bueno, tampouco é para tanto tendo en conta que no blog de Arredemo había... non sei como chamarlle, abortos de cancións? Si, pode valer, e aínda así tiven o valor de escoitalas todas, da do panda aínda teño un pequeno trauma xD . Aquelo si que facía dano aos oídos, estas déixanse escoitar, independentemente de que me gusten ou non.

    A primeira non me parece para tanto, de feito gustoume, a voz é como imaxinaba pero é aguantable. "Eluveitie" xa non, non pola música pero si pola voz, paréceme demasiado berrar xa, ao igual que me pasa con "Dark Tranquillity", que agradezo cando canta a rapaza. Pero a canción en si gustoume máis esta última, incluso a voz non é tan esaxerada, ou os meus oídos a soportan mellor xD De feito está bastante ben.

    "Cradle Of Filth" non me gustaron, pero si o vídeo, hai imaxes que son moi bonitas, de feito a maioría, para o meu gusto. Así que o videoclip gustoume moito, algo é algo!! :) "Killswitch Engage" tampouco me gustaron, supera o meu aguante de berros xD pero tamén me gustou o videoclip, está moi ben.

    O mesmo ocorre con "In Flames", a canción non é das que menos me gustaron pero sinceramente non a escoitaría por vontade propia xD pero o videoclip si que me gustou tamén, para non variar neste artigo. Gústame o lume, non por ver arder en si, senón pola estética que crea. Sen embargo a segunda canción déixase escoitar mellor, de feito gústame bastante, ao igual que a primeira do artigo, a de "Children of Bodom".

    E si, creo eso de que podería ser peor, se non foi para tanto!!! Imaxinábame algo máis esaxerado.

    ResponderEliminar
  5. Non hai nada mellor ca pintar as cousas moi mal para que despois parezan menos terribles... xD

    ResponderEliminar
  6. Será por estilos de música....

    A min estes xéneros nunca me entusiasmaron, nin na época de adolescente e post-adolescente, onde estes grupos fanse máis presentes.

    So me gusta algunha canción de childrem of bodom.
    A Balada de inflames esta ben.
    Pero non son grupos que me entusiasmen.
    Sen embargo isto non implica que sexan grandes músicos.

    PD:Nos cas nosas pintas só poderiamos pertencer a estos xéneros de boquilla e non nos ían crer. Entrando nun ambiente destes, dudo que nos aceptasen ou como mínimo que non nos prexuzgaran. XD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...