Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Triloxía "Nihil Novum Sub Sole", parte I: Debate aberto: ¿Hollywood sen ideas?

É unha sensación rara, non sei se a vós vos pasa, unha especie de sentimento de deja vu cada vez que ollo a carteleira recente, un pensamento que raia unha idea na miña cabeza: ¿esto xa o teño visto, non?, polo que a seguinte cuestión é obrigada, e é a principal, ¿está Hollywood sen ideas?.
A Meca do Cine aposta últimamente e máis habitual do que me gustaría personalmente unha saída doáda nos remakes de antigas produccións, co plus da nova tecnoloxía do 3-D, por outra parte, moi desaproveitada hoxe en día, como se estivesen esperando uns anos máis para sacalo adiante, esperando quizabes a que estivera algo máis perfeccionado, pero que, debido a esta crise, sobre todo, intelectual (supoño que financeira tamén), forzara a súa pronta saída, converténdoo nun simple reclamo para os máis incautos.
Pero non todo queda ahí, parece que a asistencia aos cines decaeu e todas aquelas produccións costosas, pero orixinais, xa non teñen cabida para considerarse, ou mesmo arriscarse, a que estas se acaben por converter en rotundos éxitos en taquilla. Remakes, precuelas, secuelas, reboots, slashers, spins-off, blockbusters, e sobre todo nos últimos tempos, adaptacións de videoxogos ou cómics (e máis actualmente transformacións cinematográficas de series de televisión), asiduamente de doáda dixestión; parecen haberlle tomado a dianteira. Todo isto parece haber provocado asimesmo a falsa sospeita da maioría de guionistas hollywoodienses de que calquera idea é válida para sacar adiante, de ahí que aparezan de detrás das tebras dos nosos recordos esquecibles títulos que nadie quere expoñer aquí. Da mesma maneira, se lles dá por pensar que este público borreguil está necesitado de que se adapten aos tempos modernos películas de culto (nalgúns casos adaptación non é a palabra axeitada, maís ben desastre) ou mesmo se plantexen secuelas décadas despois da primeira, se creen franquicias que despois se alargarán ata a extenuación (ou as 7 partes de Saw só me parecen excesivas a min) ou se expliquen (mellor dito, se inventen) as orixes de todolos personaxes (heroes e villanos) que algunha vez visualizamos na gran pantalla.
¿Cal é o futuro que nos agarda? supoñamos... Transformers 8, Piratas del Caribe 15: otra vez en el fin del mundo, Ace Ventura: El Origen, E.T. 2: El Retorno... deixemos de supoñer, é demasiado doloroso...
Con todo isto, sempre hai marxe para a esperanza, e aínda que das 50 últimas películas que vin, apenas 4 ou 5 as recordarei o tempo suficiente como para convertelas en recomendacións de peso, podería ser peor, a proporción podía ser 0/50.
¿Vos que opinades?




O suntuoso

6 comentarios:

  1. Non quixen poñer títulos nin cebarme con excesivos nome de películas no artigo/pé a debate porque máis ou menos os coñecemos todos... pero bueno, podedes comentar esas aberracións nos vosos comentarios... XD

    ResponderEliminar
  2. Eu entendo que un "taquillazo", incluso é lóxico, que teña a súa ineludible secuela, pero non me parece normal anunciar segundas e terceiras partes cando nin a primeira aínda viu a luz...

    Nos últimos tempos a calidade dos filmes decaeu moi moito, e só se pode recordar como algo máis ou menos orixinal a Avatar de Cameron, e digoo en canto á tecnoloxía empregada, polo menos se intentou facer algo distinto...

    Tamén é certo que hai xente, como por exemplo e sen ir máis lonxe, como Nolan que aparte de facer boas pelis, firma para unha triloxia de Batman, a fai, a remata e fuera, e seguro que a terceira é un éxito de taquilla... non por eso se deixaran de facer versións do mesmo personaxe seguro...

    Tampouco entendo como xa dixen, como se pode chegar ás 7 partes de Saw, ás 5 entregas de Destino Final, como se continua coa franquicia de Piratas del Caribe, etc etc etc, totalmente innecesarias; eu creo que o público está máis necesitado de savia nova que de acabar atopando cal é a persoa que mellor realiza unha versión dunha antiga producción entre os 4 ou 5 que o intentaron...

    ResponderEliminar
  3. eu creo que se se chegan a facer 5ºs partes das pelis (anque non sexan boas) é porque se recauda,claramente senon quedarian nas primeiras tamén...as de terror son moi propensas a polo menos facer sequera 2 partes da peli,ou iso me parece a min...tamén creo que van dirixidas a un público concreto que é por inercia consumista...é dicir,adolescentes.
    No tema de Hollywood,pois si,ultimamente é todo moi monótono,parece que aparecen héroes de comic debaixo das pedras...como X-men foi a caña pois a ver se o consiguen co resto...igual que con transformers ata que apenas recauden non pararán...e sí é curioso este aluvión áburridiño,para estarmos en épocas de crise deberían mirar máis a inversión na película,o guión...será que non chegou a crise alá,polo de agora,ou será que tampouco estamos tan en crise aquí para contribuír á recaudación de certas chufas...

    ResponderEliminar
  4. Eu refirome a temas como o da peli de Transformers (xa que a nomeas), non sei se foi Bay ou o actor principal o que dixo que despois da 3º pasaba de seguir facendo máis pelis dos robotitos estes, que él firmara para unha triloxía e bla bla bla (antes de que saira claro) pero vendo que dou pasta (que xa é 1 peli para facer pasta, sempre internacionalmente, xa que en América nunca recaudan o que pretendían, sempre se salva pola carteleira internacional, cousa da adulterada promoción supoño...) pero que xa anunciaron 1 (ou 2) máis co LaBeouf outra vez... XD

    Bueno, tamén lin que ían sacar unha peli nova de Ace Ventura, pero sen Jim Carrey, a peli iría do suposto fillo de Ace Ventura, soa a chufa, non?? XD

    ResponderEliminar
  5. Despois dos vosos comentarios creo que me queda pouco máis que engadir... Eu este ano é dos que recordo como o que menos pelis fun ver ao cine, era chegar, ver a carteleira e dar media volta. No verán pasa coma sempre que apenas hai nada interesante pero o resto do ano tampouco brillou pola cantidade de obras mestras a estrear. Así que queda o recurso de disfrutar das que se fixeron anos anteriores.

    Eu non son partidaria de que o afán por recaudar prevaleza por encima de manter un mínimo de nivel e poñer un punto e final digno cando a historia non dá máis de si, de todas maneiras está claro que aos productores é o que lle compensa. Non entendín a continuación de Shrek, as de Saw foron tantas e tan seguidas que creo que chegaron a saturar á xente, ademais de que perderon a esencia da primeira coa que tiveron tanto éxito... e seguro que moitas que agora non me veñen á cabeza. Supoño que mentres os cartos gañados nas taquillas superen aos gastos e á inversión da peli, seguirán a facerse continuacións. O que pasa que este ano parece que só se fixo iso, 2as, 3as e 4as partes.

    Ultimamente non vin apenas boas películas que non fosen de anos pasados, parece ser que as grandes estreas faranse entre xaneiro e febreiro (en España) de cara aos Oscar. Estarán Scorsese, Eastwood que conta con DiCaprio esta vez, Brad Pitt nun papel que seica promete... A ver se se salva esta tempada cos grandes nomes de sempre.

    ResponderEliminar
  6. Eu de vostede mandaría unha carta ao director para que alomenos puxeran un enlace ao blog, a publicidade compensaría a descarada copia xDD

    http://www.elmundo.es/elmundo/2011/12/29/cultura/1325149864.html

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...