Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

martes, 22 de noviembre de 2011

Concerto IN FLAMES+Noctiferia

A verdade é que non creo que se me dea moi ben (para nada) facer unha crónica dun concerto, non entendo de acústica, de postas en escea, nin ostias... polo que eu o único que fago é referir aquí o que a min me pareceu o último concerto ao que puiden asistir, e o primeiro que vexo dun grupo internacional.
O pasado 14 de Setembro, un mércores calquera, estaba previsto que actuaran na Sala Capitol de Santiago: In Flames, ocasión inmellorable e oportunidade que non se podía deixar escapar, polo que alá fumos, acompañado (eu só. o Señor da Z estaba impedido por outros menesteres) desta vez dun maior (para que non houbera problemas), cuxo nome permanecerá no anonimato e ao cal me referirei como Sr. Porco ou Sr. Pepe Chancludo indistintamente. (XD)
Por razóns que non relatarei posto que non veñen a conto, chegamos á sala algo avanzado o concerto, coa sala chea eso si, para poder escoitar e visualizar os últimos retazos da actuación de Noctiferia, os teloneros, unha banda eslovena que eu vou a etiquetar de Death Metal, pero que conxugaban este con outros moitos estilos, como testifica o seu penúltimo tema da noite (para nós o primeiro) Samsara, acompañándose duns tambores ao máis puto estilo Soulfly. A última canción do seu setlist foi Mara. A verdade é que só escoitamos dúas cancións, pero que me deixaron bo sabor de boca xa que pareceume un grupo a seguir (NOTA: para os fans do Death claro... XD)
Agora si, xa dadas as 9 e cuarto, apareceron en escea a banda de Gotemburgo (Suecia) ao completo, coas súas novas incorporacións, focos e haces de luces a tono, sábana (ou o que sexa) pintada coa criatura da caratula do seu último traballo, "Sounds Of A Playground Fading" (vou a pasar de facer unha crítica do mesmo ou da recente traxectoria da banda... XD), o cal viñan a presentarnos.
Para gran sorpresa miña, posto que supoñendo que son un grupo capaz de encher recintos ben máis grandes que a sala compostelana os jichiños estiveron moi cercanos e moi simpáticos; o idioma non foi unha barreira para entender os continuos chistes e historias que Anders Friden, o máis cachondo deles (mental, que non físicamente... XD), relataba case entre canción e canción: se dabamos máis caña que os portugueses (onde tocaran a noite anterior), que chegaran a Galiza e flipaban coa nosa gastronomía... etc etc etc
Como era de esperar, comezaron o concerto coa intro de arranque do disco que presentaban... Sounds Of A Playground Fading soaba así...
... seguido do single presentación do mesmo, Deliver Us...
... All For Me...
... Trigger...

... Alias, Swim, The Hive...
... The Quiet Place...

... Where The Dead Chips Dwell, Fear Is The Weakness...
... Come Clarity...

... Only For The Weak, himno do grupo, co que ven se pode ver que foi o cumio do extasis desa noite, e para que engañarnos, o momento que o Sr. Porco e eu estabamos esperando, como se pode ver no meu video...

... pero iso non foi todo, o cachondo (mental) do Anders se lle dá por preguntar antes de comenzar o tema se alguén do público ten unha cámara de vídeo para poder grabar aos seus compañeiros dandoo todo, polo que un chaval, ao cal nos referiremos como 'El Tio de Rojo', o rapaz coa maior sorte do mundo, ofrece a súa, pero recibe a cambio a oportunidade de subir ao escenarios e ser él mesmo quen grabe ao público; todo isto con outras sorpresas adicionais... XD

[Concerto de Metal: perspectiva do cantante da correspondente banda]

... os temas seguían a correr para disfrute de todos, Delight And Angers, Cloud Connected...

... The Mirror's Truth e Take This Life deron remate á actuación.

Non sei que máis comentar a verdade, foi espectacular, só tedes que ver a perspectiva que ten un cantante nun concerto destes, a cal é imperdible, para facervos unha mínima idea do ben que se pasa nestes eventos...



O metaleiro

7 comentarios:

  1. Bo é que non me subiron a min, que non sabía o estribillo ao pé da letra como o rapaz este, aínda que bueno, eu tampoco teño tanta sorte... XD

    ResponderEliminar
  2. :( :( :( :(
    Pois moi moi ben...alégrome que os cantantes por moi internacional que sean fagan ameno oo concerto e teñan eses detalliños cos que quedan moi ben...O feito de que pillases os chistes faime pensar que aproveitas a escola de idiomas mellor ca min e que non nos da a mesma profesora...jajaja. Anque me esforcei non vos din visto nos videos nin a ti nin o señor Pepe, nin fun capaz de ver o video do tio de rojo enteiro porque me da certo mareo...pero dadesme envexa moita envexa....ademáis seguro que estivestes nun bo sitio sen jurrar moito...

    ResponderEliminar
  3. Pois estivemos bastante ao fondo, que estaba a sala a rebentar xa cando chegamos, e aínda que ao principio intentamos jurrar e ir algo pa diante foinos imposible...

    P.D.: eu levo xa un tempo sen ir á escola de idiomas, non sei se me acabarei presentando igual aos exames pero non creo, tomei unha mala decisión ao apuntarme e deixeino, teño que estudar e rematar dunha vez... XD

    ResponderEliminar
  4. ó que acabes co ppal retomas a escola,mala decisión non é,que no fondo este curso é so repaso,e coa tua capacidade presentate...e eso que creo que a vos vos da a profe boa (que da algo de caña)eu tamen lato bastante...a nosa clase é moi divertida...pasámolo ben,o inglés non sei pero hai unha guasa...temos mais xente de silleda que de lalin

    ResponderEliminar
  5. A pesar de que o estilo non é dos que máis me entusiasma, si é verdade que vendo os vídeos dá a impresión dun pedazo de concerto, moi intenso e animado. O feito de subir a alguén do público sempre é un punto a favor, que haxa tanta interacción entre o grupo e os fans agradécese.

    Das que aquí se recollen, as cancións que máis me gustaron foron "The quiet place" e "Only for the weak". A cara do señor Pepe nun dos vídeos non é de máxima euforia pero estaría nun "descanso" entre tanto salto xD

    Molan os artigos de concertos, mágoa que por aquí cerca non abunden demasiado.

    ResponderEliminar
  6. Senhor da Xe, vexo pola súa recente triloxía nietzscheana que o seu privilexiado melón, o cal lle serve ademais de para levar gorra para dar vida a este exclusivo blog, se atopa nunha crise creativa-existencial lóxica nun xoven das súas inquietudes intelectuais. Non me sexa vago, a falta de feedback da comunidade de fans do bloj e inxustificable (o mais preguiceiro son eu con diferencia), pero que non o desanime. Xoias coma esta reseña non poden deixar de ver a luz. :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gratificantes verbas as de vostede señor... O tema do blog está simplemente apartado, non é definitivo que deixe de publicar cousas, en xeral (nos blogs habituais dun servidor) baixou a afluencia creativa e comentarista e a iso ven o susodito cese de actividade.. :)

      Eliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...