Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

miércoles, 2 de marzo de 2011

Oscars: curiosidades (1)

Como anexo ao artigo anterior, ahí van algunhas curiosidades sobre películas gañadoras e nominadas aos Oscars:

- Oito películas de fala non inglesa foron nominadas na categoría de mellor película: a francesa 'La gran ilusión' en 1938, a francesa 'Z' en 1969, a sueca 'Los emigrantes' en 1972, a sueca 'Gritos y susurros' en 1973, a italiana 'Il Postino' en 1995, a italiana 'La vida es bella' en 1998, a taiwanesa 'Wo hu cang long' no ano 2000 e a estadounidense (rodada en xaponés) 'Cartas desde Iwo Jima' en 2006 (que non era elexible para o Oscar á Mellor Película en Lengua estranxeira por ser producción estadounidense).

- Ata a data, 11 películas financiadas exclusivamente fóra dos Estados Unidos ganaron a mellor película, as once foron financiadas, en parte ou na súa totalidade, polo Reino Unido. Esas películas son, en orden cronolóxico: 'Hamlet', 'El puente sobre el río Kwai', 'Lawrence de Arabia', 'Tom Jones', 'Un hombre para la eternidad', 'Oliver', 'Carros de Fuego', 'Gandhi', 'El último emperador', 'Slumdog Millionaire' e a recente 'El discurso del rey'.

- A película 'El Señor de los Anillos: el retorno del Rey' (2003) foi a primeira de xénero fantástico en gañar o Óscar á Mellor Película. 'El silencio de los corderos' (1991) é a única película de terror ata agora en gañar ese mesmo Óscar. 'Cowboy de Medianoche' (1969) é a única película clasificada "X" que gañou un Óscar. 'La bella y la bestia' (1991), 'Up' (2009) e 'Toy Story 3' (2010) son as únicas películas de animación que foron candidatas ao Óscar á mellor película.

- 'Wings' a primeira película en ganar, é tamén a única película del cine mudo en ganar este premio.

- 'Grand Hotel' é a única película que gañou o Óscar á mellor película sen haber sido nominada en ninguna outra categoría.

- 'El Padrino II' e 'El Señor de los Anillos: el retorno del Rey' son as dúas únicas secuelas das súas películas antecesoras que gañaron o Óscar á mellor película.

- 'Sucedió una noche' (1934), 'Alguien voló sobre el nido del cuco' (1975) e 'El silencio de los corderos' (1991) son as únicas películas en gañar os 5 premios principais (Mellor película, mellor director, mellor actor e actriz principal e mellor guión).

- Estas películas gañaron en todolos premios aos que eran candidatas (con máis de 4 nominacións):
* 11 premios: 'El Señor de los Anillos: El retorno del Rey' (2003)
* 9 premios: 'Gigi' (1958)
* 9 premios: 'El último emperador' (1987)
* 5 premios: 'Sucedió una noche' (1934)
* 4 premios: 'Matrix' (1999)

Hai máis, pero estas chegan ben... xD


O vigoroso

5 comentarios:

  1. Mañá ou pasado haberá máis, supoño que sobre actores e actrices...

    Creo que aparte destes farei dous máis sobre os Oscars, que xa é esto un pouco monotemático...xD

    ¿Que vos pareceu?

    ResponderEliminar
  2. Veña... outra curiosidade rápida:

    - A peli gañadora da Mellor Película coa maior duración é: 'Lo que el viento se llevó' (3h e 54 min.) e a de menos unha tal 'Marty' (1h e 31 min.).

    - As nominadas con maior duración: 'Cleopatra' (4h e 2 min.) e a de menor: 'She Done Him Wrong' (1h e 6 min.)

    ResponderEliminar
  3. Só 11? Con isto queda claro o aplastante peso dos EEUU no mundo do cine, teñen os mellores presupostos e contan con grandes produccións no seu haber. Debido a isto gañan case todo, menos mal que existe a categoría de "Mellor película en lingua non inglesa" porque senón nin iso. De cando en vez hai algunha sorpresa con baixo presuposto pero non son a maioría nin moito menos.

    Vaites con "Gigi"!! Aparece aquí tamén! O dito, tereina que buscar a ver que pinta ten...

    Curioso o da duración, realmente nunca me parei a mirar iso, Pero bueno, poucas películas lle fan sombra a "Lo que el viento se llevó", e na duración menos. "Sucedió una noche" lémbrame a "Vacaciones en Roma", só se diferencian no final pero as dúas teñen de protagonista a unha parella. Elas ricas que queren escapar desa vida por un momento e ser alguén anónimo durante unha tempada; eles periodistas e compañeiros seus de experiencias. Ambas me gustaron moito.

    ResponderEliminar
  4. e pelis españolas que optaron os oscars??

    ResponderEliminar
  5. Pois non sei, adxunteas vostede nun comentario... que a min amargame!! jajaja

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...