Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

jueves, 3 de marzo de 2011

Oscars: curiosidades (2)

Sigamos, por exemplo con... ¿que actor e que actriz son os/as máis premiados/as nos Oscars?
- O actor Jack Nicholson xunto co tamén actor Walter Brenan con 3 Oscars (o primeiro ten 2 como Mellor actor e un como Mellor actor de reparto; e o segundo ten os 3 como Mellor actor de reparto) e a actriz Katherine Hepburn con 4.

¿E os máis nominados/as? vamos cunhas listas... xD

Os actores con máis nominacións:
* 12 candidaturas: Jack Nicholson (3 premios)
* 10 candidaturas: Spencer Tracy (2 premios), Laurence Olivier (1 Óscar e Premio Honorífico)
* 9 candidaturas: Paul Newman (1 Óscar, Premio Honorífico e Premio Jean Hersholt)
* 8 candidaturas: Marlon Brando (2 premios), Jack Lemmon (2 premios), Al Pacino (1 premio), Peter O'Toole (Óscar Honorífico)
* 7 candidaturas: Dustin Hoffman (2 premios), Richard Burton (0 premios)

As actrices máis nominadas:
* 16 candidaturas: Meryl Streep con 13 como mellor actriz e 3 como actriz de reparto (2 premios, sendo un como mellor actriz de reparto)
* 12 candidaturas: Katharine Hepburn, todas como mellor actriz (4 premios)
* 11 candidaturas: Bette Davis (2 premios)
* 8 candidaturas: Geraldine Page (1 premio)
* 7 candidaturas: Ingrid Bergman (3 premios), Jane Fonda (2 premios), Greer Garson (1 premio)

Máis...
- George C. Scott (Patton, 1970) e Marlon Brando (El Padrino, 1972) rexeitaron os seus Oscars.

- Kathryn Bigelow en 2010 convirteuse na primeira muller gañadora do Oscar á mellor dirección por 'En tierra hostil' (xa estiveran nominadas a este premio: Lina Wertmüller en 1976 nominada por 'Siete bellezas', Jane Campion en 1993 por 'El piano' e Sofia Coppola en 2003 por 'Lost in Translation'), en cuxo caso a directora "arrebatoulle" o premio ao seu ex esposo, James Cameron, quen compiteu con 'Avatar'.

- Marlon Brando e Robert De Niro gañaron un Óscar por interpretar ao mesmo personaxe (Marlon Brando interpretaba a Vito Corleone ancián en 'El Padrino' e De Niro interpretou o mesmo personaxe na súa xuventude en 'El Padrino II').

- Cate Blanchett é a única actriz que gañou un Óscar por interpretar a unha actriz que tamén gañara un Óscar. Este feito ocurreu en 2004 e foi ao interpretar a Katharine Hepburn en 'El aviador'.

- Linda Hunt gañou o Óscar á Mellor Actriz de Reparto en 1983 por interpretar ao personaxe dun home en 'El año que vivimos peligrosamente'.

En canto á idade...
* A actriz máis xove ao gañar o Óscar á Mellor Actriz foi Marlee Matlin, que tiña 21 anos e 218 días cando en 1986 gañou o premio polo seu papel en 'Hijos de un dios menor'. Polo contrario, a actriz de maior idade foi Jessica Tandy, polo seu papel en 'Paseando a Miss Daisy', aos 80 anos e 252 días.
* O actor máis xove foi Adrien Brody, no 2003 polo seu papel en 'El pianista' á idade de 29 anos e 343 días. O actor de máis idade foi Henry Fonda en 1981 pola película 'En el estanque dorado', á idade de 76 anos e 317 días.
* Ata a data, a persona de maior idade que fora candidata ao Óscar foi Gloria Stuart, por 'Titanic' en 1997, con 87 anos e 221 días.

A última curiosidade:
- O primeiro can candidato ao Óscar foi P. H. Vazak: Robert Towne, guionista de 'Greystoke: la leyenda de Tarzán, el rey de los monos', tivo problemas coa producción da película, e decidiu firmar o guión co nome da súa mascota, e obtuvo a nominación en 1985.


O inaudito

5 comentarios:

  1. ¿Que vos pareceu ademáis de extenso e aburrido? xD

    ResponderEliminar
  2. friki o seguinte será dos tp???jajaja

    ResponderEliminar
  3. Xa estamos co de friki, xD...

    Con este artigo remata o Especial dos Oscars do Señor da Xe deste ano... Tranquilos!! se este blog dura un ano máis para a próxima edición non vou a ser tan monotemático, se tal os gañadores e na máis... xD

    Quedaban moitas curiosidades: a actriz que gañou un Oscar e o deixou esquezidos nos lavabos, o Oscar honorífico que levou Walt Disney acompañado de 7 réplicas en miniatura por 'Blancanieves y los siete enanitos', o tipo que anunciou mal o gañador e fixo subir ao equivocado e máis, pero si eso xa o consultades vos pola rede que sodes grandiños... xD

    ResponderEliminar
  4. Nun afán privado de curiosidade e investigación, estiven mirando por ahi... ¿como é posible que estos actores non gañaran un Oscar por estas nominación?...

    Al Pacino non levou o Oscar por 'El Padrino II', nin Ralph Fiennes por 'La lista de Schindler' ou Edward Norton en 'American History X'... ¿?

    Bueno, estas non as vin, pero me extrañou que estes "clasicazos" lles faltara o premio de Clark Gable en 'Lo que el viento se llevó' ou Humphrey Bogart en 'Casablanca' como mellores actores, a saber... xD

    Máis casos curiosos en:
    http://entretenimiento.es.msn.com/cine/msn/oscars/fotos.aspx?cp-documentid=156231839

    ResponderEliminar
  5. Hai persoaxes míticos que na miña opinión non están debidamente recoñecidos pero ese xa é outro cantar. É inconcebible que non o gañara ningún dos que puxeches, ver actuacións tan perfectas é difícil. Eu vin esas pelis e son fantásticas, tanto no seu conxunto coma nas actuacións individuais. Está claro que non todo o mundo estará de acordo e a veces non se entenden certas decisións pero bueno... eu intento ver as pelis para ver se coinciden cos meus gustos ou non, senón enfádome xD

    Malia que Katharine Hepburn gañou en 4 ocasións, non foi recollelo nin unha soa vez, só foi á gala cando entregou un Oscar honorífico. Woody Allen tampouco foi recollelo cando gañou por "Annie Hall", non sei cos outros...

    Hai algunha anécdota embarazosa cando foi a recollelo o director que non lle correspondía, o presentador só dixo o nome e subeu o "Frank" que non era. Non me imaxino o corte que tivo que pasar cando lle dixeron que non era el e baixar por onde subeu. Por iso dixo que non volvería a ningunha gala máis pero ao ano seguinte fixo caso omiso ás súas propias palabras e foino recoller por "Sucedió una noche", si, o susodito era Frank Capra.

    Non recordo ningunha máis, pero tendo tantas edicións haberá moitas. O máis salientable da deste ano é un "fucking" de Melissa Leo (censurado, por suposto) e dous veteranos que animaron o "cotarro" que se é polos presentadores (síntoo Arredemo pero o seu James Franco non estivo á altura para o meu gusto xD). Os mellores Kirk Douglas e Billy Cristal, aposta segura para dar espéctaculo.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...