Parece que estamos a asistir nos últimos meses a un certo regreso á predilección polo tema dos marcianos: sen pensar moito creo recordar recentes estrenos como 'Skyline' ou 'Invasión A La Tierra' ('Independence Day', 'La Guerra de los Mundos' ou 'La Invasión de los Ladrones de Cuerpos' serían exemplos máis antigos), ou mesmo no eido televisivo, o remake da serie dos oitenta 'V' ou a recente 'Falling Skies'; onde hordas de marcianos parecen sentir unha rara atracción polo noso planeta e nas calen adoecen por conquistarnos con gran premura. O que nunca se lles deu por facer aos nosos iracundos veciños estelares foi conquistarnos nalgunha época pasada... ata agora... 'Cowboys & Aliens'
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
Do variopinto director (digoo pola diversidade da súa filmografía), Jon Favreau, nos chega esta cinta. ¿Variopinto?, me explico: este director me pasa de facer 'Elf' ou 'Zathura, una aventura espacial' (NOTA DE AUTOR: a Jumanji espacial) a facer as dúas entregas de 'Iron Man' (das cales a segunda xa fora halagada máis dunha vez neste blog). Na que nos atañe, a sinapse reza da seguinte maneira: en 1873, no Vello Oeste, os colonos e os indios enfróntanse nunha batalla salvaxe polo control das terras. Pero cando a Terra se ve amenazada por seres doutro planeta, ambos bandos deberán colaborar para salvala humanidade. No medio desta conxuntura un descoñecido (Daniel Craig) sen recordos do seu pasado, en busca de respostas coa única pista dun raro grillete que posúe nunha das súas bonecas.
Conclusións: a pesares de poder agradecer a tentativa de intentar crear un producto algo orixinal, é ben certo que estas "mezclas" de western e ciencia ficción non soen funcionar, e ahí están algúns casos como 'Wild Wild West' ou 'Jonah Hex', que as pobres son máis ben desechables. Nesta o guión e a historia tampouco axudan demasiado, e para acabar de rematalo tampouco son nada alentadoras as actuacións que o filme contén, con moitas caras coñecidas e algunhas de gran calidade interpretativa (de paso recordo o reparto do cal me esquecin máis atrás... XD): Daniel Craig (que non é mal actor) está correcto, tampouco ten para moito máis o seu papel; Harrison Ford ('El Fugitivo', 'Firewall') conta co único personaxe que ao longo da metraxe mostra algún que outro matiz (pasa do que nos parece un tipo desgraciado, a un tipo duro que se fixo a si mesmo tras moitas batallas pero que non deixa de ter a súa parte bondadosa); Sam Rockwell ('Moon', 'Confesiones de una Mente Peligrosa') está terriblemente desaproveitado; Olivia Willde ('Los Próximos Tres Días', 'Año Uno'), bue... a pobre non pasa dunha simple "cara bonita" cunha actuación desaborida e un personaxe que non parece pintar moito na indolente trama (SPOILER CUTRE os marcianos veñen por ouro, vale, pero ¿para que?, ¿para que o queren?, ¿por qué é tan importante para eles? FIN SPOILER CUTRE).
O ritmo apático e "tibio" desta crítica débese principalmente á ausencia de opinión que esta me provocou ao sair do cine, o bo de Jon me tiña no bote tras 'Iron Man 2' pero agora, a pesares de intentalo, non podo evitar sentirme decepcionado.
Valoración final: ¿entretida?, si; ¿desaproveitada?, tamén.
O mellor: Harrison Ford, no banal intento de salvalos mobles da película.
O peor: Olivia Willde (descoñezo a carreira desta muller pero nesta é horrible, a interpretación digo, ela está tremenda... XD)
Non vin esta peli pero a conclusión de: "ausencia de opinión que me provocou á saída do cine" xa é máis que todo o conxunto da crítica. Para min non hai algo peor ca iso, rematar de ver unha película ou serie, e que non che produza nada, se eu fose directora eso sería o último que quixese escoitar por parte dun espectador.
ResponderEliminarE algo que non me gusta nada é unha figura feminina (espectacular sempre, por suposto) nun filme que podería prescindir dese persoaxe perfectamente. Non falo deste caso en particular porque como xa dixen non a vin pero é algo bastante recurrente. Tamén hai masculinos (guaperas tamén), que ademais de non pintar nada ou case nada na trama, para o mal que o fan ben poderían aproveitar o tempo invertido nalgo máis productivo para a súa carreira e non só para o seu bolsillo. Isto acordoume polo que puxo que a tal Olivia non fai un bo papel en canto a actuación pero si para alegrar a vista. Habería que facer unha lista que ben seguro que a historia do cine está plagada deste tipo de personaxes, masculinos e femininos.
Puxen como peor a actuación de Olivia Wilde máis que nada porque foi o primeiro que se me ocurreu... e que con esta película non sabía que comentar, non me pareceu unha gran merda, pero tampouco me pareceu algo memorable. A falta de opinión é unha constante na miña vida, pero con esta película acada cotas máis altas... XD
ResponderEliminarPara non saber que poñer, para nada me pareceu unha crítica pobre nin algo polo estilo, ou sexa que o disimulaches moi ben xD. Tamén é unha pena que grandes e consagrados actores fagan películas "dudosas" de vez en cando, non sei a que se debe. Coa experiencia que teñen deberían elexir mellor os papeis; pero bueno, a verdade é que, quen máis quen menos, algunha película mala a fixeron todos e todas.
ResponderEliminar