Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

martes, 26 de abril de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Código Fuente


Desta o título do artigo si está acertado... xD

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Como sempre, comezando polo principio, 'Código Fuente' forma parte da filmografía do novel director Duncan Jones (digo novel xa que conta con só duas películas no seu haber), que tamén o fora da rara (e orixinal) 'Moon' (estas temáticas "raras" parecen do gusto deste director, algo que se agradece nun intento por ser orixinal no tedioso e interminable bucle que conforma Hollywood en canto aos centos de películas que dá en "parir"). Co coñecido Jake Gyllenhaal (creo habelo escrito ben, xD) á cabeza ('Brokeback Mountain', 'Amor y otras drogas', 'Prince Of Persia'), esta película é a historia do que pudo ser e non foi, logo me explico.
O capitán Colter Stevens (o propio Jake) é un soldado que forma parte dun programa experimental do goberno para investigar un atentado terrorista, desperta na pel dun viaxeiro no tempo cuxa misión é a de "vivir" (e as comiñas son importantes) unha e outra vez o atentado a un tren ata que consiga averiguar quen é o culpable. Aquí remata a sinapse. O resto do reparto (principal) confórmano Michelle Monaghan ('Adios pequeña, adios', 'La conspiración del pánico'), Vera Farmiga ('El niño con el pijama de rayas', 'Up in the air') e Jeffrey Wright ('La jungla 4.0', 'Quantum of solace').
Conclusións: como xa dixen, 'Código Fuente' é a historia do que pudo ser e non foi; collendo claramente a testemuña da xenial (opinión persoal) 'Origen' do mestre Nolan, esta película recolle unha temática bastante interesante pero que non souperon desenrolar en demasía.
É a historia do que pudo ser e non foi xa que unha vez vista a película non me quedou nada claro que coño é o "código fuente" de marras, e non creo que nin os creadores do filme o tiveran.
É a historia do que pudo ser e non foi porque a película comeza ben pero que principalmente e falando en plata a joden ao final... ATENCIÓN SPOILER para min 'Código Fuente' termina cando se paraliza a imaxe FIN SPOILER.
Quita o cento de esterotipos e clichés de toda pelicula de acción e quita a máxima premisa hollywoodiana de que en toda película ten que haber unha historia morrántica; pois a pesares de todo eso (o cal todo espectador de cine comercial con dous dedos de frente que se dispón a ver esta película xa debe contar con elo) a película consegue entretener, de sobra ademáis (non dura moito e tendo en conta ademáis a calidade da cartelera últimamente), e sería unha película máis por encima da media (que o é) se acabara onde o remarco (chegado a ese punto ata me sentin en presenza dunha película máis que digna), ¡pero non!, decisión últimas tomadas en despachos provocan que a película deba ser pasada polo embudo hollywoodiense e provocan ademáis que o "happy ending" sobradamente coñecido deba ser "incrustado" (non hai outra palabra, xa que parece verse a leguas que o director non quería un final así) na mesma, provocando que o filme baixe enteiros en calidade (chegado a ese punto desexei haberme levantado da sala no momento anteriormente mencionado).
Non deixarei de comentar que se alguén veu 'En el punto de mira' e non lle gustou, quizais (no, seguro) tampouco lle gustará esta.... aquela xa tiña os suficientes viaxes ao mesmo momento e lugar que un espectador pode soportar... xD
Valoración final: unha película entretida que de haber resolto de mellor maneira o "exame" dos productores sería outra historia.


O mellor: Michelle Monaghan e a escea da explosión dentro do tren dos protagonistas frente a frente...
O peor: a extrana certeza que vai medrando nun mesmo co paso dos minutos ao comprobar que outra vez Hollywood nola vai meter doblada... xD


O recto

2 comentarios:

  1. ai vai a miña opinión:
    ainda k en moitas cousas coincido co autor destas liñas eu discrepo en k o final sexa malo para a pelicula posto k a min nn me gustan nada os finales abertos ( como o de orixen coa merda do couso dando voltas) se esta peli acabara cando se para a imaxe enton crearia a duda sobre todo o visto na pelicula ( algo k ai xente a k lle gusta pero a min nn especialmente).
    En canto os actores o tipo é un crack ( ver amor y otras drogas ) e as tipas están boas ( pelicula americana xa se sabe )

    En canto o k nn é o final da peli...pois pa min sobran certos momentos k nn levan a nada ( como cando baixa do tren pensando k o asasino é un tipo k o final nn é ) e k fan algo aburrida a peli.

    Conclusión: Moi boa pelicula ou polo mens orixinal con actores sobresaintes e cun guion aceptable; o malo o pouco k dura e kizais o pouco aprobeitado k está o argumento do k penso se poderia sacar mais.

    ai keda eso

    ResponderEliminar
  2. Non está mal, creo que é o que mellor resume a opinión que tiven ao rematar de vela. Eu coincido totalmente con que esta debería ter un fin que non é o que tivo, vino moi precipitado e non me cadraba coa historia ao paso dos minutos. Tendo en conta que hai home e muller, poderíase esperar que remataran xuntos, pero a película é moito máis que a historia deles en concreto. De feito se rematara cando para a imaxe quedaría con mellor sabor de boca.

    Todo o que fomos descubrindo ao longo da película e cara o final, non só descubrir o terrorista senón tamén da posibilidade de salvar aos viaxeiros e en especial da morte do protagonista e de que o desconectaran, perde sentido con este final. Na miña opinión queda máis confuso e se me crean varios interrogantes. Sen embargo, se rematara coa súa labor sen nada sentimental polo medio sería máis coherente. A min non me "pegaba" moito e prefiro mil veces os finais abertos ca estes, os primeiros dan a posibilidade de diversas opinións e comentar puntos de vista ao rematar de vela; con esta, a boa sensación durante a película veuse un pouco chafada polo final. Coma todo, depende das preferencias e gustos de cada persoa.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...