Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

lunes, 14 de febrero de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: El Santuario (Sanctum)

Por amor ao arte...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

El Santuario é unha peli dun descoñecido, Alister Grierson, que pretende mostrar un inexistente atractivo facendo publicidade e berrando aoS catro ventos a producción de James Cameron (que parece ser que lle sobra a pasta despois de todo o que se debe a estar reembolsando pola súa Avatar).
A sinapse é bastante predecible: un grupo de exploradores submarinistas realiza unha expedición á cova máis inaccesible do mundo, onde, por mor dunha tormenta tropical se verán atrapados intentando buscar unha ruta que lles permita saír e salvarse.
Conclusións: El Santuario (Sanctum) [o subtítulo en inglés deber ser para que pareza máis flipante, non sei... xD] é, nin máis nin menos, unha película "normaliña", non ten nada do outro mundo nin aporta nada novo a este xénero de películas, totalmente predecible (é chegar á cova e xa sabes que o chaval vai botar man dun obsequio de seu pai, o cal aborrece, pero que ao final lle será de vital importancia). Non sei como sería en 3-D (grazas a Deus paso bastante deste "novedoso" e caro formato) pero tampouco me parece que ningunha das esceas submarinas teñan potencial algún que explotar máis alá das dúas dimensións (si, moi chulas e bastante espectaculares) sobre todo porque hai tomas nas que a pantalla se queda totalmente a escuras (¿como se verá a escuridade en tres dimensión?, ahí queda esa reflexión, xD). Tamén é verdade que iso a fai máis realista, sendo o normal nunha cova, a máis sumerxida (non coma un cento de filmes que en noitas pechas no medio dun monte se ve case como se fose mediodía). A verdadeira conclusión é que a película non logra satisfacer todas esas facetas que nun principio parece intentar cumplir (agás entreter, xa que nin dura moito nin se fai aburrida): nin provoca certo sentimento claustrofóbico; nin fai que aguantes a respiración nas inmersións; nin transmite a angustia, vamos supoñer normal e lóxica ao atoparse sumerxidos baixo tonelaxes de pedra e auga, dos personaxes nesas situacións, nin nada (xa que estamos, a verdade é que os actores son maliños... o chaval máis novo que parece saído da mesma MTV chora como se acabara de perderse un capítulo dos Jonas Brothers cando é seu pai o que está a perder a vida). O único atractivo ("a priori") é o nome de James Cameron, que se pode ver ben grandiño no cartel e todo (non sei... moi raro que non apareza o nome do director, ¿non?) pretendendo vendernos a gran aventura fílmica en 3-D do ano. Craso error: a peli non pasa de entretida.
Valoración final: non Sr. Cameron, desta non vai ser...

O mellor: mmmmmmm (penseino máis do que parece)... algunha escea submarina bastante chula.
O peor: a sensación total de indiferencia que che queda mentras corren os créditos.


O estoico

3 comentarios:

  1. Non cometades o meu erro: unha peli desas que só vale a pena baixar do Cinetube para ver un sábado á tarde con temperaturas baixas e chovendo a rabear... xD

    ResponderEliminar
  2. sintoo...non tiña pensado baixala do cinetube sequera....jajajaja e agora menos! gracias pola información

    ResponderEliminar
  3. Joba, deixachesme sen palabras.. Salin do cine con bo sabor de boca, entretivome e gustoume bastante a peli pero pola contra a verdade e que o ler este comentario tamen estou bastante de acordo en case todo.. A peli non da para moito mais do que espuxo claro que non, pero tendo en conta que eu non me esperaba bichos raros nas covas coma vos claro que me satisfixo bastante mais..
    O protagonista e maliño si, vai de chulandron guaperas e queda coma o cu nesa peli, pa min o peor que se pode destacar.. E o predecible corno linterna bah je..
    Pero polo resto non vexo que mal ten a peli, unha serie de persoas nun contexto distinto que loitan por sobrevivir, argumento típico..
    O que ten de novedoso e o espazo onde se desenrola, por iso o nome da peli e o que se espera sen mais, imaxes moi boas (agás algunha que se nota moito o ordenador)do exterior e do interior dunha cova e punto.
    A min gustoume bah, non é un peliculón pero non esta tan mal como a pintas..

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...