Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 6 de febrero de 2011

Curioso ranking cinéfilo

Unha lista curiosa que topei na rede, ¿quenes son os actores que máis veces a "palmaron" antes os nosos ollos nas pantallas de cine?, tendo en conta que a cuarta parte da serie de películas de Rambo, 'John Rambo' que superera as 108 víctimas mortais da súa predecesora ('Rambo III') entrando no Libro Guinness dos Récords a tal efecto, non conte con ningún nome do seu reparto nesta listaxe, a pesares da voráxine de decesos.

¡¡ ATENCIÓN, ESTE ARTIGO CONTÉN SPOILERS !!

O podio distribuése da seguinte maneira...
1º- Robert DeNiro (un grande en todo, xD): con 15 mortes. 'Mamá Sangrienta', 'Muerte de un Jugador', 'Malas Calles', 'Brazil', 'La Misión', 'El Cabo del Miedo', 'Vida de este Chico', 'Frankenstein de Mary Shelley', 'Heat', 'Fanático', 'Jackie Brown', 'Grandes Esperanzas', '15 Minutos', 'El Escondite' e 'Machete'.


2º- Bruce Willis e Johnny Depp: dobre empate con 11 mortes cada un.
O primeiro en: 'Billy Bathgate', 'Pensamientos Mortales', 'La Muerte os sienta tan bien', '12 Monos', 'Chacal', 'Armageddon', 'El Sexto Sentido' (nesta leva morto toda a película, pero bueno...), 'La Guerra de Hart', 'Los Ángeles de Charlie: Al Límite', 'Sin City (Ciudad del Pecado)' e 'Grindhouse: Planet Terror'

O segundo faino en: 'Pesadilla en Elm Street', 'Platoon', 'Pesadilla final, la muerte de Freddy (Pesadilla en Elm Street 6)', 'Ed Wood', 'Dead Man', 'La Cara del Terror', 'Desde el Infierno', 'El Libertino (The Libertine)', 'Sweeney Todd: El Barbero Diabólico de la Calle Fleet', 'Piratas del Caribe: El Cofre del Hombre Muerto (Piratas del Caribe 2)' e 'Enemigos Públicos'.

Curiosidade amor-odio: tanto en 'Pensamientos Mortales' como en 'Los Ángeles de Charlie: Al Límite', Bruce Willis morre a mans de Demi Moore, actual ex-muller do primeiro. ¡Canto amor!










3º- Dustin Hoffman, Al Pacino e Jack Nicholson
: triple empate con 9 mortes cada un.
Dustin morre en: 'Cowboy de Medianoche', '¿Quién es Harry Kellerman?', 'Lenny', 'Muerte de un Viajante', 'Billy Bathgate', 'Hook', 'La Cortina de Humo', 'El Perfume: Historia de un Asesino' e en 'Mr. Magorium y su Tienda Mágica'.

Pola súa parte, Al Pacino faino en: 'El Precio del Poder', 'Dick Tracy', 'El Padrino III', 'Atrapado por su Pasado', 'Donnie Brasco', 'Insomnio', 'Relaciones Confidenciales', 'La Prueba' e en 'Asesinato Justo'.

Por último, Nicholson "espicha" en: 'Easy Rider (Buscando mi Destino)', 'Alguien Voló sobre el Nido del Cuco', 'El Reportero', 'El Resplandor', 'Batman', 'Hoffa, un Pulso al Poder', 'Mars Attacks!', 'Infiltrados' e en 'Ahora o Nunca'.

Curiosidade vengativa: e é que Al Pacino mataba a DeNiro en 'Heat', pero despois este último facía o propio con Pacino en 'Asesinato Justo'.

Outra curiosidade é que todalas mortes de Jack Nicholson son especialmente violentas.










4º- Brad Pitt, Denzel Washington e Christian Bale
: novo triple empate con 8 falecementos.
'El Río de la Vida', 'Kalifornia', 'Leyendas de Pasión', 'La Sombra del Diablo', 'Troya', 'El Asesinato de Jesse James por el Cobarde Robert Ford', 'Quemar después de leer' e 'El Curioso Caso de Benjamin Button' conforman as mortes de Brad Pitt.

'Grita Libertad', 'Tiempos de Gloria', 'Black Ghost', 'Malcolm X', 'Fallen', 'La Mujer del Predicador', 'Training Day' e 'El Fuego de la Venganza' conforman ás de Denzel Washington (contando que en 'Black Ghost' é unha pantasma e que en 'La Mujer del Predicador' fai dun anxo)

'Anastasia: el Misterio de Ana', 'Enrique V', 'El Agente Secreto', 'María, Madre de Jesús', 'Shaft', 'Harsh Times (Vidas al Límite)', 'El Truco Final: El Prestigio' e 'El Tren de las 3:10' son as mortes de Bale.

Unha gran curiosidade é o caso de Brad Pitt que sería subcampeón se non fora porque tivo as mortes máis raras. Morría en 'Cool World (Una Rubia entre dos Mundos)' pero volvía como un debuxo animado. Morría en '¿Conoces a Joe Black?' pero volvía como a Morte, e morría en 'El Club de la Lucha' pero en realidade era froito da imaxinación do protagonista (de Edward Norton, concretamente).


5º- George Clooney e Robert Downey Jr.: un quinto posto con 5 mortes cada un.
En 'Return To Horror High', 'Surf Connection', 'La Tormenta Pefecta', 'Confesiones de una Mente Peligrosa' e 'Syriana', Clooney.

En 'Golpe al Sueño Americano', 'Asesinos Natos', 'Ricardo III', 'Conflicto de Intereses' e 'U.S. Marshals',
Robert.

A morte máis excéntrica de Robert Downey Jr. foi en 'El Detective Cantante', a cal só era producto dunha alucinación.

Poderiamos continuar a listaxe con Tom Cruise que suma 4 mortes ('Taps, más Allá del Honor', 'Vanilla Sky', 'Collateral' e 'Valkiria') e Mel Gibson con 3 ('Mrs. Soffel, una Historia Real', 'Hamlet, el Honor de la Venganza' e 'Braveheart') e rematala con Harrison Ford e Will Smith con 2 mortes cada un: o primeiro en 'La Costa de los Mosquitos' e en 'Lo que la Verdad esconde' e o último en 'Siete Almas' e en 'Soy Leyenda' (sen contar que estivo morto temporalmente en 'Hancock').



O interesante

9 comentarios:

  1. Supoño que haberá actores, sobre todo, secundarios que a palmarían máis veces, pero eu foi a lista que topei... xD

    As de Denzel Washington e de Christian Bale non as topei por ningures, pero non sei, haber se o damos completado nós algo polo menos, ou?? veña, aportade ideas!!

    De Denzel Washington eu pensei dúas seguras, sei que morre en 'Fallen' que se envenena a si mesmo, e en 'El Fuego de la Venganza', aínda que non se ve na peli, pódese supoñer xa que intercambia a súa vida polo da rapaza que era gardaespaldas... por outra parte, en 'Malcolm X', ainda que non a vin supoño que morrerá pois o personaxe do que fai foi asasinado durante un discurso na realidade... teño a dúbida en 'American Gangster' xa que non sei se ao final cando o pillaban o condeaban a morte ou se libraba por axudar a pillar ao resto de mafiosos... xD

    No caso de Christian Bale si que non teño nin idea, non me acorda se en 'El Truco Final' morría él ou mataba a Hugh Jackman, aínda que estou case seguro que é esto último... e en 'American Psycho' fai dun asasino en serie, non a vin, pero supoño que ao final o trincarán, jajaja...

    Joer, axudademe un pouquiño, ¿non? xD

    ResponderEliminar
  2. Por certo, outra dúbida que teño... o personaxe de Jack Sparrow, ou sexa, Johnny Depp morre en Piratas del Caribe 2??? que non me recordo, se morre na peli é de supoñer que acaba volvendo a vida ou algoxa que despois houbo outra parte, e agora aínda vai habere máis ata que rebente a franquicia, pero ese é outro tema...

    O VACILANTE SEÑOR DA XE

    ResponderEliminar
  3. paréceme un artigo moi orixinal! jaja quen ía supoñer que algún morrera tantas veces! non son capaz de me lembrar das de denzel washington "la mujer del predicador" fai de anxo da garda ou algo semellante asique está morto...acórdanme titulos de pelis del pero non se morre ou non...(algunha só me acorda o título, nin sequera de que vai)...e do outro que citas inda menos...
    teño memoria de peixe!

    ResponderEliminar
  4. Si está moi ben, si!! Aínda que a min tamén me resulta complicado recordar de boas a primeiras se os personaxes morren ou non!!

    No meu caso só podo decir que Bale en "American Psycho" non morre (non vos vou fastidiar a peli por se a vedes aínda que xa con este detalle é bastante) e en "El truco final" tampouco posto que ao ter un irmán xemelgo... e si, é el o que mata a Hugh Jackman, meu pobre xD

    E por outro lado Denzel Washington, as que recordo: "El informe pelícano" non morre, é o que axuda a Julia Roberts e non morren. Pero en "Trainning day" si, e está bastante chula por certo. En "Imparable" non o fai, desta estou segurísima que a vin fai pouco aínda que non ten nada doutro mundo. E en "Dejà vu" creo que si pero como fai tempo que a vin non recordo ben os detalles e non estou de todo segura.
    Eu tamén teño mala memoria, isto é en todo no que podo colaborar, polo menos que me acorden agora.

    ResponderEliminar
  5. ¡Por fin! conseguin actualizar o artigo coas mortes que me faltaban... que quede claro que as de Denzel Washington case as cubrimo sen axuda, jajajaja...

    Grazas pola vosa!! xD

    ResponderEliminar
  6. e desp. a que fala de mortes no blog e a rara son eu non??....
    jaja.

    ResponderEliminar
  7. Pero estan son figuradas muller... só están incluídas ás mortes na ficción ArreDemo... home non sei cantas veces morrería DeNiro na realidade, jajajaja...

    ResponderEliminar
  8. Por certo, Bale en "El truco final" un dos personaxes que fai morre e o outro non... Un dos xemelgos queda coa filla que é o que mata ao personaxe que fai Hugh Jackman.

    Si, que pasa? Estou aburrida e non teño sono, así que ando a botar unha ollada a algúns artigos de novo xD

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...