Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

lunes, 28 de febrero de 2011

Oscars 2011: En resumo...

Aquí vai a listaxe completa dos gañadores desta pasada noite:

- Mellor Película: ‘El discurso del rey’
- Mellor Director: Tom Hooper (’El discurso del rey’)
- Mellor Actor: Colin Firth (’El discurso del rey’)
- Mellor Actriz: Natalie Portman (’Cisne negro’)
- Mellor Actor de Reparto: Christian Bale (’The Fighter’)
- Mellor Actriz de Reparto: Melissa Leo (’The Fighter’)
- Mellor Guión Adaptado: ‘La red social’
- Mellor Guión Orixinal: ‘El discurso del rey’
- Mellor Película Estranxeira ‘In a Better World’
- Mellor Película Animada: ‘Toy Story 3′
- Mellor Corto Animado: ‘The Lost Thing’
- Mellor Dirección de Arte: ‘Alice en el País de las Maravillas’.
- Mellor Fotografía: ‘Origen’
- Mellor Mezcla de Sonido: ‘Origen’
- Mellor Edición de Sonido: ‘Origen’
- Mellor Banda Sonora: ‘La red social’
- Mellor Canción Orixinal: ‘We Belong Together’ (’Toy Story 3′)
- Mellor Maquillaxe: ‘The Wolfman’
- Mellor Vestiario: ‘Alicia en el País de las Maravillas’)
- Mellores Efectos Especiais: ‘Origen’
- Mellor Edición: ‘La red social’
- Mellor Documental: ‘Inside Job’
- Mellor Cortometraxe Documental: ‘Strangers No More’
- Mellor Cortometraxe de Acción: ‘God of Love’

O tema queda así: a gran "triunfadora" da noite foi 'El discurso del rey', que curiosamente conseguiu o mesmo número de estatuillas que a cinta de Christopher Nolan, 'Origen'; 4 Oscars (de 12 aos que estaba nominada), eso sí, dos que se supón máis importantes: Mellor película, mellor director para Tom Hooper, mellor actor para o cantado Colin Firth, e mellor guión orixinal.
Pola súa parte 'Origen' levounos en apartados máis "técnicos" (de 8 nominacións no seu haber): mellor fotografía, mellor mezcla e edición de sonido e mellores efectos especiais.
Os "batacazos" deste ano foron: a cinta dos Coen, 'Valor de ley', que se vai de vacío (a pesares de contar con 10 nominacións) e 'La Red Social' que só levou 3 (de 8 nos que constaba); mellor guión adaptado, mellor montaxe e mellor banda sonora.
O resto dos premios complétanse da seguinte maneira: 'Cisne Negro' vaise da gala con un, a mellor actriz para a cantada Natalie Portman; 'The Fighter', que aínda rascou algo "gordo", co mellor actor e actriz de reparto, para Christian Bale e Melissa Leo, respectivamente. E 'Toy Story 3' con outros 2, o de mellor película de animación e a mellor canción (de título "We Belong Together")
¿Máis cousas?, 'Biutiful' quedou a velas vir (o premio para a mellor película estranxeira foi para 'In a better world'), e Bardem gastou a viaxe a Hollywood en balde, aínda que supoño que non contaba con moita cousa.


O pulcro

4 comentarios:

  1. Igual este artigo era un pouco excusado tendo en conta o anterior, pero era para facer unha síntese para que o teñades máis claro... xD

    ResponderEliminar
  2. xa.
    POis haberá que ver o discurso de rei ese....oe que o tema inda che pode dar pa dous artigos mais eh! os mellores modelitos, os mellores discursos, ausencias, saídas de tono....jjajaja (é broma)

    ResponderEliminar
  3. "Valor de ley" a min non me gustou moito, non é mala nin moito menos pero non me enganchou nin me fixo sentir nada, nin para ben, nin para mal. Co que non estou moito de acordo é coa nominación como actriz secundaria de Hailee Steinfeld, sen ela directamente non existiría peli nin historia, para min ese non é o papel dun secundario.

    Creo que xa dixen que Christian Bale fai un papel magnífico, Mark Wahlberg sen embargo non me gustou, non me convence en ningunha película que vin del... Os secundarios de "The fighter" o mellor sen dúbida, Amy Adams tamén o clava.

    Deste ano, para min as mellores foron, nesta orde: "Black Swan", "Inception" e "El discurso del rey". Eso si, non vin "Winter's bone" nin "The kids are all right". Pero non se levaron ningún Oscar relevante así que non creo que cambiasen moito as miñas preferencias.

    ResponderEliminar
  4. Por certo, que se me olvidou, hai xente que está indignada (ou descontenta) co Oscar ao mellor director. Déronllo a Tom Hooper pero din que o que se merecía o premio era David Fincher (de feito gañou nos Premios BAFTA e nos Globos de Oro deste ano) polo feito de que é mellor director. A min as pelis que vin del encantáronme, pero neste caso é por "La red social", non polo seu bagaxe como director. Clint Eastwood é un magnífico actor/director e eu non lle daría nada por "Más allá de la vida" ou algunha máis que tampouco me apaixonou. É un exemplo claro de que por ter nome e unha gran carreira detrás, non é garantía ao 100% de éxito, aínda que na maioría das veces si.

    De feito se de min dependese, cambiaría a Fincher por Nolan nos nominados e daríallo a Darren Aronofsky (se esas persoas o lesen botaríanme ao lume xD).

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...