Ou compendio de bestas, volúmenes ilustrados que describían animais, plantas e incluso rocas, moi populares durante a Idade Media, no meu caso de seres mitolóxicos (algo que sempre dende meniño me fascinou)
Dragón: inmensos reptís alados pertencentes a unhas das razas máis antigas da mitoloxía.
Minotauro: inmenso humanoide con cabeza e rabo de touro, moi fortes e musculosos. O máis coñecido é o do labirinto de Creta
Fada: criatura fantástica e etérea, xeralmente personificada nunha muller fermosa. Protectora da natureza.
Serea: mulleres-peixe de gran beleza e preciosa voz. Moitos mariñeiros toparon a morte ao escoitar este canto tan suxerente.
Medusa: monstro femenino que volvía de pedra a aqueles que a miraran.
Hidra: monstro xigante que ten apariencia de reptil e múltiples cabezas.
Grifo: seres voadores moi veloces, metade águia, metade león.
Hipogrifo: seres voadores, metade cabalo, metade grifo. Criaturas maxestuosas, coñecidos polo seu apetito foraz hacia a carne de cabalo.
Kraken: enorme crituara submarina que habita en océanos e augas moi profundas.
Unicornio: criatura mitolóxica representada como un cabalo branco, con patas de antílope, barba de chivo e un corno na súa fronte.
Pegaso: corcel alado de natureza máxica, intelixente, bondadoso e salvaxe.
Centauro: ser con corpo de cabalo e torso, brazos e cabeza de home. Habita en equilibrio coa natureza, caza só o que precisa para vivir e se tala unha árbore, pranta outra.
Fénix: o Ave Fénix é un enorme páxaro envolto en chamas e de plumaxe vermello anaranxado, coma o lume. Un ser máxico e fabulos capaz de resucitar das súas propias cinzas.
Dríade: xurdiron da coñecida como "Árbore das Hespérides", son as ninfas das árbores en particular e do bosque en xeral.
Esfinxe: ser con corpo de león e cabeza humana. Na mitoloxía exipcia a esfinxe é unha estatua masculina, con corpo de león e torso de home, e as veces con ás. Famosa polas adiviñanzas que propoñías aos viaxeiros a cambio das súas vidas.
Cerbero: é o vixiante da porta que conecta o mundo dos vivos co reino do Hades. É un ser fero con forma canina, tres cabezas e unha cola con serpes.
Intentei poñer en principio os máis coñecidos, ou aqueles que a todos nos soan, se vos gustou este artigo aínda quedan moitos seres por poñer que seguramente non coñezades. Que lle vou facer se a mitoloxía sempre me gustou...
O máxico Señor da Xe