"Oh Deus, que raro unha película na que o mundo se vai a tomar polo cu, na que se gastan miles de millóns para ver como "rebentan" os edificios máis emblemáticos e famosos do mundo enteiro (a aqueles que simbolizan o poder duns poucos tampouco lles ven tan mal), que total queda nun desastre máis, a Terra enteira (ou cuns buracos por aquí e por alá) e na que pouco importa que houberan morto millóns de persoas nun tsunami nunha parte do mundo ou nun movemento sísmico "do carallo" na outra punta, e si que se salven 2 ou 3 que botan toda a película librándose "polos pelos" dun cento de caralladas que lles pasan (se ese día non "acabara o mundo" ben podían haber xogado os cuartos na Bonoloto, tanta sorte xunta non se viu dende que Homer acertou por azar cal era o botón que debía premer para evitar un problema nuclear)
Se a isto lle sumamos unha serie de gobernadores e presidentes de países extranamente "xenerosos" e "atentos" coas masas que manipularon para chegar ao poder, temos como resultado o proxecto "florentiniano" que é esta película (por favor, aqueles que se emocionen e "crean" ao ver como o presidente ianqui decide NON SALVARSE e morrer con aqueles que quedaron atrás, vaian pasando que a súa ración de vareadas xa está no punto)
¿Cal é a vosa opinión?
O egregio Señor da Xe
Non podo opinar posto que non a vin. jajaja.
ResponderEliminareu tampouco suelo ver peliculas aparentemente tan boas...
ResponderEliminarMoi mal falado es carallo!! jejeje.. Como de costumbre non estou de acordo, vale que sempre e o mesmo e vale que ten efectos especiais de mais que a converten nunha fantasmada, pero e entretida e a min non me aburreu! Xa me gustara moito a de El Dia de Mañana, es esta non estivo a altura pero e bastante aceptable.. O do presidente negro americano que se nega a abandonar os seus cidadans antes que salvarse a si mesmo, jejej kedou un pouco ridiculo e daba risa pero bueno salvabase a reina Isabel e o seu perrito, jejej interesante! Destacar a incrible sorte que ten o protagonista que se salva ummmm, cinco? seis? vinte? si andara por ahí unhas cen veces je.. E a parte cómica e o tolo que sabe todo que e bastante real, moitas veces faiselle caso os "ben falados" ou "palabras bonitas" e metenche gato por lebre e os tolos din verdades coma mundos.. Xo decia meu tio, escaparon de Conxo 30 tolos e cando foron por eles trouxeron 50 e ningun era dos que estaba ali internado!! Amen! jejej de que falaba? Ah, si da pelicula, veredicto: Aceptable! Pasar un bo rato que non haxa que facer nada e que non te vas aburrir...
ResponderEliminarEsta película vina, si, aínda que na miña defensa teño que decir que non foi por iniciativa propia... en fin, que recordo que non me gustara. Saín do cine cunha sensación amarga como cando perdes o tempo en algo que non lle podes sacar proveito ningún? Pois así. Non é para nada do meu estilo. Pero hai películas que nun principio non me atraen para nada e unha vez que as vexo non quedo para nada descontenta. Non foi o caso nesta. O guión pareceume pésimo, moi moi moi previsible.
ResponderEliminar