Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 31 de octubre de 2010

¿Atreveraste a descifralos?

Se aínda non fustes capaz de descifralos primeiros... acumúlasevos o choio, xD...

Lineal A:
O lineal A é unha escritura da Civilización minoica de Creta. Empregouse do seculo XVII ao XV a. C.. A escritura só pudo ser descifrada nunha pequena parte. Algúns investigadores ven nela una predecesora da escritura lineal B (un sistema de escritura usado para escribir o grego da época micénica, que si foi descifrado). Coñécense aproximadamente 70 caracteres silábicos, 100 caracteres con significado propio (que se combinan en parte cos caracteres silábicos) e diversos signos de cifras .


Cifras nas Barras de Ouro Chinas:
En 1933, sete barras de ouro foron concedidas polo xeneral Wang en Shangai, China. Estas barras de ouro parecen representar os certificados relacionados cun depósito dun banco en Estados Unidos. Os lingotes de ouro teñen imaxes, escritura china , e criptogramas en letras latinas. Nadie aínda dou cunha teoría correcta en canto ao seu significado.


Cifras de Beale:
Na primavera de 1885 publicouse un panfleto anónimo de 23 páxinas titulado “os papeles de Beale”. Nel contabase a historia dun tesouro escondido nas colinas de Virxinia. As únicas pistas que se daban eran tres cartas de Thomas J. Beale e tres mensaxes cifrados. As cartas contaban que en 1817, 30 homes descubriran unha veta de ouro ao norte de Santa Fe. As cartas ademáis explicaban donde estaba escondido o tesouro (concretamente na primeira carta cifrada), na segunda, o contido; e na terceira, a relación de familiares que debían recibilo. En 1862, as cartas chegaron ao desconocido autor do folleto que, ademáis, revelaba a descodificación da segunda cifra de Beale: a clave estaba na Declaración de Independencia dos EEUU. Sen embargo, as outras duas cartas permanecen intactas. Que se sepa, nadie consiguiu atopar o tesouro.

O chamativo

sábado, 30 de octubre de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Wall Street 2: El Dinero Nunca Duerme


A verdade é que das poucas personas que fumos ver esta película creo que no mellor dos casos a comentarán dúas persoas, pero a min sempre me apetece facer este tipo de artigos e este non ía ser unha excepción.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Ao igual que a magnífica primeira parte, e 23 anos despois (unha das secuelas máis tardías de Hollywood) Wall Street 2, coa rebeladora coletilla de "El dinero nunca duerme" é obra do recoñecido Oliver Stone (Platoon, Wall Street, Nacido el 4 de Julio, Alejandro Magno, World Trade Center, etc) e conta no seu reparto (de novo) con Michael Douglas (Instinto Básico, Acoso, Un Crimen Perfecto, Traffic, La Sombra de la Sospecha, etc) como o mítico Gordon Gekko, "tiburón financiero" sen ningún tipo de escrúpulos, moral, nin ética profesional, no papel que lle fixo gañar o Óscar; un dos actores de moda nos últimos tempos, Shia LaBeouf (Transformers 1 e 2, Indiana Jones y el reino de la calavera de cristal, La conspiración del pánico) e Carey Mulligan (Brothers).
A sinapse reza así: tras unha longa condea en prisión, o implacable tiburón das finanzas, Gordon Gekko (Michael Douglas) atópase fóra dun mundo que en tempos dominou. Buscando refacer a arruinada relación coa súa filla, Gekko coñece por casualidade ao que vai a ser noro, Jakob (Shia LaBeouf), prometido da súa filla. Xuntos comezarán un intercambio, en principio, beneficioso para os dous: Gordon axudaralle a vengar a ruina do mentor de Jakob contra a insaciable ambición dun novo tiburón financiero, e éste intentarao reconciliar coa súa filla.
Conclusións: a película por si sóa é un thriller bastante bo, con tintes de drama familiar e cun guión denso, sobre todo pola temática de índole financiera, os numerosos términos das finanzas manexados (que ao mellor non todos entenden) e a "complexidade" das operacións levadas a cabo (para a riqueza dun só home e a pobreza e ruina de moitas traballadores) sempre ao límite da legalidade para amasar fortunas de xigantescas proporcións e un poder sen límites, e tremendamente actual (a peli está ambientada un pouquiniño antes do estalido da crise actual). A pesares do "sonambulismo" do diñeiro (xa que nunca dorme, xD) que resalta o título da película, difícilmente un pode manter a compostura ao longo da metraxe deste filme, sobre todo cando se ten á súa predecesora descrita como un peliculón e en tan altas cotas de calidade.
O Gekko rebosante de enerxía, forza e maldade da primeira; atópase nesta segunda parte descafeinado, nunha actitude tan contraria a este personaxe do cine, presentando un libro e dando consellos a Shia LaBeouf que urde unha trama bastante patética de venganza (comparada coa extraordinaria trampa que Bud Fox, interpretado por Charlie Sheen, colaborador de Gekko na precuela, consegue tender para que este "mafias" de Gordon Gekko acabe no cárcere) contra o "tiburón financiero" do filme que nos toca; un nemesis que non logra nin cheirar de cerca a suela dos zapatos do que fora Gordon Gekko na Wall Street do ano 1987.
Para aqueles que coma min viran a primeira parte quizáis o logren facer disfrutar os numerosos "guiños" que ésta ofrece á súa predecesora: a aparición de Charlie Sheen nunha cea benéfica á que asiste o propio Gekko, a imaxe do famoso móbil-pedrusco que Gekko manexaba nas súas operacións ou as enormes semellanzas entre o personaxe de Jakob e Fox nas dúas películas.
Valoración final: se non viches Wall Street e che gustan as películas de thriller político-financiero, quizáis logres disfrutar desta cinta.

O mellor: como marca do propio Oliver Stone, a crítica feroz ao sistema estadounidense de gran especulación e voraz avaricia, donde todalas grandes cantidades de diñeiro se teñen que facer da outra beira da liña de todo o legal e a un sistema bancario terriblemente responsable da situación económica actual.
O peor: haber visto a primeira antes...


O ecuánime

sábado, 23 de octubre de 2010

Un novo xénero...

Como xa se lle dera por facer ao finlandeses de Apocalyptica, o feito de remover as bases do Rock e darlle unha tremenda volta de tuerca como para inventar algo tan extrano (e tan brillante) como o que alguén deu en chamar o Cello Rock, ou Heavy Metal tocado con violonchelos...


... agora aparece unha banda de orixe alemán, de nome Van Canto, que se lle dá por inventar algo novo e orixinal (que tamén é de agradecer) nun mundo no que xa todo parecía inventado como é o maravilloso mundo do Rock... Heavy Metal "a capella".


Acompañados tan só por un batería a estes cinco vocalistas dáselles por interpretar (además das súas propias) versións das máis grandes e recoñecidas (e a veces das máis complicadas) cancións de Heavy Metal da historia...





O audaz

Como Indiana Jones...

...seguimos intentando desentrañar enigmas e códigos indescifrables... xD

Kryptos:
É unha escultura que se atopa no exterior das instalacións das oficinas da CIA en Langley, Virxinia, dende o ano 1990. Foi encargada pola CIA ao escultor James Sanborn.
Está feita de bronce e ten 4 metros de altura, en forma de "S" como unha folla saíndo dunha impresora. Contén varios centos de caracteres nos que se ocultan catro mensaxes cifrados. Estas mensaxes están escritos en inglés e conteñen erros gramaticais intencionados e son un acertixo.
Ademáis da escultura principal (a "S" de bronce), atópanse dispersas na zona varias pezas con máis partes do código, como fragmentos de pedra inscritos con código morse parcialmente enterrados.
Ata o 2005 só tres dos catro mensaxes foron descifrados.


Inscripcion de Shugborough:
Este fascinante enigma comezou a mediados do seculo XVIII. Entre as obras realizadas entonces destaca unha obra escultórica, chamada O Monumento dos Pastores, que consiste nunha réplica en relieve do famoso cadro "Los pastores de la Arcadia", de Nicholas Poussin, anque concebida como si se tratara dunha imaxe reflexada nun espello. Baixo as figuras dos pastores, que observan con atención a enigmática frase «Et in Arcadia Ego» (Y en la Arcadia Yo) pode apreciarse, en baixorrelieve, outro críptico mensaxe formado por dez letras (D.O.U.O.S.V.A.V.V.M), cuxo significado nadie descifrou ata o momento.
As conxeturas sobre a posible mensaxe encriptada na enrevesada sucesión de letras xurdiron xa nos primeiros anos trala súa construcción. Personaxes tan célebres como o científico Charles Darwin ou o novelista Charles Dickens pasaron centos de horas frente a bela obra, tratando de desentrañar (en vano) os misterios daquel endiablado código cifrado.


Cifrado de D'Agapeyeff:
É una secuencia numérica que aparece na primeira edición dos códigos de Ciphers, un libro elemental sobre criptografía publicado polo cartógrafo nado en Rusia, Alexander D'Agapeyeff en 1939. Ao final do libro, ofréceo como un desafío ao sistema de cifrado explicado no mesmo libro (este "desafío" non foi incluído en edicións posteriores). Dise que D'Agapeyeff máis tarde admitiu que olvidara como o cifrara. Afirmouse que o fracaso de todos os intentos de descifrado deste código se deben a que D'Agapeyeff o cifrou incorrectamente do texto orixinal. Sen embargo, argumentouse que o sistema de cifrado pode ser impugnado con éxito utilizando métodos computacionales, tales como algoritmos xenéticos.



O peculiar

O lado escuro do Señor da Xe

Non é que sexa meigo, nin que teña o don da clarividencia, pero o que está claro é que os seguintes videos non vos van a gustar...
... descubride o lado máis escuro do Señor da Xe...

Children Of Bodom


Eluveitie


Cradle Of Filth


Killswitch Engage


Dark Tranquillity


In Flames


Pero bueno, tamén teñen baladas...


Que se atreva e velos enteiros leva un premio, xD....


O temerario

martes, 19 de octubre de 2010

Instrumentos de Rock... "raros"

A guitarra eléctrica é un instrumento electrófono de cordas de metal cun ou máis transductores electromagnéticos, chamados pastillas, micrófonos, o fonocaptores (pickups, en inglés), que convirten as vibracións das cordas en sinais eléctricas capaces de ser amplificadas e procesadas. Hai guitarras sen caixa de resonancia (guitarra eléctrica sólida) ou cunha caixa máis pequeña do acostumado (semisólida), as que poden contar con buratos ao exterior con formas en "f" similares ás das caixas de resonancia dos violíns e doutros instrumentos acústicos.
Pero bueno, esto todos vós xa o sabíades... xD

O que o mundo non se esperaba era que o gran guitarrista da mellor banda de todolos tempos, Jimmy Page (seguramente queden dúbidas, pero estoume a referir ao guitarrista de Led Zeppelin); e seguramente outros antes ca él, sorprendera a propios e extranos cunha "rara" guitarra de doble mástil.

Agora ben, o que Jimmy Page (e o mundo de novo) non se esperaba era que outro gran guitarrista (dos mellores hoxe en día), Steve Vai, volvería a sorprender a extranos e propios cunha nova guitarra, esta de tres mástiles.
No youtube...
http://www.youtube.com/watch?v=jY8wyKuLY2k&feature=related

O tipo ata se sacou unha con forma de corazón... xD
Se queredes velo en acción...
http://www.youtube.com/watch?v=WLY5WkoBo98

Pero o tema non rematou ahí, nun mundo o noso de constante cambio e no que ata o aparello máis pequeno se lle buscan mil formas e aplicacións, xurdiron novas guitarras raras e extravagantes...



¿E por qué non? Catro mástiles... xD


E como vos podedes imaxinar nos tempos que corren podemos atopar guitarras con forma de hacha ou de espada, kalashnikov, etc; onde a propia caixa da guitarra pode converterse na á dun dragón ou nunha fémina nunha postura suxerente... e se non me credes...
¡¡Buscade e atoparedes... pois Deus proveerá!! xD


O aventurado

sábado, 16 de octubre de 2010

Descifrando o indescifrabel...

En toda a vida do noso planeta e nadie os foi capaz de descifrar... veña señores/as, señoritos e señoritas, críavos máis intelixentes... xD

Disco de Festos:
[Lado A do Disco]
Ou Disco de Phaistos. Este curioso achado arqueolóxico de finais da Idade [Lado B do Disco]
de Bronce foi descuberto en 1908 polo arqueólogo italiano Luidi Pernier nunha excavación no palacio minoico en Festos (de ahí o seu nome) cerca de Hagia Triada, no sur da illa de Creta (Grecia). O seu propósito de uso e o lugar onde foi construido aínda non foron determinados, o que converte este obxecto nun dos máis famosos misterios da arqueoloxía. Actualmente atópase no museo de Heraklion na mesma Creta.


Código Dorabella:

Este é unha carta codificada escrita por Edward Elgar a Miss Penny, que foi acompañada por outra fechada o 14 de xullo de 1897. Penny non foi capaz de descifralo e o seu significado permanece descoñecido ata os nosos días.
O código consiste en 87 simbolos divididos en 3 liñas, feito a partires dun alfabeto de 24 símbolos, e cada un consiste en 1, 2 ou 3 semicírculos, orientado nunha das oito direccións.
Unha posible traducción do Código corre a cargo do musicólogo Eric Sams, e que a pesares de que terá as súas razóns, o seu método é moi enrollado e difícil, ou imposible de seguir. A súa interpretación é a seguinte:
"COMIENZO: ¡ALONDRAS! ESTO ES CAÓTICO, PERO UNA CAPA OBSCURECE MIS NUEVAS LETRAS, A, B [alfa, beta, letras del alfabeto griego] DEBAJO: POSEO LA OBSCURIDAD HACIENDO E. E. SUSPIRO CUANDO TU TE HAS IDO DEMASIADO LEJOS."


Manuscrito Voynich:

Un misterioso libro ilustrado, de contidos descoñecidos, escrito fai uns 500 anos por un autor anónimo, nun alfabeto non identificado e nun idioma incomprensible, denominado o voynichés.
Ao longo da súa existencia constatada, o manuscrito foi obxecto de intensos estudos por criptógrafos profesionais e aficionados, incluíndo destacados especialistas norteamericanos e británicos en descifrados da Segunda Guerra Mundial. Ningún conseguiu descifrar nin unha sóa palabra.


O inédito

lunes, 11 de octubre de 2010

Unha curiosa curiosidade cinéfila...


A Catedral Nacional de Washington (tamén coñecida como a Catedral de San Pedro e San Pablo) na cidade e diócese de Wahingston D.C., é a sexta catedral máis grande do mundo e a segunda máis grande dos EEUU. A súa construcción comezouse na presidencia de Theodoere Roosevelt en 1907, e rematouse 83 anos despois, en 1990 en mans de George H. W. Bush (o pai do outro personaxe, por non poñer símiles animalescos, que por desgraza un día foi "o presidente do mundo"), en presenza do cal foi posto o último ladrillo da construcción.


En 1980, en plena construcción das torres, organizouse un concurso nacional que consistía en elexir un personaxe que se identificara coa maldade, para así abandoar os típicos seres mitolóxicos e demos propios das construccións da Idade Media. Un dos gañadores foi o busto de Darth Vader, malo malísimo da famosa Guerra das Galaxias, polo que os escultores se puxeron mans á obra para esculpir a este mito do cine nunha das torres da catedral.

¿Acaso volo imaxinabades?
xD



O cinéfilo

domingo, 10 de octubre de 2010

Domingos de Rock Nº13 (e último): ESPECIAL Nirvana

Este novo Consello de Administración, como quedara patente no comunicado oficial sacado á luz hai unhas semanas, chegou a decisión de non seguir facendo os artigos relacionados cos "Domingos de Rock". Coa mesma, chegamos á decisión de facer un último artigo desta sección, cun grupo do máis coñecido... Non sei se estaredes dacordo coa decisión (tendo en conta, máis que nada que o último artigo publicado neste blog tamen é de Rock)...

Por certo, o do número deste "Domingo de Rock" é casualidade, esperemos que non sexades moi supersticiosos (e que a min non me pase nada por rematar esta sección en tan menoscabado e funesto número)... xD



Nirvana é a banda grunge por antonomasia, así como das máis coñecidas de todo o mundo. A banda comezou a formarse a raíz da relación de amizade que unía a Kurt Cobain e Krist Novoselic, ambos seguidores dos The Melvins. Kurt Cobain, líder da banda atopouse a si mesmo referido nos medios de comunicación como "a voz dunha xeración", e a Nirvana como a "banda símbolo" da chamada "Xeración X".
Os membros do grupo son: Kurt Cobain, líder, cantante e guitarrista; Dave Grohl, batería (coñecido de bandas vindeiras, a máis famosa: Foo Fighters) e Krist Novoselic, ao baixo.

"About A Girl" (1989, Bleach)




"Smells Like Teen Spirit" (1991, Nevermind)




"Heart-Shaped Box" (1993, In Utero)




O recio

viernes, 8 de octubre de 2010

Discos imprescindibles VII

Especial Dream Theater...


Dream Theater - "Images And Words" (1992)
Quizáis o mellor traballo desta grandísima banda.


---------------------------------------------------------------


Dream Theater - "Octavarium" (2005)
O oitavo disco da banda, coincidindo co 20º aniversario da súa formación.

---------------------------------------------------------------


Dream Theater - "Black Clouds & Silver Linings" (2009)
O último traballo da banda co gran batería Mike Portnoy.





O vital

O Colexio Invisible


¿É posible imaxinarse a unha asociación formada por filósofos e pensadores, especialistas nos máis diversos campos do saber, os cales estiveron reuníndose todas as semanas sen interrupción dende o ano de 1645 en Londres, ata o día de hoxe?
Asombroso, ¿verdade?


Máis de 362 anos adicados a "Nova Filosofía" ou "Filosofía Experimental", e existen poucas dúbidas de que estas reunións filosóficas son as que Robert Doyle chamaba o Colexio Invisible ou Colexio Filosófico na súa correspondencia en 1646 e 1647.
Xa nos seus inicios o grupo tiña as súas propias normas de funcionamento, reuniínse unha vez por semana, e para evitar que se desviara a discusión do seu propósito orixinal estaba prohibido falar da divinidade, de asuntos de estado ou actualidade, limitándose os temas a tratar á "Nova Filosofía" e materias relacionadas - Medicina, Anatomía, Xeometría, Navegación, Estática, Mecánica, etc - e aos seus experimentos.
Hoxe en día, coñécese como a Royal Society, ou Real Sociedade de Londres para o Avance da Ciencia Natural.
O lema da Royal Society era e sigue sendo "Nullius in Verba", ou o que e o mesmo, "En palabras de Nadie" (procedente dunha frase de Horacio que versaba "Nullius addictus jurare in verba magistri", "Non me sinto obrigado a xurar polas palabras de mestre algún"); e implicaba que os membros da sociedade non podían facer referencia as suas opinións e moito menos impoñelas como "criterio de autoridade", debido a que o único que se debía tomar en conta era, a Física Experimental, a Lóxica e as Matemáticas, e polo tanto non se podía falar nin de Deus nin do Rei (nos nosos tempos nin de relixión nin de política) e tampouco da actualidade, é dicir; que impuxeran a norma clave da ciencia:
"Experimentar para que sexan as evidencias as que falen"

Membros famosos:

* Robert Boyle
* John Evelyn
* Robert Hooke
* William Petty
* Gottfried Leibniz
* Benjamin Franklin
* John Wallis
* John Wilkins
* Thomas Willis
* Sir Home Riggs Popham
* Sir Christopher Wren
* Sir Isaac Newton (demostrou a sua teoría da óptica ante os membros da sociedade e posteriormente convirteuse en presidente desta)
* Thomas Bayes (presentou o seu teorema por primeira vez ante esta sociedade)
* Francis Bacon
* Lewis Fry Richardson
* Abraham de Moivre
* Christiaan Huygens
* Anders Celsius

* Albert Einstein
* Niels Bohr
* Stephen Hawking
...
...




O principal

Nefilim (2)


Do primeiro cataclismo anxelical e do rexurdimento dos Nefilim...

No alto das montañas, baixo un saínte que os protexií da choiva, os nefilim estaban xuntos, suplicando consello ás fillas de Semyaza e aos fillos de Azazel, aos que consideraban os seus líderes despois de que os gardiáns foran castigados baixo terra. O fillo maior de Azazel dou un paso ao fronte e dirixíndose á multitude dixo:
>> "O meu pai ensinounos os segredos da guerra, a utilizar a espada e o coitelo, a labrar frechas... Non nos ensinou a protexernos do Ceo. Pronto estaremos rodeados de auga. Incluso coa nosa forza e o noso numero, é imposible construir un navío como o de Noé. Tamen resulta imposible atacar abertamente a Noé e apoderarnos da súa nave. Os arcanxos estan protexendo a Noé e a súa familia".
Era ben coñecido que Noé tiña tres fillos e que estos foran escollidos para axudalo na construcción da súa arca. O fillo de Azazel anunciou que iría á costa na que Noé estaba cargando o seu barco con animais e plantas, e que descubriría a maneira de infiltrarse na mesma. Levando consigo a feiticeira máis poderosa, a filla maior de Semyaza, abandoou aos nefilim dicindo: "Irmáns e irmás, debedes quedar aquí, no punto máis elevado da montaña. É posible que as augas non cheguen a esta altura".
Xuntos, o fillo de Azazel e a filla de Semyaza descenderon o empinado sendero da montaña baixo a incesante choiva e abríronse camiño hacia a costa. No mar Negro, reinaba o caos. Noé advertira do Diluvio durante moitos meses, pero os seus paisanos non lle prestaran a máis mínima atención. Estes seguiran coas súas festas, bailes e soños, felices ao borde da destrucción total. Ríranse de Noé, e incluso se acercaran a arca, burlándose, mentres él cargaba a bordo comida e auga.
Durante algúns días, o fillo de Azazel e a filla de Semyaza contemplaron as idas e venidas dos fillos de Noé. Chamábanse Sem, Cam e Jafet, e cada un era diferente dos demáis. A filla de Semyaza viu que a apariencia de Jafet era moi parecida ao dos seus, polo que decidiu que ese era o irmán que debía tomar o seu compañeiro. Os nefilim esperaron durante días, vixiando, ata que Noé cargou os últimos animais na arca. O fillo de Azazel acercouse ao gran barco e a súa inmensa sombra cubriuno mentres chamaba a Jafet.
O benxamin de Noé asoumouse pola borda da arca, os seus mechóns rubios caían sobre os seus ollos. O fillo de Azazel pediulle a Jafet que o acompañara lonxe da beira do mar ata as profundidades do bosque. Os arcanxos, de garda na proa e popa da arca, inspeccionando cada obxecto que entraba e salía da nave se axustase aos dictados de Deus, non prestaron atención ao abandono de Jafet tralo luminoso descoñecido.
Cando Jafet sen alento acadou ao maxestuoso extrano preguntou: "¿Qué queres de min?"
O fillo de Azazel non lle contestou, senón que rodeou o pescozo do fillo de Noé cos seus dedos e apertou ata que sinteu como se rompían os fráxiles ósos da garganta. Nese intre, antes incluso de que o Diluvio barrese a faz da terra as malvadas criaturas, fracasou o plan de Deus de purgar o mundo.
A filla de Semyaza abandoou o seu escondite e puso as mans sobre a cara do fillo de Azazel. Coñecía de memoria os encantamentos que seu pai lle ensinara, a sua luminosa beleza atenuouse e os seus rasgos anxelicais desapareceron. Deste xeito, converteuse na viva imaxe de Jafet. Debilitado pola transformación, atravesou o bosque de regreso a arca.
Cando a esposa de Noé mirou ao seu fillo supo ao instante que cambiara. O seu rostro era o mesmo e a sua apariencia tamén, pero algo no seu comportamento era extrano, e por iso lle preguntou onde estivera e que ocurrira. O fillo de Azazel non sabía falar a lingua dos homes, de maneira que permaneceu en silencio. A esposa de Jafet tamen se dou conta da corrupción do seu Jafet, pero posto que a súa apariencia era a mesma, non acertou a decir en que cambiara,incluso os seus irmáns fuxían del, temerosos da súa presenza. Aínda así, Jafet permaneceu na arca cando a auga comezou a arrasar a terra. Era o decimosétimo día do segundo mes. O Diluvio acababa de comezar.
Os corpos de humanos, animais e nefilim flotaban como libélulas sobre a superficie do mundo, mecéndose coas mareas, pudríndose e fundíndose ata o fondo do océano. Marañas de cabelos e extremidades golpeaban contra a proa da arca de Noé, emerxendo e desaparecendo na auga espesa. O aire volveuse doce polo cheiro da carne asada ao sol.
A arca flotou á deriva sobre a terra ata o vixesimosétimo día do segundo mes do ano seguinte, un total de trescentos setenta días. Noé e a súa familia non se atoparon con nada, agás coa morte e cun mar infinito, unha saba gris de choiva en constante movemento, un horizonte cuberto de olas ata donde alcanzaba a vista, auga e máis auga, un mundo sen costas, carente de solidez.
Cando a arca encallou e as augas se retiraron, Noé e a súa familia liberaron aos animais do ventre do barco, colleron sacos de sementes e plantáronas. Ao poco tempo, os fillos de Noé comezaron a repoblar o mundo. Os arcanxos, cumplindo a vontade de Deus, acudiron na súa axuda, otorgando gran fertilidade aos animais, a terra e as mulleres. Todo crecía. Nada morría. O mundo voltou a comezar.
Os fillos de Noé reclamaron como propio todo o que vían. Convertéronse en patriarcas, cada un fundou unha raza da humanidade. Emigraron a tódolos confíns do planeta, establecendo dinastías que incluso na actualidade distinguimos: Sem, o fillo maior, viaxou a Oriente Medio e fundou as tribus semitas; Cam, o segundo, trasladouse ao ecuador, internándose en África, e creou a tribu camita, e Jafet, ou mellor dito, a criatura que se facía pasar por él, tomou a zona do Mediterráneo e o Atlántico e fundou o que un día chamaríamos Europa. A proxenie de Jafet acósanos dende entón. Como europeos que somos debemos considerar a nosa relación cos nosos orixes ancestrais...

O seráfico

viernes, 1 de octubre de 2010

¿Para que o "playback"?

¿Se se pode realizar unha actuación en directo?
Varias probas da auntenticidade de grandes bandas, xD...

Os integrantes de Muse non lles gusta nada actuar en playback, e isto o demostraron en numerosas e diferentes ocasións ao longo da súa carreira, donde se viron obrigados a "interpretar" as súas cancións sen poder tocalas en directo. Por iso estes prefiren rirse de estas actuacións intercambiándose os papeis, facendo cousas "imposibels" ou incluso chegando a pasar de todo. Incluso nalgunha ocasión, opostos a idea de facer "playback" teñen saído a tocar con medias na cabeza...
No seguinte vídeo Muse actúa en Musica Si (siiii!!! o mítico programa este da primeira) aló polo ano 2003; obrigados a facer "playback" Matt dáselle por pasar de todo e incluso por facer volteretas... xD. En conclusión, unha nova versión de "Hysteria"... xD



Neste caso déuselles por rirse dun programa da televisión italiana: intercambio de papeis, instrumentos que se tocan como os huevos e probas suficientes de que en realidade o tipo non está cantando... e "Uprising" interpretada de xeito soberbio... xD
Para mais inri, nese programa non debían de coñecer para nada ao grupo xa que incluso acaban entrevistando ao batería (neste vídeo facendo de Matt) como se fose o cantante e líder da banda... xD



Outro exemplo é o de Iron Maiden nunha actuación para a televisión alemana; nunca un grupo tivo tantos integrantes cun innegable talento para levar a cabo calquera labor dentro do mesmo: guitarras que soan pero que ao mesmo tempo cambian de mans, a mesma voz realizada por varios membros... "Wasted Years" nunca foi mellor interpretada... xD




O escultural

Discos imprescindibles VI

Últimas novidades...


Firewind - "Allegiance" (2006)
Un novo descubrimento no sempre interesante xénero do Power Metal.

---------------------------------------------------------------


Iron Maiden - "The Final Frontier" (2010)
O último traballo dos reis do heavy metal.

---------------------------------------------------------------


Serj Tankian - "Elect The Dead" (2007)
O ex-cantante de System Of A Down facendo System Of A Down (só que sen os seus compañeiros...)




O solemne

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...