Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 7 de noviembre de 2010

Discos imprescindibles VIII

Últimas novidades deste 2010...

Apocalyptica - "7th Symphony" (2010)
¿"Worlds Collide" 2º parte?


---------------------------------------------------------------

Helloween - "7 Sinners" (2010)
Buscando recuperar o prestixio perdido.


---------------------------------------------------------------

Tarja - "What Lies Beneath" (2010)
¡¡Hai vida despois de Nightwish!!




O flamante

9 comentarios:

  1. O último do último que escoitei e o que mellor me pareceu...

    - O disco de Apocalyptica, '7th Symphony', moi na onda do seu anterior traballo 'Worlds Collide', aínda que persoalmente creo que algo peor... pero é que o anterior está demasiado ben... xD

    Recomendacións: a presente 'End Of Me' (co cantante dun grupo post-grunge de nome Bush, si vaia nome!!... e a mellor do disco), 'Broken Pieces', e das instrumentais: 'At the Gates of Manala'...

    - '7 Sinners' de Helloween: non me esperaba un disco tan metalero, pero é de agradecer que Andi Deris e compañía se puxeran as pilas e fixeran un bo disco, ao fin e ao cabo representan unha gran banda que últimamente "coxeaba" algo...
    O mellor: desta vez ao Deris non se lle deu por facer baladas facilonas e incluso nalgunha canción vese que o tipo aínda ten voz, se kere claro... xD

    Recomendacións: a presente 'Are you metal?', 'The smile of the sun'(a mellor do disco, creo...), 'World of fantasy' (para levantar a moral), 'You stupid mankind' (rara)...

    - 'What lies beneath' de Tarja Turunen, é sinceramente, o disco que máis me impactou dos tres, joer... se tiña que sair de Nightwish para facer un disco asi xa podia haberse ido antes... xD (falo sen haber escoitado o anterior que ten en solitario... sen contar discos raros en finlandés e de villancicos... xD)

    Recomendacións: a presente 'Falling Awake'(a mellor do disco, con gran guitarrista, Joe Satriani, dos mellores actualmente... pedazo de solo!!); 'River of lust' (menuda voz se gasta nesta... xD), 'Anteroom of death' (con Van Canto, grupo protagonista dun artigo recente), 'The archive of lost dreams' (moi bonita...), 'Until my last breath'...

    ResponderEliminar
  2. Estas recomendacións son voluntarias, non imperativas, unha humilde opinión... para os gustos as cores!!! non son un experto nin levo miles de escoitas para dar unha opinión tan clara... xD

    ResponderEliminar
  3. Non escoitei o de Tarja Turunen pero se lle dá tan boas críticas vouno facer, que aínda que non sexan imperativas as recomendacións, son de ter moi en conta, polo menos polo que a min se refire.

    E dos outros dous, o que máis me gustou foi o de Apocalyptica, desde que os descubrín grazas a este blog, non deixei de escoitalos, gústanme moito. Halloween dáseme por escoitar os discos máis vellos, ao igual que me pasa con Iron Maiden, non sei porque.

    ResponderEliminar
  4. intenteino xa con anterioridade peero non me acaba de entrar a Tarja esta...abbúrreme tanto o rock-opera este ou como se lle chame...Helloween ben, non me emociona pero teño pola casa algun cd, e apocalyptica algunhas cancions xenial outras...pos menos...
    está ben que nos poña ó día!

    ResponderEliminar
  5. Apocalyptica parece que seguen na súa onda máis ou menos. Esta ben o sistema que empregan de chamar a un cantate famoso/a e adaptarse o seu estilo facendo unha canción similar o estilo que empregan.

    Helloween creo que nos sorprendeu a todos esta metalización que esperiementaron. Sen embargo, Para min helloween sempre será The keeper of the seven keys part I e II. A partir de ahí son cancións soltas e outro grupo novo.

    Tarja ainda non o escoitei, pero fareino. Me gustaba moito en Nightwish e seguro que me gustará en solitario.

    ResponderEliminar
  6. PD: Tinhas moita razón no de Tarja se maquillar. XD.

    ResponderEliminar
  7. asi me gusta artigos variados!! que si música que si maquillaxe...ajjajaja

    ResponderEliminar
  8. Na variedade está o gusto, Arredemo, na variadade está o gusto...

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...