A verdade é que das poucas personas que fumos ver esta película creo que no mellor dos casos a comentarán dúas persoas, pero a min sempre me apetece facer este tipo de artigos e este non ía ser unha excepción.
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
Ao igual que a magnífica primeira parte, e 23 anos despois (
unha das secuelas máis tardías de Hollywood)
Wall Street 2, coa rebeladora coletilla de "
El dinero nunca duerme" é obra do recoñecido Oliver Stone (
Platoon, Wall Street, Nacido el 4 de Julio, Alejandro Magno, World Trade Center, etc) e conta no seu reparto (
de novo) con Michael Douglas (I
nstinto Básico, Acoso, Un Crimen Perfecto, Traffic, La Sombra de la Sospecha, etc) como o mítico
Gordon Gekko, "
tiburón financiero" sen ningún tipo de escrúpulos, moral, nin ética profesional, no papel que lle fixo gañar o Óscar; un dos actores de moda nos últimos tempos, Shia LaBeouf (
Transformers 1 e 2, Indiana Jones y el reino de la calavera de cristal, La conspiración del pánico) e Carey Mulligan (
Brothers).
A
sinapse reza así: tras unha longa condea en prisión, o implacable tiburón das finanzas, Gordon Gekko (
Michael Douglas) atópase fóra dun mundo que en tempos dominou. Buscando refacer a arruinada relación coa súa filla, Gekko coñece por casualidade ao que vai a ser noro, Jakob (
Shia LaBeouf), prometido da súa filla. Xuntos comezarán un intercambio, en principio, beneficioso para os dous: Gordon axudaralle a vengar a ruina do mentor de Jakob contra a insaciable ambición dun novo tiburón financiero, e éste intentarao reconciliar coa súa filla.
Conclusións: a película por si sóa é un thriller bastante bo, con tintes de drama familiar e cun guión denso, sobre todo pola temática de índole financiera, os numerosos términos das finanzas manexados (
que ao mellor non todos entenden) e a "
complexidade" das operacións levadas a cabo (
para a riqueza dun só home e a pobreza e ruina de moitas traballadores) sempre ao límite da legalidade para amasar fortunas de xigantescas proporcións e un poder sen límites, e tremendamente actual (
a peli está ambientada un pouquiniño antes do estalido da crise actual). A pesares do "
sonambulismo" do diñeiro (
xa que nunca dorme, xD) que resalta o título da película, difícilmente un pode manter a compostura ao longo da metraxe deste filme, sobre todo cando se ten á súa predecesora descrita como un peliculón e en tan altas cotas de calidade.
O Gekko rebosante de enerxía, forza e maldade da primeira; atópase nesta segunda parte descafeinado, nunha actitude tan contraria a este personaxe do cine, presentando un libro e dando consellos a Shia LaBeouf que urde unha trama bastante patética de venganza (
comparada coa extraordinaria trampa que Bud Fox, interpretado por Charlie Sheen, colaborador de Gekko na precuela, consegue tender para que este "mafias" de Gordon Gekko acabe no cárcere) contra o "
tiburón financiero" do filme que nos toca; un nemesis que non logra nin cheirar de cerca a suela dos zapatos do que fora Gordon Gekko na Wall Street do ano 1987.
Para aqueles que coma min viran a primeira parte quizáis o logren facer disfrutar os numerosos "
guiños" que ésta ofrece á súa predecesora: a aparición de Charlie Sheen nunha cea benéfica á que asiste o propio Gekko, a imaxe do famoso
móbil-pedrusco que Gekko manexaba nas súas operacións ou as enormes semellanzas entre o personaxe de Jakob e Fox nas dúas películas.
Valoración final: se non viches Wall Street e che gustan as películas de thriller político-financiero, quizáis logres disfrutar desta cinta.
O mellor: como marca do propio Oliver Stone, a crítica feroz ao sistema estadounidense de gran especulación e voraz avaricia, donde todalas grandes cantidades de diñeiro se teñen que facer da outra beira da liña de todo o legal e a un sistema bancario terriblemente responsable da situación económica actual.
O peor: haber visto a primeira antes...
O ecuánime