Esta sección digamos que agora adolece dunha rara afección; debido á carestía (
aínda máis) que supón o disfrute ou/e ocio das salas de cine, a escaseza de críticas mordaces e ferintes sobre películas malas malas é palpable, polo que agora só se visitan éstas para ver películas que
a priori valen o prezo pagado por elas (
como dicimos agora, aquí funme un pouco da podre, pois para eso Dios tivo a ben crear o Cinetube e se pode descargar calquera filme actual, polo menos ata que o Anticristo que se fai chamar Lei Sinde nos joda a marrana).
¡¡Atención este artigo pode conter detalles sobre a trama!!
Como nesta vida debemos ser sinceros, e vou a confesar que en canto vin Clint Eastwood no cartel desta película díxenme que tiña que ir a vela, e alá fun, sen ter ni p.... idea da trama nin nada, pensando: se é de Clint Eastwood ten que ser boa, pero bueno, non sempre todo é o que parece...
Explicome de maneira gráfica, resumida e clara:
Filmografía de Clint Eastwood (
en parte):
-
Mystic River (2003):
non a vin, a pesares das ganas que teño de pillala xa que me falaron marabillas dela...-
Million Dollar Baby (2004):
moi boa-
Banderas de Nuestros Padres (2006):
boa-
Cartas desde Iwo Jima (2006):
boa-
El intercambio (2008):
moi boa-
Gran Torino (2008):
moi boa-
Invictus (2009):
boa-
Más Allá de la Vida (2010):
menos boa... xDPero bueno, comezando polo principio: '
Más Allá de la Vida' é unha película do fantástico director Clint Eastwood (
creo que xa deixara patente a miña predilección por este home no párrafo anterior e nun artigo recente), onde as principais caras coñecidas do reparto son Matt Damon (
a triloxía de Bourne, Invictus, etc) ou Bryce Dallas Howard (c
omo dixo María: a ceja de El Bosque de M. Night Shyamalan... xD), cuxa sinapse reza da seguinte maneira: as vidas paralelas de tres persoas as cales tiveron algún tipo de contacto coa morte: unha periodista-escritora francesa (
Cécile de France), que estivo a piques de morrer durante o tsunami que asolou o sudeste asiático nas navidades do 2004, un rapaz que perde ao seu irmán xemelgo nun accidente de tráfico, e un home (
Matt Damon) capaz de comunicarse cos mortos, pero que se nega a facelo; terminarán irremediablemente por cruzarse.
Conclusións: primeiramente decir, en referencia aos minutos iniciais do filme, concretamente á escea do
tsunami, xa quixeran para si algúnha das moitas películas de desastres naturais esa pedazo de recreación e efectos especias; pero non vos alarmedes a película non toca ese xénero grazas a Dios.
Como estamos a falar dunha película de historias cruzadas, nun principio vannos mostrando cada unha das historias por separado, as cales comezan de maneira moi prometedora pero co paso do tempo se van "
aletargando" un pouquiño, seguramente debido á metraxe desta película (
algo máis de dúas horas) e ao ritmo lento e pausado co que se conta a historia (
se lle preguntarades aos que tiñamos detrás, terriblemente pausado... xD); conseguindo só ao final, coa inevitable (
e máis ou menos "forzada") conxunción dos personaxes principais, rozar a emotividade que busca todo drama. Pero, cousas da vida, a min as películas deste home non logran aburrirme,
¿favoritismo?, pode ser, pero pese a ser unha película "
frouxa" (
máis que nada debido ao nivel ao que nos ten acostumado Clint e por teima persoal de non usar a palabra decepción nesta crítica) non é unha película mala.
Como punto final destacar a mensaxe positiva que se pode sacar da película (
bueno, que eu saquei da película): quitando que cada quen pode crer o que queira sobre o tema, e destacando o meu punto de vista totalmente agnóstico, a mensaxe é clara: debemos superar a dor sufrida polos seres queridos falecidos, e evitar que esa pérdida lastre as nosas vidas, pois non están mortos, sempre vivirán no recordo...
Valoración final: resumida nunha reflexión: se esta é a película menos boa de Clint Eastwood que vin, xa poderían tomar exemplo outro moitos... xD
O mellor: a indudable calidade visual da película...
O peor: a banda sonora adicional que nos brindaron os dous homes das butacas de detrás nosa, efectuada con gran mestría cos seus instrumentos nasais e cargada de graves e sostidos ronquidos...