Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 12 de septiembre de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Resident Evil: Ultratumba

O 3-D está de moda, e a adaptación cinematográfica da saga de videoxogos "Resident Evil" creada en 1996 pola mítica Capcom apúntase á mesma, para así sacar un diñeiriño extra aos espectadores.
Nós, máis austeros e comedidos, fumos a vela nas dúas dimensións de toda a vida.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

A primeira desta saga de zombies (xa se fixeron un total de catro sobre estes videoxogos) e a que nos ocupa neste artigo comparten director, Paul W. S. Anderson (director de outras pelis de acción máis ou menos coñecidas). A serbia-ucraniana Milla Jovovich volve a repetir o papel protagonista con respecto as anteriores adaptacións, Ali Larter (Obsesionada, Destino Final 2) repite con respecto á terceira parte (Resident Evil: Extinción), completando o cadro de reparto máis salientable, Wentworth Miller (da famosa Prison Break).
A sinapse é a que sigue: Alice (Milla Jovovich) continúa a súa viaxe na procura de supervivintes nun mundo arrasado por un virus que transforma aos humanos en non-mortos (o virus T). Así como a súa loita contra a Corporación Umbrella, responsable de expandir o susodito virus polo planeta. Tras meses sen atopar vida humana algunha, volve a encontrase con Claire Redfield (Ali Larter). De camiño hacia un refuxio seguro, crúzanse con máis supervivintes, e xuntos, fuxirán das hordas de mortos vivintes para acadar o ansiado destino, un lugar sen infección: Arcadia.
Conclusións: non é que a película sexa mala, simplemente é simple, valga a redundancia. A trama da mesma redúcese ao citado na sinapse e pouco máis: Alice chega onda os supervivintes, extranamente os zombies xusto ese día conseguen entrar ao edificio/refuxio/o que sexa onde están os tipiños, e líanse a tiros, ostias e fantasmadas varias cos zombies tentando fuxir cara o supostamente lugar seguro, tendo en conta a presenza de algún que outro bicharraco amorfo e aberrante, que claro está, aparece da nada; para darlle un pouco de diversidade á peli e tamén ter contentos aos fans da saga (eu non son un entendido, pero o bicho que sae nesta supoño que aparecerá nalgún dos numerosos xogos que hai).
Outro "cliché" destas filmes de acción son os personaxes, que máis que persoas normais son superheroes. Tanta flipadura réstalle emoción ao tema (os actores serán capaces de todo, incluso de salir indemnes dun accidente aéreo con explosión innegablemente mortal para calquera incluída, mentres que os secundarios caen como moscas cando aínda non tiveches tempo nin de facerte coas súas caras). Tamén é reseñable que as féminas parezan recien saídas dun salón de beleza cando están a sufrir unha apocalipse zombie (habería que contextualizar e caracterizar un pouco mellor aos personaxes, vale si... a roupa axustada mola pero non cadra, xD). Máis "clichés": o chamado "bullet-time" ou tempo bala, patadas e saltos imposibles, balas que se esquivan, o recorrido da cámara por unha escea en pausa, liortas donde os peores parados son as columnas e as paredes (que acaban as pobres.... xD) moi ao Matrix (se ata o malo leva gafas de sol escuras ao estilo do Axente Smith, xD).
Agora ben, o producto é entretido,a pesares dos escasos 80 minutos de duración. Por este motivo, dá a sensación de ser unha especie de preludio para unha nova triloxía, desta vez en tres dimensións, eso sí, máis cara (polo menos para os espectadores)
Detalles perturbadores da película (PRECAUCIÓN SPOILERS) subraiar co rato: ou incoherencias do guión. Por exemplo, o caso da bomba no avión do malo malísimo. Coa cantidade de aparatos voadores que aparecen en escea, ¿como é Alice capaz de adiviñar cal é o que vai a coller o seu nemesis?. Outro exemplo inquietante: se en verdade quedan pouco humanos libres de infección, deben traballar todos para a Corporación Umbrella, posto que mira que non cesan de aparecer. E iso contando tamén a infinidade de bases secretas e laboratorios que esta ten esparcidos polo mundo adiante.
Valoración final: como acostumo a decir nestes casos, unha película moi apropiada para pasar un bo rato...

O mellor: non haber gastado dez euros por ver esta película en 3-D.
O peor: volvome a preguntar, ¿cando unha peli de acción mostrará algo realmente orixinal?


O invulnerable

Nefilim


Da aparición dos Nefilim e da caída dos gardiáns...

Comezamos nos anos anteriores ao Diluvio Universal, cando o Ceo mandou unha armada de douscentos anxos (chamados gardiáns) a controlar as actividades da Creación. O guardián xefe, conta a lenda, recibía o nome de Semyaza: belo, autoritorio, a viva imaxe do comportamento anxelical. A pel branca coma a cal, os ollos claros e o cabelo dourado establecían o ideal de beleza celestial. Entre os que se estaban ao seu cargo atopábanse Arakiba, Rameel, Tamiel, Ramuel, Danel, Ezeqeel, Baraqel, Asael, Armaros, Batrael, Anane, Zagiel, Samsaveel, Satarel, Turael, Yomyael, Kokabel, Araqiel, Shamsiel e Sariel.
Os anxos movíanse entre os fillos de Adán e Eva sin ser vistos, tranquilamente nas sombras, escondidos nas montañas, onde a humanidade non poidera atopalos. Viaxaban de rexión en rexión cos movementos dos homes, e desta maneira descubriron as grandes civilizacións á beira do Ganges, o Nilo, o Jordán e o Amazonas. En silencio observaban, como era o seu deber, o comportamento dos homes.
Unha tarde, cando os gardiáns estaban reunidos no monte Hermón, Semyaza veu a unha muller bañándose nun lago. Chamou aos gardiáns ao borde da montaña e, xuntos, os maxestuosos seres contemplaron á muller. Foi entón, cando Semyaza suxeriu aos guardiáns que escollesen mulleres entre as fillas dos homes.
Asaltado pola ansiedade e consciente de transgredir as leis do Ceo e da Terra, reafirmouse no seu plan e dixolles aos seus irmáns: "As fillas dos homes deber ser nosas, si non me seguides, sufrirei en solitario o castigo por este gran pecado". O resto dos gardiáns fixeron un pacto con Semyaza e xuraron que sufrirían o castigo co seu líder.
Descenderon do monte Hermón e presentáronse ante as mulleres humanas. Éstas tomaron por maridos ás extranas criaturas e pronte quedaron encintas. Tempo despois naceron os fillos dos gardiáns e das súas esposas. A novas criaturas recibiron o nome de nefilim...
Os gardiáns observaban aos seus fillos mentres crecían. Viron que eran diferentes das súas nais e tamén diferentes dos anxos. As súas fillas eran máis altas e elegantes que as mulleres humanas, intuitivas e psíquicas, posuían a beleza física e a fortaleza dos anxos. Os nenos eran máis altos e fortes que os homes normais, razonaban con sagacidade e posuían a intelixencia do mundo espiritual. Como regalo, os gardiáns instruíron aos seus fillos no arte da guerra. Ensinaron aos varóns os secretos do lume: como encendelo e mantelo, a metalurxia (un arte perfeccionado polos anxos pero oculto á humanidade), o arte de convertir os metais en brazaletes, aneis e colares. O ouro e as pedras preciosas eran extraídas, pulidas e asignábaselles un valor. Os nefilim acumularon riquezas e atesouraron ouro e gran.
Os gardiáns ensinaron tamén aos seus fillos a diseñar ferramentas que os farían máis fortes que os homes, fundindo metais e forxando espadas. Comprendendo o poder destas ferramentas, os nefilim ocultaron arsenais. Cazaron e almacenaron carne. Protexeron as súas pertenzas con violencia. E houbo outros regalos, certos segredos celestiais:
- Baraqel ensinoulles astroloxía.
- Kokabel ensinoulles a ler os presaxios nas costelacións.
- Ezeqeel doulles o coñecemento das nubes.
- Araqiel instruíunos nas sinais da Terra.
- Shamsiel trazou o curso do Sol.
- Sariel debuxou os sinais da Lúa.
- Armaros ensinoulles a romper feitizos.
Con estos dons os nefilim organizáronse como unha tribu, armáronse e apoderáronse da Terra e dos recursos. Os nefilim dominaron a Humanidade.
Mentres eles gobernaban sobre a terra e os homes perecían, a Humanidade pediu axuda ao Ceo. Miguel, Uriel, Rafael e Gabriel, os arcanxos que observaran aos gardiáns dende que baixaran ao mundo, controlaban tamén o progreso dos nefilim.
Cando se lles ordeou, os arcanxos enfrontáronse aos gardiáns. Rodearon aos seus irmáns cun anel de fogo e desarmáronos. Unha vez derrotados, puséronlle grilletes e conducíronos a unha remota caverna no máis alto das montañas. Ao borde do abismo, cargados con pesadas cadeas, ordenouselles aos gardiáns que descenderan. Estes caeron ata que chegaron a unha prisión de oscuridade. Dende as profundidades lamentábanse polo aire, a luz e a liberdade que acababan de perder. Separados do Ceo e da Terra, esperando o día da súa liberación, rezaron polo perdón do Ceo. Chamaron aos seus fillos para que os salvasen. Pero Deus ignorou as súas súplicas. E os nefilim non acudiron.
O arcanxo Gabriel, mensaxeiro das boas novas, non puido soportar o tormento dos gardiáns, e nun momento de piedade, lanzou a súa lira aos seus irmáns caídos para que poideran apaciguar o seu sufrimento cun pouco de música. Mentres a lira caía, Gabriel douse conta do seu erro: a música do instrumento era seductora e poderosa. A lira podíase usar en beneficio dos gardiáns...
A razón pola cal os nefilim non acudiron á chamada de socorro dos seus proxenitores segue a ser obxecto da especulación...

¿Queres saber máis?
xD


O anxelical

lunes, 30 de agosto de 2010

Concerto Xacobeo 2010 The Right Ons+Jonsi+MUSE+Pet Shop Boys+Dj Vitalic

Despois de ler varias críticas, comentarios e crónicas sobre este festival pola rede tocame a min facer a miña entrada particular desa noite. A miña (nosa) falta de experiencia neste tipo de eventos, polo feito denunciable da falta de grandes concertos (de grandes artistas) na nosa Galiza, fíxonos ir cara o Monte do Gozo coma quen di "aínda coa comida no estómago" para coller un bo sitio nas colas. Sen incidentes e sen acadar excesivas cotas de aburrimento pasamos ambolos dous controis pertinentes para acceder ao recinto onde ia ter lugar o show. O Monte do Gozo pareceme un lugar que se se sabe aproveitar é perfecto para acoller este tipo de festivais.
Xa estamos dentro do que ía a ser o noso primer festival do Xacobeo. O cartel completo: Dj Poti (¿?), The Right Ons, Jonsi, MUSE, Dj Caradeniño (¿?), Pet Shop Boys e Dj Vitalic (¿?). Un pouquiño unha amalgama de artistas e un berenxenal de xéneros me parece a min. Eu esperaba un festival de rock (polo que non entendería a presenza de tantos Dj's) e sinceramente só ia ver a Muse (o resto non os coñecía ou me soaban, como os Pet Shop Boys).
Xa no meollo da cuestión, e da xente, comezou a súa sesión Dj Poti (seica o Dj do Playa Club da Coruña me pareceu ler por algures), que debido ao seu entusiasmo, e a miña reticencia e opisición contra desta música (se pinchar é poñer música xa o fago eu todolos días na casa, e... se A entón B... eu son Dj, xD) se nos fixo algo longa a hora que estivo detrás dos platos.
O segundo turno era para a banda indie-rock galego-madrileña The Right Ons, na que pudemos escoitar algún que outro guitarrazo e algún solo de mención, e algo máis acorde ao que me esperaba atopar neste festival.

En terceiro lugar aparecería o gran descoñecido (para min) Jonsi, que polo que puiden ler fixo un concertazo cunha posta en escea espectacular, etc etc etc, pero que para min (por ignorancia, incultura, por "cerrao"...) me pareceu horrible e aburrido, opinión compartida por moitas que pululaban ao meu arredor (non é culpa do músico finlandés, nin defendible os comentarios e "burradas" que se oian por alí, o responsable último sería máis ben a organización por preparar un cartel tan dispar).

Tras máis de 8 horas de pé, escarallaos perdidos, por fin iamos tela oportunidade de ver a Muse (ao novos e calmaos, posto que para os "toleirans" chegamos con anos de retraso...xD). E aquí comeza a miña crónica de verdade...
Saltan a escea entre o clamor ensordecedor e xa nos brindan a gran New Born, nesta actuación inmersa no seu tour presentación do seu último álbum "The Resitance", cun gran xogo de luces (extendible ao resto da escasa hora e media de actuación) e con gran enerxía por parte dos integrantes deste grupo (polo menos para min, tamén é certo que é a primeira vez que os vía).


O set list completaríao: Map Of The Problematique, Uprising (1º single deste último traballo), Supermassive Black Hole, Guiding Light, United States Of Eurasia (a única da noite con Bellamy ao piano), Undisclosed Desires (coa que disfrutamos dunha rara órgano-guitarra azul brillante, mostra do gran elenco de 6 cordas co que conta o cantante e líder de Muse), a esperada Stockholm Syndrome (a pesares da falta de fe do Señor da Z, non podía ser que non a tocaran por unha vez que iamos, xD)...

... Resistance, Time Is Running Out, Starlight, a imprescindible Plug In Baby (coa que sen enganarme, creo que todo dios saltou...xD) antes do parón que sempre se fai para que a xente lle pida outra a berros...

O fin de festa puxoa Hysteria e a elexida para a meirande parte dos seus finais, Knights Of Cydonia.


O concerto foi unha pasada, o mellor concerto no que puiden estar presente, a pesares do cansancio acumulado, da miña perna a medio furrular, o público (e nós con él) (bueno eu menos, xD) saltou, cantou e sobre todo, e máis importante, disfrutou.

¡Os señores, o ex-signore e uns compañeiros disfrutamos coma enanos! ¡Abofé, que si! xD

Xa non podiamos máis, polo que nos diriximos cara as gradas para descansar un pouco mentres sufriamos as tonterías de Dj Caradeniño, e as súas aberrantes versións de cancións rock (sintoo, non me gustan nada os dj's)
Con certo retraso, cun algún que outro abucheo pola espera, puidemos ver aos míticos Pet Shop Boys (como a música non era santo da miña/nosa devoción disposemonos a difrutar do espéctaculo visual que ofrece este dúo). Aínda que non os vimos enteiros, podo decir que nos sorprendeu como con "pouco se pode facer bastante" (unha "austera" posta en escea composta por simples caixas, pero igualmente orixinal e brillante) e a retahíla de efectos e "cousas raras" que facían e sacaban en cada canción...

Dj Vitalic non tivo o honor, nin o gusto, de contar coa nosa digna presenza, asi que nada podo comentar ao respecto.

¡¡Esperamos repetir nunha pronta ocasión!!

A proba irrefutable do noso disfrute... xD



O pletórico

sábado, 21 de agosto de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Origen (Inception)

O período estival caracterízase pola gran cantidade de películas que saen á gran pantalla (xeralmente malas... xD) e pola contra, pola escasa asistencia das nosas mercedes ás salas de cine. Para ir pouco en contra da norma, onte fumos, e para máis, vimos unha película (que na miña opinión) está moi ben!!
Aqui comeza Origen...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Origen (Inception) sae da cabeza e das mans do director Christopher Nolan (El Caballero Oscuro, El Truco Final, Batman Begins e a rara Memento, entre outras) e conta cun reparto máis ou menos coñecido e re-coñecido: Leonardo DiCaprio (Shutter Island, Infiltrados, Diamantes de Sangre...), Ken Watanabe (El Último Samurai, Cartas Desde Iwo Jima, Memorias De Una Geisha...), Jospeh Gordon-Levitt (G.I. Joe), Marion Cotillard (Enemigos Públicos), Ellen Page (Juno, An American Crime...), Cillian Murphy (Sunshine, Batman Begins, Vuelo Nocturno...), Michael Caine (Batman Begins, El Caballero Oscuro), entre outros.
A sinapse é a seguinte: Dom Cobb (DiCaprio) é o mellor do mundo no arte da extracción: apropiarse dos segredos do subconsciente xusto no momento no que a mente da vítima é máis vulnerable: durante o soño. Esta extraña habilidade fai de Dom unha persoa moi codiciada no mundo do espionaxe corporativo, pero que tamén o condeou a ser un fuxitivo internacional, costándolle todo o que unha vez quiso. Agora ten a oportunidade de redimirse e volver a ter a vida normal que desexa, pero para elo él e o seu equipo deben realizar o contrario ao que viñan facendo habitualmente: a incepción, que consiste en implantar unha idea no subconsciente no canto de sustraela. Sin embargo, o plan parece perigar cando entra en escea un poderoso inimigo que parece predecir todolos seus movementos, un inimigo que só Cobb pode ver vir...
A curiosidade do filme: Michael Caine, que é o que fai de pai de DiCaprio, é o mesmo que fai de maiordomo da familia de Bruce Wayne, Batman, nos dous filmes de Nolan sobre este personaxe (Batman Begins e El Caballero Oscuro).
Conclusión: a verdade é que este director xa me sorprendera con El Caballero Oscuro (si, é unha película dun heroe de cómic, pero está realmente ben feita cun guión tamén moi bo...) e a verdade que o volveu a facer con esta largometraxe (tras unha ollada á súa filmografía doume conta que vin case todalas súas películas e que as que vin me encantaron..), polo que eu persoalmente, vou a seguir moi de cerca a este director. Origen é, a pesares de facer cine comercial, un gran traballo: orixinal e "hipnótica", a pesares das 2 horas e media que dura o filme en ningún momento (polo menos pola miña parte) chegas a ter unha sensación de verdadeiro sopor ou abatemento (ben é certo que o ritmo é pausado, e que ás veces dá a sensación de certos "baixóns" no mesmo); cunha trama complexa, pero que non hai que ser moi listo para conseguir seguila (principalmente, cando na mesma película os actores se encargan de ir explicando como funciona o mundo dos soños e cal é a tarefa de cada un ao realizar a "incepción", que dá título ao filme e que para nos é Origen), a pesares da forma de enrevesar o final, coas distintas esceas de cada soño dentro doutro soño, coas súas variacións temporais particulares (isto entenderase ao ver a película, xa que parece ser que o transcurro do tempo non é o mesmo na realidade que nos soños)
Por outra banda, Leonardo DiCaprio parece ter últimamente a molesta teima de "darme nos dentes": un actor que a min nunca me gustou, está a facer que me trague as miñas propias verbas con traballos coma este ou o que fai na gran Shutter Island (con grandes semellanzas coa que nos atañe neste artigo, debido sobre todo á temática e a certos planos audivisuais... dos que vimos ambas pelis, ¿quen non, a longo do filme, pensou que por veces estaba volvendo a ver a película de Scorsese?), e mencionar tamén o papel da descoñecida Marion Cotillard, excelente. Seguindo cos actores, atención á carreira da xoven Ellen Page, que xa fixo películas con grandes interpretacións coa miña mesma idade (vede An American Crime e Hard Candy, e comentademe... nesta segunda sen ser unha película de terror a rapariga da verdadeiro medo toparse con ela a soas)
Valoración final: non é a película perfecta, pero é unha gran película. Moi recomendable, a proba de que se pode facer cine comercial para o verán de maneira intelixente.


O mellor: o guión, para min ten mérito inventar todo isto, ir complicando unha trama xa de por sí complexa e sair airoso con todo ben clariño e ben explicado, incluso deixandonos coa dúbida ao final...
O peor: posiblemente, a duración...


O considerable

martes, 10 de agosto de 2010

Os mellores riffs de guitarra da historia...

Aínda que poida parecer o contrario, este blog aínda non está cerrado... vale que haxa un parón bastante largo (nin voluntario nin forzado) en canto a comentarios e artigos (extensible ao resto dos blogs amigos, creo...), pero non é o caso. Eu pola miña parte vou rematar unha serie comezada xa hai algún tempo, e que gustosamente vos recordarei, saira elixido grazas aos vosos votos (ben contabilizados e sen manipular...xD)...
Sen máis dilación a terceira e última parte... os mellores riffs de guitarra da historia...

> "Purple Haze" (Jimi Hendrix): un pedazo de riff. Semellante enerxía é díficil de atopar en calqueira outro lado...
> "Fire" (Jimi Hendrix): de solo escoitar este riff parece que se lle vai a incendiar a guitarra, xD...
> "Sunshine Of Your Love" (Cream): Clapton sen dúbida debe estar na lista, xD...
> "Smoke On the Water" (Deep Purple): o que comezara como un intento gracioso de representar unha escea de Frank Zappa (outro gran guitarrista) terminou cun dos riffs máis potentes e famosos da historia. Case é o riff por antonomasia...
> "(I Can't Get No) Satisfaction" (The Rolling Stones): Keith Richards soñara este riff orixinalmente como un blues lento, pero a verdade é que asi tamén lle quedou moi ben, xD...
> "Black Dog" (Led Zeppelin): marca da casa de Jimmy Page, un riff complexo e potente...
> "In-A-Gadda-Da-Vida" (Iron Butterfly): outra das secuencias máis recoñecibles do mundo, considerada como unha das orixes do heavy metal...
> "Layla" (Derek & The Dominos): Eric Clapron con outra obra mestra, Aveces menciona que o pirateou dunha vella canción e outras que o soñou, pero o que é certo é que lle sirveu para roubarlle a muller a un compañeiro, xD...
> "Sweet Child Of Mine" (Guns N’ Roses): Slash tamén tiña que aparecer por aquí...
> "You Really Got Me" (The Kinks): unha obra mestra de comezos dos 60’s. Ray Davies demostrou ser un xenio olvidado na historia do rock. Este riff é sin dúbida dos máis memorables...
> "Are You Gonna Go My Way" (Lenny Kravitz): non coñezo moito deste músico, pero este riff mólalle de carallo, xD...
> "Born To Be Wild" (Steppenwolf): non sei porque ao escoitar este riff se che meten as ganas de subir a unha harley, xD...
> "Wish You Were Here" (Pink Floyd): Gilmour é capaz de facer este riff e metelo nunha balada...
> "Enter Sandman" (Metallica): está moi ben a maneira na que esta canción vai collendo forza...
> "Baba O’Riley" (The Who): non me refiro á intro feita con sintetizadores, senon de esos guitarrazos que veñen despois. Ao máis puro estilo de Pete Townshend, este é un riff simple pero cargado de forza.
> "Highway To Hell" (AC/DC): imposible non recoñecer este riff, cando a maioría das orquestas se empeñan en convertir este fraseo nalgo máis infravalorado... Angus Young e o seu enorme talento para crear grandes riffs...
> "Crazy Train" (Ozzy Osbourne): esta é unha opinión moi persoal, Randy Rhoads para min é unha debilidade...xD


[Non aparecen todolos exemplos, pero intentei que apareceran a meirande parte deles... se tedes curiosidade podedes atopalos no Youtube pola vosa conta...xD]

Miles de exemplos máis...

> "Whole Lotta Love" (Led Zeppelin)
> "Paint It Black" (The Rolling Stones)
> "Hell Bells" (AC/DC)
> "Voodoo Child" (Jimi Hendrix)
> "Crossroads" (Cream)
> "Johnny B. Goode" (Chuck Berry)
> "LA Grange" (ZZ Top)
> "Eye Of The Tiger" (Survivor)
> "Hysteria" (Muse)
> "Paranoid" (Black Sabbath)
> "All Right Now" (Free)
> "Symhony Of Destruction" (Megadeth)
> "Money For Nothing" (Dire Straits)
> "Ace Of Spades" (Motorhead)
> "Whisky In The Jar" (Thin Lizzy)
> "Iron Man" (Black Sabbath)
> "Back In Black" (AC/DC)
> "Smells Like Teen Spirit" (Nirvana)
> "One" (Metallica)
> "Seven Nation Army" (White Stripes)
[...]


O fundamental

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...