Sintome na obriga de terminar este periplo de personaxes históricos que comenzara meses atrás cunha pequena homenaxe ao gran Castelao, e termina con outra (e creo que a última) personaxe histórica a que me habría gustado coñecer ou haber mantido unha conversa con él, e sobre todo tendo en conta a "intensa documentación" que realizei (isto é unha coña) xa que últimamente vin 3 películas, polo menos, relacionadas coa figura do Che.
Ernesto Guevara, máis coñecido como Che Guevara (Rosario, Arxentina, 14 de Xuño de 1928 - La Higuera, Bolivia, 9 de Outubro de 1967) foi un guerrilleiro, político, escritor e médico arxentino-cubano. Guevara foi un dos ideólogos e comandantes que lideraron a Revolución Cubana (1953-1959).
A figura desperta grandes paisóns na opinión pública tanto a favor como en contra, convertido nun símbolo de relevancia mundial e, coa que me quedo eu, representante da loita contra as inxustizas sociais e da rebeldía e espírito incorruptible.
En 1952, co seu amigo Alberto Granado, bioquímico, Guevara realizou un soño: atravesou a América do Sur nunha vella moto coñecida polo nome de "La Poderosa". Saíron o 4 de xaneiro de 1952, dende San Francisco, Córdoba. A viaxe alongouse durante nove meses. Nesta viaxe, Guevara comezou a ver a América do Sur como unha única entidade económica e cultural que precisaba unirse. Viu a miseria e a impotencia das masas e concluíu que a única maneira de rematar coas desigualdades sociais era a revolución.
[Tanto Guevara como Granado realizaron diarios de viaxe, mundialmente coñecidos como "Diarios de motocicleta" debido ó filme de Walter Salles, que relata precisamente esta aventura]
O 26 de Novembro de 1956: liderados por Fidel Castro, un grupo de máis de 80 rebeldes parte hacia Cuba. Entre estos xóvenes rebeldes está o médico, soldado e marxista arxentino Ernesto "Che" Guevara. Alimentado só pola determinación, o grupo involúcrase nunha rápida e sangrenta batalla para liberar ao pobo cubano da corrupta ditadura de Fulgencio Batista. A victoria chega o 1ro de enero de 1959.
[Concretamente, esta etapa da vida do Che relátase na película "Che, el argentino"]
Unha vez instaurada a Revolución en Cuba o Che enfocase en intentar comezar unha revolución en Bolivia. Á altura da súa fama e poder, desaparece do ambiente público e introdúcese de incógnito en Bolivia, seguido de otros militares cubanos. Xa alí, comeza a reclutar a bolivianos para formar una guerrilla nas selvas do sureste do país. A misión está matizada por traizóns e pola falta de apoio, que levan ao movimento hacia o fracaso, e a él, á súa morte, capturado e executado de maneira clandestina e sumaria polo exército boliviano en colaboración coa CIA o 9 de Outubro de 1967.
[Coincidindo coa sinapse da película "Che, guerrilla"]