O Señor da Xe xa o adiantara, pero parece ser que estaba enganado...
Hora / Día
¡¡Benvidos!!
¡¡BENVIDOS!!
¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...
Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009
¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...
Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009
O artigo máis comentado...
O artigo máis comentado... pincha aquí
O artigo máis raro...
O artigo máis raro... pincha aquí
O artigo máis subido de tono...
O artigo máis subido de tono... pincha aquí
Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)
¡Unha declaración de principios!
Últimos Artigos Publicados
Especiais de ROCK
- **Discos imprescindibles (14)
- **ROCKopilación (1)
- *Anécdotas do Rock (4)
- *Baladas do Rock (7)
- *Covers (4)
- *Crónica de Concerto (5)
- *Domingos de Rock (13)
- *Os mellores... (3)
- *Os máis grandes... (9)
miércoles, 13 de abril de 2011
domingo, 6 de marzo de 2011
Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: 127 Horas

Con esta xa van dúas das películas que estiveron nominadas para os Oscars deste ano, e sen haber visto as demáis creo que a nominación tena máis que ben merecida.
'127 Horas' é unha película dun director que nos últimos anos se está dando bastante a coñecer, sobre todo cando a súa anterior película 'Slumdog Millionaire' levara a friolera de 8 premios Oscars hai uns anos (que me parecen moitas para esa película, pero bueno... eso xa é fariña doutro costal), Danny Boyle (ademáis da citada, director do bodrio 'Sunshine', da de zombies '28 días después', da mítica de DiCaprio 'La Playa' ou da mítica 'Trainspotting').
O argumento é o seguinte, totalmente basado nunha historia real (e cunha gran fidelidade, como eu ben puiden comprobar na beata Wikipedia): o intrépido montañeiro e escalador norteamericano, Aron Ralston; en maio do ano 2003, durante unha andanza polos nada transitados canóns de Utah, sufre unha caída coa terrible mala sorte de que o seu brazo queda atrapado por unha roca, dentro dunha profunda fenda. Tras varios días inmovilizado, acaba por tomar unha dramática decisión, PEDAZO DE SPOILER amputarse o brazo para así poder liberarse e salvala vida. FIN PEDAZO DE SPOILER.
Conclusións: sen rodeos, esta é unha gran película, que non deixo de recomendar a todos que a vexan, xa que a pesares de que a priori a sinapse sexa do máis simple (e nun afán simplista, mítica) a forma en que Boyle conta a trama é o que realmente fai que a película pase (e se disfrute) nun suspiro (tamén é certo que ten unha duración de arredor dos 90 minutos, tampouco a historia daba para moito máis). Para min, a meirande parte da culpa neste aspecto o ten a banda sonora (que seica corre a conta dun tal A.R. Rahman), moi acertada durante todo o treito que dura o filme, cancións animadas que moitas veces contrastan coa dureza das imaxes (ou coas veces que ao tipiño se lle vai un pouco a perola, por outra parte, totalmente acorde coa situación que lle toca vivir) ou cara o final un pouco máis concordes co que se ve na pantalla, así como coa intensidade das emocións dese instante. Outro gran acerto é como o director nos fai partícipes das vicisitudes que o montañeiro ten que pasar namentres se atopa atrapado, como se nós mesmos o acompañaramos na sua angustia (o sufrimento, o malestar máis lóxico, incluso con humor, claramente cun humor negro, que permite tomar algo de aire para a seguinte escea), ou a forma en que son plasmados os pensamentos e as sensacións de Aron (por exemplo, cando está a quedarse sen auga, pola pantalla corren anuncios das máis refrescantes bebidas convertendoos nunha especie de soño inalcanzable). Esto claramente non sería posible sen a soberbia actuación de James Franco (polo que de novo estou de acordo coa súa nominación nesa categoría na gala deste ano; o que non podo decir é se merecía o premio baixo o risco de non ser obxectivo), cando todo o peso do filme cae sobre él, pois agás un par de minutos, él é o único que aparece en pantalla.
Habería que rematar co gran secreto a voces que encerra esta película, así como o momento máis duro de todo o largometraxe, cando o alpinista decide que a única posibilidade que ten de fuxir (posto que nadie vai ir a rescatalo) é amputandose a si mesmo o brazo. A escea é moi cruda e moi realista, pero non se acerca nin de lonxe ao gore repulsivo da saga 'Saw' ou de 'Hostel' (si que hai sangue e se ve "todo" perfectamente), esta impacta e incómoda (sempre debido ao gran realismo da escea; eu nunca o pasei tan mal no cine nin co gore máis noxento e inmundo que non se o cre nadie). Tamén é certo que toda esa retahíla de aparatosos sucesos nas salas de cine que viñan acompañando á película (xente que se desmaiou, vómitos...) me parece un pouco exaxerado (e cun claro e burdo interés publicitario), non é recomendable para estómagos sensibles, pero tampouco é para tanto, dependerá máis que nada da sensibilidade de cada un.
Valoración final: xunto a 'Origen', o mellor que vin do anterior ano 2010.
¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

O mellor: o dinamismo da película e da forma en que avanza a trama (xunto con certas esceas onde a cámara se atopa en lugares do máis insólito)
O peor: a susodita escea (por poñer algo, xD)
O peor: a susodita escea (por poñer algo, xD)
jueves, 3 de marzo de 2011
Oscars: curiosidades (2)
Sigamos, por exemplo con... ¿que actor e que actriz son os/as máis premiados/as nos Oscars?- O actor Jack Nicholson xunto co tamén actor Walter Brenan con 3 Oscars (o primeiro ten 2 como Mellor actor e un como Mellor actor de reparto; e o segundo ten os 3 como Mellor actor de reparto) e a actriz Katherine Hepburn con 4.
¿E os máis nominados/as? vamos cunhas listas... xD
Os actores con máis nominacións:
* 12 candidaturas: Jack Nicholson (3 premios)
* 10 candidaturas: Spencer Tracy (2 premios), Laurence Olivier (1 Óscar e Premio Honorífico)
* 9 candidaturas: Paul Newman (1 Óscar, Premio Honorífico e Premio Jean Hersholt)
* 8 candidaturas: Marlon Brando (2 premios), Jack Lemmon (2 premios), Al Pacino (1 premio), Peter O'Toole (Óscar Honorífico)
* 7 candidaturas: Dustin Hoffman (2 premios), Richard Burton (0 premios)
As actrices máis nominadas:
* 16 candidaturas: Meryl Streep con 13 como mellor actriz e 3 como actriz de reparto (2 premios, sendo un como mellor actriz de reparto)
* 12 candidaturas: Katharine Hepburn, todas como mellor actriz (4 premios)
* 11 candidaturas: Bette Davis (2 premios)
* 8 candidaturas: Geraldine Page (1 premio)
* 7 candidaturas: Ingrid Bergman (3 premios), Jane Fonda (2 premios), Greer Garson (1 premio)
Máis...
- George C. Scott (Patton, 1970) e Marlon Brando (El Padrino, 1972) rexeitaron os seus Oscars.
- Kathryn Bigelow en 2010 convirteuse na primeira muller gañadora do Oscar á mellor dirección por 'En tierra hostil' (xa estiveran nominadas a este premio: Lina Wertmüller en 1976 nominada por 'Siete bellezas', Jane Campion en 1993 por 'El piano' e Sofia Coppola en 2003 por 'Lost in Translation'), en cuxo caso a directora "arrebatoulle" o premio ao seu ex esposo, James Cameron, quen compiteu con 'Avatar'.
- Marlon Brando e Robert De Niro gañaron un Óscar por interpretar ao mesmo personaxe (Marlon Brando interpretaba a Vito Corleone ancián en 'El Padrino' e De Niro interpretou o mesmo personaxe na súa xuventude en 'El Padrino II').
- Cate Blanchett é a única actriz que gañou un Óscar por interpretar a unha actriz que tamén gañara un Óscar. Este feito ocurreu en 2004 e foi ao interpretar a Katharine Hepburn en 'El aviador'.
- Linda Hunt gañou o Óscar á Mellor Actriz de Reparto en 1983 por interpretar ao personaxe dun home en 'El año que vivimos peligrosamente'.
En canto á idade...
* A actriz máis xove ao gañar o Óscar á Mellor Actriz foi Marlee Matlin, que tiña 21 anos e 218 días cando en 1986 gañou o premio polo seu papel en 'Hijos de un dios menor'. Polo contrario, a actriz de maior idade foi Jessica Tandy, polo seu papel en 'Paseando a Miss Daisy', aos 80 anos e 252 días.
* O actor máis xove foi Adrien Brody, no 2003 polo seu papel en 'El pianista' á idade de 29 anos e 343 días. O actor de máis idade foi Henry Fonda en 1981 pola película 'En el estanque dorado', á idade de 76 anos e 317 días.
* Ata a data, a persona de maior idade que fora candidata ao Óscar foi Gloria Stuart, por 'Titanic' en 1997, con 87 anos e 221 días.
A última curiosidade:
- O primeiro can candidato ao Óscar foi P. H. Vazak: Robert Towne, guionista de 'Greystoke: la leyenda de Tarzán, el rey de los monos', tivo problemas coa producción da película, e decidiu firmar o guión co nome da súa mascota, e obtuvo a nominación en 1985.
miércoles, 2 de marzo de 2011
Oscars: curiosidades (1)
Como anexo ao artigo anterior, ahí van algunhas curiosidades sobre películas gañadoras e nominadas aos Oscars:- Oito películas de fala non inglesa foron nominadas na categoría de mellor película: a francesa 'La gran ilusión' en 1938, a francesa 'Z' en 1969, a sueca 'Los emigrantes' en 1972, a sueca 'Gritos y susurros' en 1973, a italiana 'Il Postino' en 1995, a italiana 'La vida es bella' en 1998, a taiwanesa 'Wo hu cang long' no ano 2000 e a estadounidense (rodada en xaponés) 'Cartas desde Iwo Jima' en 2006 (que non era elexible para o Oscar á Mellor Película en Lengua estranxeira por ser producción estadounidense).
- Ata a data, 11 películas financiadas exclusivamente fóra dos Estados Unidos ganaron a mellor película, as once foron financiadas, en parte ou na súa totalidade, polo Reino Unido. Esas películas son, en orden cronolóxico: 'Hamlet', 'El puente sobre el río Kwai', 'Lawrence de Arabia', 'Tom Jones', 'Un hombre para la eternidad', 'Oliver', 'Carros de Fuego', 'Gandhi', 'El último emperador', 'Slumdog Millionaire' e a recente 'El discurso del rey'.
- A película 'El Señor de los Anillos: el retorno del Rey' (2003) foi a primeira de xénero fantástico en gañar o Óscar á Mellor Película. 'El silencio de los corderos' (1991) é a única película de terror ata agora en gañar ese mesmo Óscar. 'Cowboy de Medianoche' (1969) é a única película clasificada "X" que gañou un Óscar. 'La bella y la bestia' (1991), 'Up' (2009) e 'Toy Story 3' (2010) son as únicas películas de animación que foron candidatas ao Óscar á mellor película.
- 'Wings' a primeira película en ganar, é tamén a única película del cine mudo en ganar este premio.
- 'Grand Hotel' é a única película que gañou o Óscar á mellor película sen haber sido nominada en ninguna outra categoría.
- 'El Padrino II' e 'El Señor de los Anillos: el retorno del Rey' son as dúas únicas secuelas das súas películas antecesoras que gañaron o Óscar á mellor película.
- 'Sucedió una noche' (1934), 'Alguien voló sobre el nido del cuco' (1975) e 'El silencio de los corderos' (1991) son as únicas películas en gañar os 5 premios principais (Mellor película, mellor director, mellor actor e actriz principal e mellor guión).
- Estas películas gañaron en todolos premios aos que eran candidatas (con máis de 4 nominacións):
* 9 premios: 'Gigi' (1958)
* 9 premios: 'El último emperador' (1987)
* 5 premios: 'Sucedió una noche' (1934)
* 4 premios: 'Matrix' (1999)
Hai máis, pero estas chegan ben... xD
As películas con máis Oscars...
Aínda esta recente a 83º edición dos Premios Oscars, onde todos sabemos de sobra (e senon consultar o blog un pouco máis abaixo) que pelis e que personas foron os gañadores, quenes se foron como viñeron e demáis parafernalias que cada ano adornan este acontecemento. Pero o que a min me concerne (posto que así o dixen) é realizar un especial sobre estes premios (só esta semana, eso sí...) e mostrar certas curiosidades que xiran en torno a estes prestixiosos (e efímeros) premios (que a maioría xa coñecedes, pero bueno...).Non se me ocurreu outra forma de arrancar que non fose mostrándovos as películas que máis estatuillas levaron en toda a historia destos premios...

* 11 premios: Ben-Hur (1959)
* 11 premios: El Señor de los Anillos: el retorno del Rey (2003)
* 11 premios: Titanic (1997)
* 10 premios: Lo que el viento se llevó (1939)
* 10 premios: West Side Story (1961)
* 11 premios: El Señor de los Anillos: el retorno del Rey (2003)
* 11 premios: Titanic (1997)
* 10 premios: Lo que el viento se llevó (1939)
* 10 premios: West Side Story (1961)

* 9 premios: El paciente inglés (1996)
* 9 premios: Gigi (1958)
* 9 premios: El último emperador (1987)
* 8 premios: De aquí a la eternidad (1953)
* 8 premios: La ley del silencio (1954)

* 8 premios: My Fair Lady (1964)
* 8 premios: Gandhi (1982)
* 8 premios: Amadeus (1984)
* 8 premios: Cabaret (1972)
* 8 premios: Slumdog Millionaire (2008)

* 8 premios: Los mejores años de nuestra vida (1946)
* 7 premios: Shakespeare In Love (1998)
* 7 premios: Bailando con lobos (1990)
* 7 premios: La lista de Schindler (1993)
* 7 premios: Memorias de África (1985)
A listaxe continua ata recoller un total de 60 películas que polo menos acadaron os 5 premios Oscars nestas galas.
Para completar información consultar o seguinte enlace á wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Pel%C3%ADculas_con_m%C3%A1s_premios_%C3%93scar
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mensaxe secreta
¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.
O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.
Moitas grazas de novo...
O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.
Moitas grazas de novo...