Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 31 de octubre de 2010

¿Atreveraste a descifralos?

Se aínda non fustes capaz de descifralos primeiros... acumúlasevos o choio, xD...

Lineal A:
O lineal A é unha escritura da Civilización minoica de Creta. Empregouse do seculo XVII ao XV a. C.. A escritura só pudo ser descifrada nunha pequena parte. Algúns investigadores ven nela una predecesora da escritura lineal B (un sistema de escritura usado para escribir o grego da época micénica, que si foi descifrado). Coñécense aproximadamente 70 caracteres silábicos, 100 caracteres con significado propio (que se combinan en parte cos caracteres silábicos) e diversos signos de cifras .


Cifras nas Barras de Ouro Chinas:
En 1933, sete barras de ouro foron concedidas polo xeneral Wang en Shangai, China. Estas barras de ouro parecen representar os certificados relacionados cun depósito dun banco en Estados Unidos. Os lingotes de ouro teñen imaxes, escritura china , e criptogramas en letras latinas. Nadie aínda dou cunha teoría correcta en canto ao seu significado.


Cifras de Beale:
Na primavera de 1885 publicouse un panfleto anónimo de 23 páxinas titulado “os papeles de Beale”. Nel contabase a historia dun tesouro escondido nas colinas de Virxinia. As únicas pistas que se daban eran tres cartas de Thomas J. Beale e tres mensaxes cifrados. As cartas contaban que en 1817, 30 homes descubriran unha veta de ouro ao norte de Santa Fe. As cartas ademáis explicaban donde estaba escondido o tesouro (concretamente na primeira carta cifrada), na segunda, o contido; e na terceira, a relación de familiares que debían recibilo. En 1862, as cartas chegaron ao desconocido autor do folleto que, ademáis, revelaba a descodificación da segunda cifra de Beale: a clave estaba na Declaración de Independencia dos EEUU. Sen embargo, as outras duas cartas permanecen intactas. Que se sepa, nadie consiguiu atopar o tesouro.

O chamativo

sábado, 30 de octubre de 2010

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Wall Street 2: El Dinero Nunca Duerme


A verdade é que das poucas personas que fumos ver esta película creo que no mellor dos casos a comentarán dúas persoas, pero a min sempre me apetece facer este tipo de artigos e este non ía ser unha excepción.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Ao igual que a magnífica primeira parte, e 23 anos despois (unha das secuelas máis tardías de Hollywood) Wall Street 2, coa rebeladora coletilla de "El dinero nunca duerme" é obra do recoñecido Oliver Stone (Platoon, Wall Street, Nacido el 4 de Julio, Alejandro Magno, World Trade Center, etc) e conta no seu reparto (de novo) con Michael Douglas (Instinto Básico, Acoso, Un Crimen Perfecto, Traffic, La Sombra de la Sospecha, etc) como o mítico Gordon Gekko, "tiburón financiero" sen ningún tipo de escrúpulos, moral, nin ética profesional, no papel que lle fixo gañar o Óscar; un dos actores de moda nos últimos tempos, Shia LaBeouf (Transformers 1 e 2, Indiana Jones y el reino de la calavera de cristal, La conspiración del pánico) e Carey Mulligan (Brothers).
A sinapse reza así: tras unha longa condea en prisión, o implacable tiburón das finanzas, Gordon Gekko (Michael Douglas) atópase fóra dun mundo que en tempos dominou. Buscando refacer a arruinada relación coa súa filla, Gekko coñece por casualidade ao que vai a ser noro, Jakob (Shia LaBeouf), prometido da súa filla. Xuntos comezarán un intercambio, en principio, beneficioso para os dous: Gordon axudaralle a vengar a ruina do mentor de Jakob contra a insaciable ambición dun novo tiburón financiero, e éste intentarao reconciliar coa súa filla.
Conclusións: a película por si sóa é un thriller bastante bo, con tintes de drama familiar e cun guión denso, sobre todo pola temática de índole financiera, os numerosos términos das finanzas manexados (que ao mellor non todos entenden) e a "complexidade" das operacións levadas a cabo (para a riqueza dun só home e a pobreza e ruina de moitas traballadores) sempre ao límite da legalidade para amasar fortunas de xigantescas proporcións e un poder sen límites, e tremendamente actual (a peli está ambientada un pouquiniño antes do estalido da crise actual). A pesares do "sonambulismo" do diñeiro (xa que nunca dorme, xD) que resalta o título da película, difícilmente un pode manter a compostura ao longo da metraxe deste filme, sobre todo cando se ten á súa predecesora descrita como un peliculón e en tan altas cotas de calidade.
O Gekko rebosante de enerxía, forza e maldade da primeira; atópase nesta segunda parte descafeinado, nunha actitude tan contraria a este personaxe do cine, presentando un libro e dando consellos a Shia LaBeouf que urde unha trama bastante patética de venganza (comparada coa extraordinaria trampa que Bud Fox, interpretado por Charlie Sheen, colaborador de Gekko na precuela, consegue tender para que este "mafias" de Gordon Gekko acabe no cárcere) contra o "tiburón financiero" do filme que nos toca; un nemesis que non logra nin cheirar de cerca a suela dos zapatos do que fora Gordon Gekko na Wall Street do ano 1987.
Para aqueles que coma min viran a primeira parte quizáis o logren facer disfrutar os numerosos "guiños" que ésta ofrece á súa predecesora: a aparición de Charlie Sheen nunha cea benéfica á que asiste o propio Gekko, a imaxe do famoso móbil-pedrusco que Gekko manexaba nas súas operacións ou as enormes semellanzas entre o personaxe de Jakob e Fox nas dúas películas.
Valoración final: se non viches Wall Street e che gustan as películas de thriller político-financiero, quizáis logres disfrutar desta cinta.

O mellor: como marca do propio Oliver Stone, a crítica feroz ao sistema estadounidense de gran especulación e voraz avaricia, donde todalas grandes cantidades de diñeiro se teñen que facer da outra beira da liña de todo o legal e a un sistema bancario terriblemente responsable da situación económica actual.
O peor: haber visto a primeira antes...


O ecuánime

sábado, 23 de octubre de 2010

Un novo xénero...

Como xa se lle dera por facer ao finlandeses de Apocalyptica, o feito de remover as bases do Rock e darlle unha tremenda volta de tuerca como para inventar algo tan extrano (e tan brillante) como o que alguén deu en chamar o Cello Rock, ou Heavy Metal tocado con violonchelos...


... agora aparece unha banda de orixe alemán, de nome Van Canto, que se lle dá por inventar algo novo e orixinal (que tamén é de agradecer) nun mundo no que xa todo parecía inventado como é o maravilloso mundo do Rock... Heavy Metal "a capella".


Acompañados tan só por un batería a estes cinco vocalistas dáselles por interpretar (además das súas propias) versións das máis grandes e recoñecidas (e a veces das máis complicadas) cancións de Heavy Metal da historia...





O audaz

Como Indiana Jones...

...seguimos intentando desentrañar enigmas e códigos indescifrables... xD

Kryptos:
É unha escultura que se atopa no exterior das instalacións das oficinas da CIA en Langley, Virxinia, dende o ano 1990. Foi encargada pola CIA ao escultor James Sanborn.
Está feita de bronce e ten 4 metros de altura, en forma de "S" como unha folla saíndo dunha impresora. Contén varios centos de caracteres nos que se ocultan catro mensaxes cifrados. Estas mensaxes están escritos en inglés e conteñen erros gramaticais intencionados e son un acertixo.
Ademáis da escultura principal (a "S" de bronce), atópanse dispersas na zona varias pezas con máis partes do código, como fragmentos de pedra inscritos con código morse parcialmente enterrados.
Ata o 2005 só tres dos catro mensaxes foron descifrados.


Inscripcion de Shugborough:
Este fascinante enigma comezou a mediados do seculo XVIII. Entre as obras realizadas entonces destaca unha obra escultórica, chamada O Monumento dos Pastores, que consiste nunha réplica en relieve do famoso cadro "Los pastores de la Arcadia", de Nicholas Poussin, anque concebida como si se tratara dunha imaxe reflexada nun espello. Baixo as figuras dos pastores, que observan con atención a enigmática frase «Et in Arcadia Ego» (Y en la Arcadia Yo) pode apreciarse, en baixorrelieve, outro críptico mensaxe formado por dez letras (D.O.U.O.S.V.A.V.V.M), cuxo significado nadie descifrou ata o momento.
As conxeturas sobre a posible mensaxe encriptada na enrevesada sucesión de letras xurdiron xa nos primeiros anos trala súa construcción. Personaxes tan célebres como o científico Charles Darwin ou o novelista Charles Dickens pasaron centos de horas frente a bela obra, tratando de desentrañar (en vano) os misterios daquel endiablado código cifrado.


Cifrado de D'Agapeyeff:
É una secuencia numérica que aparece na primeira edición dos códigos de Ciphers, un libro elemental sobre criptografía publicado polo cartógrafo nado en Rusia, Alexander D'Agapeyeff en 1939. Ao final do libro, ofréceo como un desafío ao sistema de cifrado explicado no mesmo libro (este "desafío" non foi incluído en edicións posteriores). Dise que D'Agapeyeff máis tarde admitiu que olvidara como o cifrara. Afirmouse que o fracaso de todos os intentos de descifrado deste código se deben a que D'Agapeyeff o cifrou incorrectamente do texto orixinal. Sen embargo, argumentouse que o sistema de cifrado pode ser impugnado con éxito utilizando métodos computacionales, tales como algoritmos xenéticos.



O peculiar

O lado escuro do Señor da Xe

Non é que sexa meigo, nin que teña o don da clarividencia, pero o que está claro é que os seguintes videos non vos van a gustar...
... descubride o lado máis escuro do Señor da Xe...

Children Of Bodom


Eluveitie


Cradle Of Filth


Killswitch Engage


Dark Tranquillity


In Flames


Pero bueno, tamén teñen baladas...


Que se atreva e velos enteiros leva un premio, xD....


O temerario

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...