
A verdade é que non creo que se me dea moi ben (para nada) facer unha crónica dun concerto, non entendo de acústica, de postas en escea, nin ostias... polo que eu o único que fago é referir aquí o que a min me pareceu o último concerto ao que puiden asistir, e o primeiro que vexo dun grupo internacional.
O pasado 14 de Setembro, un mércores calquera, estaba previsto que actuaran na Sala Capitol de Santiago: In Flames, ocasión inmellorable e oportunidade que non se podía deixar escapar, polo que alá fumos, acompañado (eu só. o Señor da Z estaba impedido por outros menesteres) desta vez dun maior (para que non houbera problemas), cuxo nome permanecerá no anonimato e ao cal me referirei como Sr. Porco ou Sr. Pepe Chancludo indistintamente. (XD)
Por razóns que non relatarei posto que non veñen a conto, chegamos á sala algo avanzado o concerto, coa sala chea eso si, para poder escoitar e visualizar os últimos retazos da actuación de Noctiferia, os teloneros, unha banda eslovena que eu vou a etiquetar de Death Metal, pero que conxugaban este con outros moitos estilos, como testifica o seu penúltimo tema da noite (para nós o primeiro) Samsara, acompañándose duns tambores ao máis puto estilo Soulfly. A última canción do seu setlist foi Mara. A verdade é que só escoitamos dúas cancións, pero que me deixaron bo sabor de boca xa que pareceume un grupo a seguir (NOTA: para os fans do Death claro... XD)
Agora si, xa dadas as 9 e cuarto, apareceron en escea a banda de Gotemburgo (Suecia) ao completo, coas súas novas incorporacións, focos e haces de luces a tono, sábana (ou o que sexa) pintada coa criatura da caratula do seu último traballo, "Sounds Of A Playground Fading" (vou a pasar de facer unha crítica do mesmo ou da recente traxectoria da banda... XD), o cal viñan a presentarnos.
Para gran sorpresa miña, posto que supoñendo que son un grupo capaz de encher recintos ben máis grandes que a sala compostelana os jichiños estiveron moi cercanos e moi simpáticos; o idioma non foi unha barreira para entender os continuos chistes e historias que Anders Friden, o máis cachondo deles (mental, que non físicamente... XD), relataba case entre canción e canción: se dabamos máis caña que os portugueses (onde tocaran a noite anterior), que chegaran a Galiza e flipaban coa nosa gastronomía... etc etc etc
Como era de esperar, comezaron o concerto coa intro de arranque do disco que presentaban... Sounds Of A Playground Fading soaba así...
... seguido do single presentación do mesmo, Deliver Us...
... All For Me...
... Trigger...
... Alias, Swim, The Hive...
... The Quiet Place...
... Where The Dead Chips Dwell, Fear Is The Weakness...
... Come Clarity...
... Only For The Weak, himno do grupo, co que ven se pode ver que foi o cumio do extasis desa noite, e para que engañarnos, o momento que o Sr. Porco e eu estabamos esperando, como se pode ver no meu video...
... pero iso non foi todo, o cachondo (mental) do Anders se lle dá por preguntar antes de comenzar o tema se alguén do público ten unha cámara de vídeo para poder grabar aos seus compañeiros dandoo todo, polo que un chaval, ao cal nos referiremos como 'El Tio de Rojo', o rapaz coa maior sorte do mundo, ofrece a súa, pero recibe a cambio a oportunidade de subir ao escenarios e ser él mesmo quen grabe ao público; todo isto con outras sorpresas adicionais... XD
[Concerto de Metal: perspectiva do cantante da correspondente banda]
... os temas seguían a correr para disfrute de todos, Delight And Angers, Cloud Connected...
... The Mirror's Truth e Take This Life deron remate á actuación.
Non sei que máis comentar a verdade, foi espectacular, só tedes que ver a perspectiva que ten un cantante nun concerto destes, a cal é imperdible, para facervos unha mínima idea do ben que se pasa nestes eventos...








