Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 2 de septiembre de 2011

Discos imprescindibles XI*

*Adicado a Natalia

Queen - "Innuendo" (1991)
Considerado por moitos o mellor disco desta mítica banda.


---------------------------------------------------------------

Guns N' Roses - "Appetite For Destruction" (1987)
Unha obra maestra, de principio á fin..


---------------------------------------------------------------

Dio - "Holy Diver" (1983)
Unha peza inolvidable dun inesquezible ser.




O meritorio

jueves, 1 de septiembre de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Capitán América: El Primer Vengador

Si señores, dispóñome a ofrecervos unha crítica dunha nova película de superheroes, ¿que raro, non?.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Que nadie se engane, os superheroes están de moda, e segue a ser moi rentable facer películas desta temática, polo que o Sr. Hollywood non ten problema ningún en deixar en marcha toda a súa maquinaria. Agora é o turno do Capitán América, o primer vingador e o heroe máis patriótico que debeu de existir endexamáis.
Con maior ou menor acerto vimos vendo case a totalidade do supergrupo dos Vingadores (en críticas e artigos anteriores teño falado deste megaproxecto cinematográfico que se está a preparar), e seguindo a pauta que xa marcara 'Iron Man 2' na forma de facer películas de acción de temática comiqueira (de calidade) chéganos este traballo de Joe Johnston, que tras unha consulta na rede vexo que posue unha filmografía (para o meu gusto) do máis alternante: 'Océanos de Fuego' (me gustou), 'El Hombre Lobo (The Wolf Man)' (non me gustou), 'Parque Jurásico II' e 'Jumanji' (pezas inolvidables da miña infancia/adolescencia), etc.
O máis salientable do reparto pode ser: Chris Evans ('Push', 'Dueños de la Calle', 'Los 4 Fantásticos'), para o que non é nada novo facer de heroe mazas e guaperas, Hugo Weaving (a triloxía de 'Matrix', a triloxía de 'El Señor de los Anillos') como malo malísimo, Tommy Lee Jones ('No Es País Para Viejos', 'Men In Black', 'Space Cowboys'), entre outros...
A sinapse e a historia máis ou menos acertada deste personaxe reza así: Nado durante a Gran Depresión, Steve Rogers creceu como un rapaz enclenque nunha familia pobre. Horrorizado polas noticias que chegaban de Europa sobre os nazis, decideu enrolarse no exército; sen embargo, debido á súa precaria saúde, foi rechazado unha e outra vez. Abrandado polas súas súplicas, o xeneral Chester Phillips ofrécelle a oportunidade de tomar parte nun experimento especial, a "Operación Renacemento". Logo de administrarlle o “Suero Super-Soldado” e bombardealo con “vita-raios”, o corpo de Steve faise perfecto. Posteriormente, é sometido a un intensivo programa de entrenamento físico e táctico. Tres meses despois, recibe a súa primeira misión como Capitán América. Armado cun escudo indestructible e coa súa intelixencia para a batalla, o Capitán América emprende a guerra contra o mal, como centinela da liberdade e como líder dos Vingadores.
Conclusións: como xa dixen, case todolos integrantes deste grupo tiveron o seu propio filme-presentación (por decilo dalgunha maneira) destacando sobre o resto, e como xa dixen, 'Iron Man 2'. Primeiro comezou con meros guiños ou referencias circunstanciais aos mesmos, pasou na recente 'Thor' e mesmo nesta aparecen de novo, pero o feito de que esta en concreto estea ambientada durante a II Guerra Mundial fai que se deba realizar lazos de unión entre esta historia e a que queren estrenar creo que para o 2012. Ahí entra polo tanto o personaxe de Howard Stark (pai de Tony Stark/Iron Man), ou mesmo o cubo cósmico (é necesario haber visto 'Thor' para situarse algo) que codicia Cráneo Rojo (némesis do Capitán América). E é ahí mesmo onde se atopa, para min, o principal problema deste filme: a diferencia das adaptacións anteriores, a do Capitán América non se nos presenta como unha explicación única e exclusiva da orixe deste superheroe, senon que máis ben se utiliza como alfombra de benvida á futura 'Los Vengadores' (nas anteriores, aparte dos guiños xa mencionados, tralos créditos da mesma aparecía a principal referencia a este supergrupo, despois de haber mostrado a propia historia do superheroe en cuestión).
En canto ao todo o demáis: o humor non cae no chiste doádo (no que si patinaba máis a anterior 'Thor'); as esceas de acción están ben logradas e ademáis son (aínda que pareza o contrario, o seguinte é un dato importante) creíbles para o ollo humano; a historia, a pesares da súa sencillez, mostra unha gran solidez, algo que non se consigue se non hai certo traballo serio xa dende a construcción e redacción do guión; Chris Evans cumple, e Hugo Weaving (coma sempre) saese facendo de malo. Outro punto a favor deste filme: un certo aire "retro" (e non só pola época na que se ambienta) e de historieta (un toque pulp lin nalgunha crítica na internet).
Valoración final: para min, a última mellor película de superheroes do que vai de ano.


O mellor: o personaxe de Steve Rogers e Hugo Weaving como Cráneo Rojo.
O peor: algún escea feita por ordenador que cantaba algo.


O xusto

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Transformers 3: El Lado Oscuro De La Luna

Vou a comezar entón con esta malsana intención de traervos as críticas das últimas películas que poidemos ver nestos últimos venres, a risco de facerse tedioso, á vista e á lectura.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Hai cousa dun mes (quizás máis) acudimos aos cines para ver a terceira parte da rentable saga/franquicia dos Transformers, que, ao mesmo que as anteriores, é un filme dirixido por Michael Bay ('La Isla', 'La Roca', 'Armageddon'), director de míticas películas de acción normalmente ateigadas de efectos especiais (eso si, moi logrados... onde hai pasta nótase).
O reparto é (máis ou menos) o mesmo que o das anteriores, cun par de contadas incorporacións e unha soada e polémica baixa: Shia LaBeouf ('Wall Street: El Dinero Nunca Duerme', 'La Conspiración Del Pánico', 'Indiana Jones y El Reino de la Calavera de Cristal'), John Turturro ('Asalto al Tren Pelham 123', 'La Ventana Secreta'), Rosie Huntington-Whiteley (na súa primeira película, sustituíndo á despanpanante e estúpida Megan Fox como moza tonta do protagonista) e outros máis ou menos coñecidos.
A sinapse é a seguinte: os Autobots e os Decepticons vense envoltos nunha perigosa carreira espacial na Terra entre os EE.UU. e Rusia, donde un acontecemento ameaza con provocar unha guerra tan grande que nin os propios Transformers poida que sexan capaces de salvar ao noso planeta. E una vez máis, como case sempre, Sam Witwicky atopase involuntariamente no medio do conflicto.
Conclusións: en resumidas contas, todo o que se poida contar do guión ou da historia da película é totalmente menosprezable; todolos acontecementos anteriores á última hora do filme son un simple pretexto (ou relleno) para a apoteósica loita final (unha vez máis) entre os Autobots e os seus eternos némesis, os Decepticons (vou a supor un mínimo de infancia nos escasos lectores do artigo e que ao menos houbesen ollado aínda que só fose de refilón esta serie animada dos anos oitenta). Logo dunha aceptable primeira parte, pasando polo certo baixón que suposo a segunda (polo que vin, as críticas negativas foron abundantes pero non sei, a min entretívome, aínda que non teño ningún tipo de problema en recoñecer algunha gilipollez da mesma), esta terceira tampouco aporta nada novo, máis ben se queda ao nivel da segunda entrega (ou algo máis abaixo). E é que iso é o malo de Bay. Michael Bay é un director querido e odiado por igual, pero non sei que ten (teremos en conta a longa sombra de Spielberg que sempre se agocha detrás das súas produccións, asi como a inexistencia de reparos deste á hora de soltarlle cheques ao seu protexido Bay) que acaba facendo que as súas películas se vexan. Aos datos me remito, 'Transformers 2: La Venganza de los Caídos' foi para moitos un "truñazo" con maiúsculas, pero aquí vai o tío, e saca unha terceira parte, ¿e que ocorre?, récord de recaudación de novo (sigamos a ter en conta a presenza do tito Spielberg, así como a promoción e o sabroso trailer que deron en sacar). Obviando o humor tonto típico deste director (e máis nesta triloxía), o patriotismo ianqui, as puyas incubertas á anterior actriz Megan Fox (non sei se o sabedes, pero a esta a botaron porque non a aturaba nin dios, e houbo un cruce de declaracións e acusacións que paso de comentar) e a presenza da "actriz", perdón, modelo, Rosie Huntington-Whiteley; que si que a tipa dá gusto vela, pero a pesares de facelo un chisco mellor que a súa predecesora, e falando en plata, está ahí para o que está, para lucir palmito, poñer cara de rapariga sexy-inocentona e pasear curvas (a mellor proba desto é que xa a primeira escena da película logo do prólogo inicial é un primer plano do traseiro da espectacular rubia). Obviando todo isto digo, que a película (si, eu me confeso un borrego seguidor das películas deste tipo, principalmente dos que esperan que volva a facer unha boa peli de acción estilo 'La Roca') logra entreter e moito, que dito sea de paso é o que se pide a todo blockbustter que se precie, principalmente porque nese eido é onde Bay se move como peixe na auga; e as escenas de acción planificadas e grabadas por este tipo son unha pasada (eso si repito, hai pasta detrás...)
Detalle perturbador do filme: na mencionada batalla final, con todo unha cidade derruída, totalmente invadida por robots con sede de sangue, naves, cousas estoupando, fume, coches saltando polos aires, ¿como Carly (o personaxe da modelo/actriz) é capaz de esquivar balas, escombros e explosións cuns tacóns de vértigo?. Eso é un don, chavales. ¿Hembra decir que a súa perfecta e anxelical cara non recibe nin tan sequera un rasguño?
Valoración final: se compensas o que tarda en arrancar pola batalla mastodónica do final estamos ante unha película non demasiado execrable.

O mellor: a escea do edificio, o autobot Bumblebee (o camaro amarillo para os tuneros e entendidos) e os efectos especiais.
O peor: o intento de faltar á nosa intelixencia con tamaños errores e incongruencias de guión, sempre en pos da espectacularidade (cando son perfectamente compatibles).


O cabal

sábado, 27 de agosto de 2011

Discos imprescindibles X*

*Adicado a ArreDemo

Nirvana - "Nevermind" (1991)
O referente máis ilustre do sonido Grunge.


---------------------------------------------------------------

Skizoo - "Skizoo" (2005)
Un gran debut dunha pedazo banda por desgraza desaparecida.


---------------------------------------------------------------

Scorpions - "Blackout" (1982)
Recurrentes en calqueira enciclopedia de Rock.




O carismático

miércoles, 22 de junio de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: X-Men: Primera Generación

Non vos extrañedes se en próximos artigos/reseñas de película do Señor da Xe aparecen novas "críticas" de películas sobre superheroes, posto que xa nos estamos a meter no periodo estival, no cal como todos sabemos Hollywood comeza de sacar títulos e títulos por doquier (normalmente de fácil dixestión, aínda que a miúdo, máis do que a veces se pode soportar, se lle cole algún filme moi, moi complicado de tragar); ademáis dos numerosos proxectos que xa están máis que anunciados e promocionados.

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Buscábase dar un soplo de aire fresco á saga da patrulla Xe (non, a pesares do parecido do nome, o dono e autor deste blog non posúe don especial ningún nin ten nada que ver con estes heroes mutantes, bueno algo raro si que é... bueno, é igual... XD) logo da "suposta" diminución de calidade co paso das entregas da triloxía inicial (non sei, a min gustaronme... bueno a 2º menos...) e do tamén "suposto" fiasco do reboot de Lobezno (digo suposto, xa que para os gustos están as cores, aínda que despois os números tiren para un lado ou para o outro), e parece ser que Matthew Vaughn, director e responsable deste cambio, o conseguiu. Aínda que este británico teña poucos títulos cinematográficos no seu haber (a divertida Stardust; Kick-Ass: listo para machacar, que me dixeron que estaba ben; e o bo thriller Layer Cake, así como a que nos ocupa) parece que sabe o que fai e non está de máis seguilo de preto de aquí en adiante.
A sinapse do comezo da saga dos X-Men, conta unha historia secreta que alude aos coñecidos acontecementos mundiais da Guerra Fría. Antes de que os mutantes se mostraran ao mundo, e antes de que cambiaran os seus nomes polos de Profesor X e Magneto, Charles Xavier (James McAvoy) e Erik Lehnsherr (Michael Fassbender) eran dous xoves que descubrían os seus poderes. Non había animadversión algunha entre eles, senon que lles unía unha sincera amizade e decidiron traballar xuntos e crear un grupo de mutantes para evitar o Armagedón nuclear. Foi entón cando unha enorme brecha se abreu entre eles e supuso o comezo da eterna guerra entre a hermandade de Magneto e os X-Men do Profesor X.
Conclusións: aínda que pareza mentira existen películas nas que, a pesares de darse por suposto que o guión será sacrificado en pos da acción palomiteira que máis abunda nas pelis de superheroes, parten do mesmo como unha base sólida para levar a cabo unha película na que, si, os efectos especiais e visuais para disfrute do persoal están a orde do día, pero que non adoleza dunha continua falta de sentido en canto aos feitos nin de, por chamalos dalgunha maneira, "vacíos argumentais". 'El Caballero Oscuro' de Nolan marcou o camiño e esperemos que sigan a aparecer títulos que tomen exemplo e concurran en entretidas e recomendables películas como a que enche este artigo, ten en conta que ademáis persoalmente, e como xa sempre dixen, a un servidor lle gusta ver en "formato real" e na gran pantalla os debuxos e heroes que disfrutaba e admiraba de cativo.
Mención especial para a banda sonora, sobre todo os temas que soan para Magneto e os seus continuos debates internos.
Os primeiros carteis de promoción da película estaban tan mal feitos que todos se esperaban un desastre con esta entrega pero parece ser que non foi así, polo que o Sr. Hollywood non vai deixar de explotar algo que a primeira vista parece rentable e seguramente teñamos máis entregas.
Apuntes frikis: topados por casualidade, e nunca froito da miña experiencia televisiva nin comiqueira, co único fin de facer bulto e encher un pouco esta pobre e torpe crítica:
- Mística pasou a súa infancia en Alemaña e non coñeceu a Xavier.
- A primeira xeración a compoñían outros estudiantes diferentes (agás Bestia que sí que estaba).
- O casco de Magneto creouno Xavier para él mesmo.
- Xavier quedouse paralítico dunha forma absolutamente diferente.
- Moira era xenetista, non axente secreta da CIA.
E máis detalles que na película (en contra da verdadeira historia) se modificaron de maneira non demasiado deleznable.
Valoración final: eu disfruteina moito polo que a recomendo.


O mellor: é raro en pelis deste tipo, pero McAvoy e Fassbender me parece fixeron un gran traballo. O cameo de Hugh Jackman.
O peor: Mística e Bestia (a veces parece un peluche... XD)


O decoroso

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...