Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

domingo, 29 de mayo de 2011

Discos imprescindibles IX*

*Adicado ao Señor da Z

Muse - "Origin Of Symmetry" (2001)
¿O mellor disco desta banda ata o momento?


---------------------------------------------------------------

Hamlet - "El Inferno" (2000)
Na procura do sonido Hamlet.


---------------------------------------------------------------

Dream Theater - "Systematic Chaos" (2007)
Outra (máis) obra mestra desta gran banda.




O estimable

sábado, 21 de mayo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Piratas Del Caribe: En Mareas Misteriosas

Ou 'Piratas del Caribe 4' para os máis remilgados, ou para os que non sepan xa as secuelas que van alá desta rentable saga (para estes tamén lles digo que un par delas máis aínda as vai haber...XD)

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

Unha vez rematada a triloxía de Gore Verbinski (o director das tres primeiras partes), a franquicia dos piratas continúa adiante da man, esta vez, de Rob Marshall, director ao mesmo tempo da recente 'Nine', ou das anteriores (e coñecidas) 'Chicago' e 'Memorias de una Geisha', e digo continúa, xa que a continuación desta xa está máis que asegurada (de feito creo que xa está ata anunciada dende incluso antes que esta fora proxectada) e non rechacemos vindeiras corolario desta cuarta.
Eliminamos a Keira Knightley e a Orlando Bloom; mantendo ao imprescindible Johnny Depp ('The Tourist', 'Alicia en el Páis de las Maravillas'), no seu inherente papel do aloucado pirata e capitán Jack Sparrow, ou a Geoffrey Rush ('El Discurso del Rey', 'Munich'), no seu alter ego do capitán Héctor Barbosa; engadindo nesta a Penélope Cruz ('Nine', 'Los Abrazos Rotos'), como unha antiga conquista de Sparrow, e a Ian McShane ('Expediente 39', a serie de 'Los Pilares de la Tierra'), consumado como villano da película, o temible e temido Barbanegra. Seguindo estos pasos completamos o notable reparto.
A sinapse intenta máis ou menos seguir onde se quedou na anterior largometraxe da serie (digo máis ou menos xa que aínda que se seguen os acontecementos da precedente, dalgunha maneira preténdese enfocar o producto noutra dirección), co capitán Sparrow na procura da lexendaria Fonte da Xuventude, cruzándose no seu camiño a fatal Angélica e o renombrado Barbanegra.
Conclusións: primeiramente comentar que o meu inicial escepticismo hacia este título foi finalmente medianamente (sexamos benévolos, máis que medianamente) derrubado; esa rara aficción da meca do cine de explotar ata a saciedade os títulos máis rentables que cruzan o charco, asi como a presencia no filme da "nosa" Pe, eran as principais culpables. En canto ao primeiro, haberá que se ir acostumando (a pesares de que é ben certo que o tema xa está algo "estirao" de máis e xa comeza a frouxear a película é moi entretida e recomendable); en canto ao segundo, pois bueno, Penélope Cruz non desentona nada nesta aventura (sintoo, pero queda claro que non son fan da "nosa actriz máis internacional").
As principais bazas de 'Piratas del Caribe 4' veñen de parte de dúas das caras principais do reparto, Johnny Depp (este si é o papel que lle ven ben, con todos esos xestos que caracterizan a Sparrow tan seus) e de Geoffrey Rush (a volta de torca ao personaxe de Barbosa ao principio da peli é do mellor da mesma); fastidiando un pouco o pastel Ian McShane como Barbanegra; presentado como o pirata ao que temen todolos piratas, terriblemente despiadado e malvado; cousa que só demostra nun par de ocasións, no resto das veces non dá o pego como ese personaxe tan condenadamente pérfido. Tamén hai que mencionar que todo este universo de Piratas del Caribe se segue a facer peli a peli máis fantástico (este adxectivo pode facer mención, ou non, á calidade); tiñamos esqueletos, maldicións, o kraken, a Davy Jones (encargado de transportar ao inframundo as almas dos afogados), criaturas mariñas antropomorfas; engadamos agora, a Fonte da Xuventude (que otorga anos de vida a costa de roubarllos a outro), belas e malignas sereas, etc etc etc; cousa que pode gustar a moitos pero deixar de facelo a outros tantos.
Valoración final: repetindo o de máis arriba, película moi entretida e recomendable.


O mellor: a popular banda sonora e o personaxe de Barbosa e Sparrow (seña de identidade da saga).
O peor: certos síntomas de esgotamento.


O digno

martes, 17 de mayo de 2011

Día das Letras Galegas

¡¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOLOS GALEGOS ORGULLOSOS DE SELO!!

"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao



O omnisapiente

domingo, 8 de mayo de 2011

Sei o que vistes o último venres... (porque eu tamén fun) HOXE: Fast & Furious 5

Que terrible é ir contra da moda, foi o que poidemos comprobar este último venres, posto que nós, febles criaturas do Señor, querendo "utilizar" outras salas contrarias a aquela onde proxectaban a susodita película fumos "conducidos" por erro a vela de igual maneira.
-Conversación pasada ou imaxinaria-
- Sr. Xe: 6 entradas para a sala 1, por favor...
- Rapariga: ¿Para 'El Sicario de Dios'?
- Sr. Xe: Correcto.
....
....
- Sr. Xe: Mira perdoa, que nos diches para 'Fast & Furious'...
- Rapariga: ¿Y no me dijiste para esa?
- Sr. Xe: Non...
- Rapariga: ¿Seguro?
Cara de póker do Señor da Xe...
- Rapariga: Oh, perdona, es que todos van a ver esa...
Despois de rellenar un pouco o artigo de mala maneira e desta pasada conversación decidimos (aínda que nola cambiaban) ir a vela e evitarlle atrancos á rapaza nunha tan díficil tarefa...

¡¡Atención, este artigo pode conter detalles sobre a trama!!

'Fast & Furious 5' ou 'A Todo Gas 5' para os puristas da saga, é un traballo do director Justin Lin, cuxos filmes anteriores coñecidos son a 4º e a 3º parte deste mesma saga (que non das dúas primeiras) e segue as peripecias de Dominic Toretto (Vin Diesel; que ata o apelido lle vai ao pelo para a película) e Brian 0'Conner (Paul Walker) logo da cuarta entrega, só que esta vez logo de axudar a Toretto a fuxir do cárcere, fuxen a Río de Janeiro, para volver a fuxir como única posibilidade para conseguir a liberdade, esta vez enfrontándose a un empresario corrupto brasileño para tal efecto. O reparto, condenadamente coñecido, de novo, Vin Diesel ('Babylon', 'XXX') e Paul Walker ('Bajo Cero', 'Inmersión Letal'), Jordana Brewster ('La Matanza de Texas: el Origen'), e aunandoselles nesta parte, Dwayne "The Rock" Johnson ('Sed de Venganza', 'Los Otros Dos', 'Doom') e Elsa Pataky ('Ninette', 'Didi Hollywood', 'Romasanta').
Conclusións: a pesares de haber visto todalas entregas desta saga (de non velas supoño que acabarías crucificado ou algo así, posto que é o que soe pasar coa xente que non ve estas pelis tan promocionadas, XD) non me considero fan desta saga (que vendo o visto nesta entrega se ve que é rentable e imos ter Fast & Furious pa rato), iso de primeiras. A pesares de todo, intentaremos ser obxectivos.
¿De que vai a peli?, iso é o de menos, como toda película de acción, sacrificará o argumento en pos da espectacularidade e das esceas de risco, as cales non faltarán nesta entrega; e tirará de clichés a mansalva: o guaperas de turno, o mazas chulo de putas pero honesto de turno, as chatis buenorras de turno, o dúo cómico de turno (que non entendo sempre son persoas de cor ou latinos, ¿que pasa? que os ianquis non son simpáticos, ¿só poden ser superduros?) que fagan o que fagan e se enfronten o que se enfronten sairan airosos de todos e cada un dos perigos que se lles poña por diante; os ianquis paseandose ás súas anchas (quero dicir, a tiros) por onde lles place, etc etc etc, pero sexamos ecuánimes, ¿non é acaso esto o que se espera dunha película de acción?, pois neste punto 'Fast & Furious 5' ten de sobra para os máis adrenalíticos, e vaticino que as vindeiras entregas o serán máis, posto que no momento que a saga perda espectacularidade irá perdendo fuelle a marchas forzadas (por suposto, non vamos a entrar nas leis da física en canto a certas esceas, XD)
Para rematar tan tristes conclusións vou comentar algo que agradezo e me gustou desta película, e algo que non me gustou para nada. Para min, o maior punto a favor deste filme é o feito de que o mundo do tunning se deixou de lado (máis ou menos) para facer simplemente unha peli chá de acción (supoño que para a gran maioría ese é o principal punto a favor da mesma). Algo que non me gustou, vale que xa non esperaba unhas grandes actuacións na pantalla, pero dende esta entrega non podo máis coa actitude (que por certo lle ven que nin pintada) do personaxe de Toretto, esa pose de, tranquilos todos, botademe o que queirades que total vou poder co que sexa... XD.
Con todo, o éxito rotundo en taquilla o ten máis que asegurado.
Valoración final: unha "flipadura" que entreten (a estas alturas non me vou a desenmascarar como unha persoa á que lle gustan as pelis de acción) pero convertida nunha mera transición (ATENCIÓN SPOILER IMPORTANTE iso de volver a meter "con cuña" case o personaxe de Michelle Rodríguez, a moza de Toretto na largometraxe, cando na catro lle meten un tiro na cabeza non sei non sei FIN SPOILER IMPORTANTE) para seguir explotando a galiña dos ovos de ouro.


O mellor: que se houberan equivocado coas entradas (visto o visto, creo que 'El Sicario de Dios' ía a ser peor...XD)
O peor: que se houberan equivocado coas entradas (ao final fumos a ver esta... XD)


O intachable

A ROCKopilación definitiva...

Prego da vosa axuda para facer unha pedazo recopilación de grandes cancións de rock, heavy, metal... que falen dos propios rockeiros, heavys e metaleiros (ou da música rock en xeral) que entre con forza nos mesmos anais da historia.

Para arrancar eu poñerei uns exemplos e vós (a poder ser) cos vosos comentarios achegarédesme os vosos, que eu complacido irei engadindo á listaxe...

Veña que hai que dignificar estos xéneros terriblemente vilipendiados na nosa sociedade...

- Saratoga "Quinto Infierno" (proposta polo Señor da Xe)


- Judas Priest "Leather Rebel" (proposta polo Señor da Xe)


- Warcry "Pueblo Maldito" (proposta polo Señor da Xe)


- Helloween "Are You Metal?" (proposta polo Señor da Xe)


- Rainbow "Long Live Rock N' Roll" (proposta por Pepe Chancludo)


- Zenobia e Dünedain "Unidos Por El Metal" (proposta por Pepe Chancludo)


- Warcry "Hoy Gano Yo" (proposta por Natalia)


- Warcry "Trono De Metal" (proposta por Natalia)


- Dio "King Of Rock N' Roll" (proposta por Natalia)


- AC/DC "High Voltage" (proposta por Natalia)


- AC/DC "Rock N' Roll Ain't Noise Pollution" (proposta por Natalia)


- AC/DC "Let There Be Rock" (proposta por Natalia)


- AC/DC "Rock N' Roll Singer" (proposta por Natalia)


- Zenobia "Lo Llevo En La Sangre" (proposta polo Señor da Xe)


- Avalanch "Aquí Estaré" (proposta polo Señor da Xe)


- 3 Inches Of Blood "Deadly Sinners" (proposta polo Señor da Xe)


- Beethoven R "Siempre Unidos Al Rock N' Roll" (proposta por Jose)


- Rata Blanca "Si Eres Hijo Del Rock" (proposta por Jose)


- Warcry "Ardo Por Dentro" (proposta por Jose)


- Helloween "Heavy Metal (Is The Law)" (proposta polo Señor da Xe)


- Gamma Ray "Heavy Metal Universe" (proposta polo Señor da Xe)


- Edguy "Children Of Steel" (proposta polo Señor da Xe)


[Por completar...]


O incorruptible

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...